Venres 11 de decembro
Auditorio municipal de Carballiño
20:00 (español) e 22:30 (VOS)
Duración: 124’
Ano: 2012
País: España
País: España
SINOPSE
A historia de tres heroes cotiás: Ala Quebrada, A dama de Ferro e a Muller Radioactiva. Tres persoas que sofren as adversidades da vida e que loitan contra os máis terribles viláns: a morte, o desamor e a soidade.
Acompañámolos nas súas vidas cheas de sufrimento e rexeite. Pero eles nunca baixan a cabeza, nunca se dan por vencidos, continúan pelexando por atopar a felicidade, porque eles son heroes.
FICHA TÉCNICA
Dirección: David Valero
Guión: David Valero
Produción: Frida Films, Salto del Eje
Dirección de Fotografía: David Valero
Montaxe: Aurora Sulli
Música: Vincent Barriete
FICHA ARTÍSTICA
Juan Eulalio
María Moreno
Joana Martín
FICHA ARTÍSTICA
Juan Eulalio
María Moreno
Joana Martín
O
director, David Valero
Cineasta autodidacta. Aos 12 anos grava a súa primeira curtametraxe á que seguirán una vintena máis ás que el mesmo chamará Traballos de aprendizaxe. Dende entón realiza traballos en formatos moi diversos: videoclip, publicidade, ficción e documental.
En 2007 estrea a súa primeira curtametraxe rodada en 35mm Niños que nunca existieron, acadando un gran recoñecemento e a selección en máis dun centenar de festivais nacionais e internacionais, obtendo multitude de premios como: 1er premio Girona Film Festival; 1er premio no Festival de cine
solidario de Guadalaxara; 1er premio Tirana Film Festival (Albania); Mellor director no Festival de
cine de Soria; Mellor director Semana de cine de Medina del Campo, Mellor curtametraxe Festival de
cine de Benalmádena; ou Mellor curtametraxe Festival de cine de Guadalajara (México).

En 2008, comeza a aventura de Los Increíbles (Ala Rota, La Dama de Hierro y La Mujer Radiactiva)
estreada na 60o edición do Festival de cine de San Sebastián na sección Nuevos Directores.
Posteriormente embárcase noutros proxectos como a película de animación Linko (2014) ou El Arca de Noé.
estreada na 60o edición do Festival de cine de San Sebastián na sección Nuevos Directores.
Posteriormente embárcase noutros proxectos como a película de animación Linko (2014) ou El Arca de Noé.
Críticas
“Un documental acertadamente íntimo e marabillosamente humano que se balancea suavemente entre da traxedia sen esperanza á hilaridade total, analizando vidas ante a adversidade”, Variety.
“Atrápate e non te solta ata o derradeiro alento, polo real do seu tratamento e a honestidade e intensidade emocional que caracteriza as tres diferentes historias”, Filmin
E a próxima sesión: White God (Kornél Mundruczó, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario