Venres, 13 de novembro,
20:00h (español) e 22:30h (Vose)
Auditorio Municipal
100'
2014
Francia
Idade mínima recomendada: 12 anos
SINOPSE
Anne Gueguen é unha profesora de historia de instituto que ademais se preocupa polos problemas dos seus alumnos. Este ano, coma sempre, ten un grupo difícil. Frustrada polo seu materialismo e falta de ambición, desafíaos a participar nun concurso nacional sobre o que significa ser adolescente nun campo de concentración nazi. Anne usa toda a súa enerxía e creatividade para captar a atención dos rapaces e motivalos. A medida que o prazo se aproxima, os alumnos comezan a abrirse aos demais e crer en si mesmos.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Marie-Castille Mention-Schaar
Guión: Marie-Castille Mention-Schaar e Ahmed Dramé
Produción: Marie-Castille Mention-Schaar e Pierre Kubel
Dirección de Fotografía: RMyriam Vinocour
Deseño de Producción: Anne-Charlotte Vimont
Montaxe: Benoît Quinon
FICHA ARTÍSTICA
Ariane Ascaride
Ahmed Dramé
Geneviève Mnich
Xavier Maly
Martin Cannavaro
Noémie Merlant
Stéphane Bak
Geneviève Mnich
Xavier Maly
Martin Cannavaro
Noémie Merlant
Stéphane Bak
TRAILER (español)
TRAILER(VOSE)
A directora, Marie-Castille Mention-Schaar (Francia)
Marie-Castille Mention Schaar comeza no cine como productora coas empresas Loma Nasha Films e Vendredi Films. Empeza a producir en 2003 con Monsieur N., de Antoine De Caunes, e posteriormente outras realizacións coma Tu vas rire mais je te quitte (2004) de Philippe Harel, Emmenez moi (2005) de Edmond Bensimon, ou Désaccord Parfait (2006) de Antoine De Caunes. En 2006 ademais de producir La Première étoile de Lucien Jean-Baptiste tamén escribe o guión. Xa en 2011, dirixe a súa primeira película, Ma première fois, unha comedia romántica entre dous adolescentes totalmente opostos que se enamoran un do outro.
En 2012 fai Bowling na que o cuarteto de actrices Mathilde Seigner, Catherine Frot, Firmine Richard e Laurence Arne intenta evitar o peche dunha maternidade. Les héritiers, é a súa terceira longametraxe como directora.
Críticas
“Esta película é a crónica, e ao mesmo tempo a culminación dun heroico relato de épica adolescente.”
(Jordi Costa, El País)
“A directora realiza a proeza de recrear a evolución duns adolescentes que descobren o exterminio xudeu. Sen demagoxia nin farragosos discursos.”
“A directora realiza a proeza de recrear a evolución duns adolescentes que descobren o exterminio xudeu. Sen demagoxia nin farragosos discursos.”
(Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)
“Por moi coñecida que nos resulte a tapa do libro, nas súas páxinas hai un discurso moi belixerante e necesario respecto ao novo fascismo que nos está rodeando.”
“Por moi coñecida que nos resulte a tapa do libro, nas súas páxinas hai un discurso moi belixerante e necesario respecto ao novo fascismo que nos está rodeando.”
(Fausto Fernández, Fotogramas)
E a próxima sesión: Conducta (Ernesto Daranas, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario