Nunca es tan oscuro
(ESPAÑA 2014)
APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS
84 MINUTOS
VENRES 30 DE XANEIRO
20:00 e 22:00
(Idioma: Español e Catalán)
PREZO ENTRADAS:
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO
SINOPSE
Dende fai 40 anos, Arcadi Oliveres predica o seucombativo discurso onde queira que llo pidan.Acompañámolo día a día nunha road movie que recorre asúa vida.
Indignación, análise da realidade e coherencia lindan oseu discurso e lle proporcionan unha veracidade incontestable.
Indignación, análise da realidade e coherencia lindan oseu discurso e lle proporcionan unha veracidade incontestable.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Erika Sánchez
Guión: Erika Sánchez e Roger Danés
Produción: Únicamente Severo Films
Dirección de Fotografía: Ricardo Íscar
Montaxe: Xabier Esteban
A directora, Erika Sánchez (Barcelona, España, 1983)
Nunca es tan oscuro é unha longametraxe documental da xoven directora Erika Sánchez quen, ao longo de dous anos xunto a un pequeno equipo cinematográfico, debulla un retrato do economista e activista Arcadi Oliveres (1945). Dous anos claves nunha biografía apaixonante: das loitas de estudantes contra a ditadura de Franco nos 60, pasando polos movementos antiglobalizazón, a creación do Foro Mundial social en Porto Alegre e o movementos dos indignados.
Un documental que xunta a loita colectiva da Spanish Revolution coa soidade do camiño no seu particular evanxelio contra o capital. Do ruído de masas dunha sociedade no abismo á loita individual dun home por superar os escollos da condición humana.
|