Venres 20 de novembro
Auditorio municipal de Carballiño
20:00 e 22:30
Idioma: español
Duración: 108’
Ano: 2014
País: Cuba
País: Cuba
SINOPSE
Chala é un rapaz de once anos
que vive nun ambiente de violencia, cunha nai adicta ás drogas e ao alcol, e
cans de pelexa que adestra para soster o seu fogar.
Sen despoxarse da súa
marxinalidade e conflitividade, acode á escola onde ten unha especial relación
coa súa mestra Carmela.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Ernesto Daranas
Guión: Ernesto Daranas
Produción: ICAIC
Dirección de Fotografía: Alejandro Pérez
Montaxe: Pedro Suárez
Música: Juan Antonio Leyva e Magda Rosa Galván
Armando Valdés Freire
Alina Rodríguez
Silvia Águila
Yuliet Cruz
Idalmis Garcia
Amaly Junco
Armando Miguel Gómez
Miriel Cejas
Galardóns:
·
Festival de Málaga 2014: Premio do Público, Mellor
Película Latinoamericana, Mellor Director Latinoamericano e Mellor Actriz Latinoamericana
Licenciado en Pedagoxía e Xeografía, iniciouse con éxito dende temperá idade na radio e escribiu de todo: crónicas, teatro, contos, series dramáticas e
radionovelas, e posteriormente na televisión, onde foi guionista para contos e
teleplays En 2004 elaborou o guión e codirixiu xunto a Natasha Vázquez o documental Los
últimos gaiteiros de la Habana,
gañador do Premio Internacional de Periodismo Rey de España. Tamén en 2004 Daranas dirixiu o telefilme ¿La Vida en Rosa?, do que elaborou o guión.
Esta obra obtivo o Gran Premio do I Festival Nacional de Televisión de Cuba máis
outros seis, incluíndo a Mellor Dirección e o Guión Orixinal, converténdose
rapidamente nunha obra de culto dentro do audiovisual cubano.
A obra de Daranas sempre tratou
dunha forma ou outra os problemas da sociedade habanera, como a prostitución, a pobreza ou a ausencia dos pais, causas que xeran gran cantidade dos
problemas existentes na sociedade..Ditos elementos tamén estaban moi presentes na súa anterior película Los
dioses rotos (2008).
No hay comentarios:
Publicar un comentario