LA HERIDA
NO RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS
95 MINUTOS
VENRES 7 DE MARZO
20:00 horas - 23:00 horas
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORESENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Ana é unha muller de 28 anos que se sinte útil e satisfeita no seu traballo rutinario axudando a outros.
Porén, fóra da súa xornada laboral, Ana ten serios problemas para relacionarse, pois é socialmente torpe,
incluso agresiva, coas persoas máis próximas e queridas.
Sen sabelo, padece o que os especialistas chaman Trastorno Límite de Personalidade, ou síndrome borderline, que fai que non teña control sobre o seu comportamento nin sobre as súas emocións.
Ela non o sabe, só querería estar ben consigo mesma e cos demais, ser feliz. Pero a súa conduta autodestrutiva e autolesiva non fai senón illala máis.
Galardóns/Nominacións
Premios Goya 2014: Mellor actriz e Director Novel
Festival de San Sebastián: Premio Especial do Xurado e Mellor actriz
CRÍTICAS INTERNET
CRÍTICAS ESPECTADORES
http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/558135.html
CRÍTICAS REVISTAS
CRÍTICAS REVISTAS
REPARTO ARTÍSTICO
(Click no nome da actriz/actor para máis info)
(Click no nome da actriz/actor para máis info)
- Marian Álvarez, Rosana Pastor, Manolo Solo, Ramón Barea,
- Andrés Gertrudix, Luis Callejo, Ramón Agirre
FICHA TÉCNICA
Director:Fernando Franco
Guión: Fernando Franco, Enric Rufas
Fotografía: Santiago Racaj
Música: Ibon Aguirre, Ibon Rodríguez
O DIRECTOR
Fernando Franco
(Sevilla, España, 1976)En 2001 comeza a traballar como montador de longametraxes. Dende entón, editou preto de vinte títulos, entre eles: No tengas miedo, de Montxo Armendáriz; Alacrán enamorado de Santiago Zannou; Bon Appétit, de David Pinillos ou Blancanieves, de Pablo Berger, pola que obtivo a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos ao Mellor Montaxe, así como a nominación ao Goya e aos premios Gaudí.
En paralelo, dende 2007, foi desenvolvendo os seus propios proxectos como director, xa fosen curtametraxes, videoclips ou pezas para museo. A súas curtametraxes tiveron unha notable carreira por festivais de todo el mundo, colleitando máis de medio centenar de premios Ven compaxinando estes traballos coa labor docente como Xefe da especialidade de Montaxe na ECAM e colaboracións con outros centros como a EICTV de San Antonio de los Baños (Cuba) ou a Cátedra de Cine de Valladolid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario