PROGRAMACIÓN MARZO 2014
Coma pretendemos convertir en costume, esta é a entrada coa información
de tódalas pelis do mes e dos bonos que tedes á vosa disposición. Se es
novo por estes lares comentarche que prácticamente
tódolos venres de cada mes, a excepción dalgún no que o Auditorio pode
estar ocupado con outra actividade desde
finais de setembro a finais de xuño proxectamos unha película. Para
poder ver ditos filmes hai varias maneiras que procedemos a describir.
Ti podes escoller a que máis che conveña:
- Pagamento de unha sóa cuota anual por 60€ coa cal tes dereito a tódalas* películas que botemos durante a tempada. Isto compénsalle tan só os traballadores. Este tipo de bono é intransferible.
- Pagamento de unha cuota mensual de 5€ se es estudante (E), parado (P) ou xubilado (X) ou 10€ se es traballador (T). Así terás dereito ao visionado de tódalas* películas que proxectemos ese mes. Este tipo de bono é intransferible.
- Pagamento de unha única entrada por 2,5€ para E,P ou X ou por 5€ para T.
- NOVIDADE!!! Este ano incluímos a posibilidade de poder mercar bonos de películas, isto é que podes mercar un bono de catro películas xuntas (a usar nos filmes que desexes) e agasallámoste cunha quinta película totalmente de balde! O custo destes bonos son de 10€ para E,P ou X ou 20€ para T.* Este bono é completamente transferible e incluso o podedes mercar entre varios e así aforrar. Por exemplo, un grupo de 5 amigos pode mercar un bono e gastalo no mesmo filme ou unha persoa o pode mercar e regalarllo a outra.
* O bono non inclue peliculas que se proxecten dentro de algún posible ciclo de varios días.
As películas deste mes de Xaneiro son as seguintes.
La Herida (Venres 7)
Mestras da Repúbilica (Venres 14)
La Gran Belleza (Venres 21)
Tal Padre, Tal Hijo (Venres 28)
LA HERIDA (Venres 7)
Ana é unha muller de 28 anos que se sinte útil e satisfeita no seu traballo rutinario axudando a outros.
Porén, fóra da súa xornada laboral, Ana ten serios problemas para relacionarse, pois é socialmente torpe,
incluso agresiva, coas persoas máis próximas e queridas.
Sen
sabelo, padece o que os especialistas chaman Trastorno Límite de
Personalidade, ou síndrome borderline, que fai que non teña control
sobre o seu comportamento nin sobre as súas emocións.
Ela non o sabe, só querería estar ben consigo mesma e cos demais, ser feliz. Pero a súa conduta autodestrutiva e autolesiva non fai senón illala máis.
As Mestras da República foron unhas mulleres valentes e comprometidas que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, basada nos principios da escola pública e democrática.
Este documental, a través da recreacion dunha mestra da época, e imaxes de arquivo inéditas, descubrenos o maravilloso legado que nos deixaron as mestras republicanas e que pervivie na actualidade.
Articulado en base a testimonios de investigadores familiares, imos coñecer o moment histórico que viviron estas docentes e a súa participación na transformación social do noso país a través da educación.
En Roma, no transcurso do verán, nobres decadentes, arribistas, políticos, criminais de clase alta, periodistas, actores, prelados, artistas e intelectuais. texen unha trama de inconsistentes relacións que se desenrolan en fastuosos palacios e vilas. O centro de todas as reunións é Jep Gambardella (Tony Servillo), un escritor de 65 anos que escribiu un só libro e que practica o peridodismo. Dominado pola indecencia, asiste a este desfile de persoeiros poderosos pero insustanciais, ocos e deprimentes.
Ryoata, un arquitecto obsesionado polo éxito profesional, vive
felizmente coa súa esposa e o seu fillo de seis anos; pero o seu mundo vense abaixo cando os responsables do hosptial onde naceu o seu fillo lle comunican que, por mor dunha confusión, o seu fillo fora cambiado por outro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario