Venres 4 de decembro
Auditorio municipal de Carballiño
20:00 (español) e 22:30 (VOS)
Duración: 124’
Ano: 2015
País: Francia
País: Francia
SINOPSE
Aos 18 anos, Maria Enders tivo
un enorme éxito no teatro interpretando
a Sigrid, unha rapaza ambiciosa e encantadora que provoca o suicidio
dunha muller madura, Helena. Vinte anos máis tarde, ofrécenlle interpretar
novamente a peza teatral, pero interpretando a Helena.
Para preparase viaxa coa súa
asistenta a Sils Maria, nos Alpes, onde coñecerá a rapaza que encarnará a
Sigrid nesta nova versión: unha estrela de Hollywood con inclinación ao
escándalo.
Maria
verase a si mesma dende o outro lado do espello, cara a cara cunha muller que
é, en esencia, un reflexo inquedante dela mesma.
Tráiler español
Tráiler VOS
FICHA TÉCNICA
Dirección: Olivier Assayas
Guión: Olivier Assayas
Produción: Charles Gillibert
Dirección de Fotografía: Yorick Le Saux
Deseño de Producción: François-Renaud Labarthe
Montaxe: Marion MonnierFICHA ARTÍSTICA
Juliette Binoche
Kristen Stewart
Chloë Grace Moretz
Johnny Flynn
Lars Eidinger
Hanns Zischler
Claire Tran
Angela Wrinkler
O
director, Olivier Assayas
(1955,
París, Francia)
Fillo do guionista Jacques Rémy, comezou na
industria do cine axudando a seu pai, especialmente cando xa comezaba a ter
problemas de saúde. Ademais de dirixir varias curtas, colaboraba na revista de
cine Cahiers du Cinéma.
A súa primeira longametraxe é Désordre (1986).
Posteriormente onsegue participar no festival de Cannes con El
agua fría (1994). Outros dos seus filmes destacados son Irma
Vep (1996), Finales de agosto, principios de septiembre (1998), Demonlover
(2002), Las horas del verano (2008) ou a película para TV Carlos
(2010).
Críticas
“Assayas confecciona da man
dunha imperial Juliette Binoche un delicado, preciso e maxistral estudio do
tempo.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Fantástica. Poucas historias con tantas capas e subtextos coma esta
película” (Javier Ocaña, El País)
“Complexa mestura de pasado, presente, ficción, realidade, cine, teatro,
dependencia e independencia.” (E Rodríguez Marchante, ABC)
E na próxima sesión: Los increíbles (David Valero, 2012)
No hay comentarios:
Publicar un comentario