(ESTADOS UNIDOS, 2014)
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS
149 MINUTOS
VENRES 23 DE XANEIRO
20:00 e 22:00
(Idioma: español)
PREZO ENTRADAS:
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
No seu quinto aniversario de
voda, Nick Dunne informa de que a súa muller Amy desapareceu misteriosamente.
Pero pronto a presión policial e mediática fai que o retrato de felicidade
doméstica que ofrece Nick empece a tambalearse.
Ademais, a súa estraña conduta convérteo en sospeitoso, e todo o mundo comece a
preguntarse se matou a súa esposa.
FICHA TÉCNICA
Dirección: David Fincher
Guión: Gillian Flynn, segundo a súa propia novela
Produción: Ceán Chaffin, Joshua Donen, Arnon Milchan e
Reese Witherspoon
Dirección de Fotografía: Jeff Cronnenweth
Deseño de Producción: Donal Graham Burt
Montaxe: Kirk Baxter
Música: Trent Reznor e Atticus Ross
|
FICHA ARTÍSTICA
Ben
Affleck
Rosamund
Pike
Neil
Patrick Harris
Tyler
Perry
Kim
Dickens
Patrick
Fugit
Carrie
Coon
Sela
Ward
|
O
director, David Fincher (Denver,
Colorado, EEUU, 1962)
Criado en California, dende moi novo interésase polo
cine, e xa aos 18 anos comeza a traballar para a produtora Korty Films, de onde pasa á famosa Industrial Light and Magic, fundada por George Lucas, onde está
entre 1981 e 1983.
Fincher deixa ILM para adicarse á dirección de anuncios e
vídeos musicais, creando Propaganda en
1987 xunto con outros directores como Dominic Sena, Greg Goid e Nigel Dick.
Dirixe anuncios de TV para Nike,
Coca-Cola ou Converse, entre outras
famosas compañías; e dirixe os vídeos musicais de estrelas como Madonna, Sting, The Rolling Stones ou
Michael Jackson.
Debuta como director coa longametraxe Alien
3 (1993), pero non sería ata 1995 con Seven que acada a fama
internacional. El club de la lucha (1999), Zodiac (2007), El
curioso caso de Benjamin Button (2008) e La red social (2010) son
outros dos seus grandes éxitos, tanto de crítica coma de público.
“Apaixonante. Fincher imparte unha
nova lección sobre como unir estilos e estados de ánimo.” (Federico
Marín Bellón, ABC)
“Fincher confecciona un thriller absorbente e hipnótico, coa textura
emocional dun melodrama.” (Luis Martínez, El Mundo)
“Thriller inquedante e perturbador, que non decae en ningún minuto da súa
longa duración.”
(Jordi
Batlle Caminal, La Vanguardia)