CICLO DE NADAL: TAN LONXE, TAN CERCA
Este Nadal queremos agasallarvos con 4 películas traídas de 4 continentes diferentes.
Esperamos que vos gusten todas elas e que pasedes un moi bo rato cando as vexades. O mundo está cheo de diferentes formas de ver a vida e estas películas son unha boa mostra diso. Canta máis diversidade cultural teñamos, mellor comprenderemos a quen nos rodea.
¡BO NADAL A TOD@S!
(O prezo das películas é coma calquera película dos venres, 5 ou 2,5€, agás a de "Central do Brasil" que é de balde grazas á cesión feita pola embaixada de Brasil en España)
(Ademais, estes filmes están incluidos nos bonos que temos á vosa disposición)
(Máis abaixo están as sinopses e os tráilers dos filmes.)
ANIMAL KINGDOM
(Xoves 26 ás 23:00. Venres 27 ás 20:00. Auditorio Municipal de Carballiño)
SINOPSE
Trala morte da súa nai, Joshua ten que trasladarse a vivir á casa da súa avoa, que vive en Melbourne con 3 fillos, todos implicados en negocios ilegais.
Inevitablemente, o rapaz verase envolto nos turbios asuntos dos seus tíos, sobre todo cando se produza un enfrontamento entre os familiares e as autoridades locais, iniciando unha espiral de violencia.
CONFESSIONS
(Xoves 26 ás 20:00. Venres 27 ás 23:00. Auditorio Municipal de Carballiño)
SINOPSE
Nun
instituto, no derradeiro día de clases, unha profesora despídese dos seus
alumnos, e ademais de deixar a escola, confésalles que a súa filla de catro
anos, que aparentemente morrera afogada accidentalmente na piscina da escola,
foi en realidade asasinada por dous estudantes desa mesma clase. Tamén lles fai
saber que xa puxo en marcha a súa vinganza contra eles.
CAIRO 678
(Sábado 28 ás 20:00. Domingo 29 ás 23:00. Casa da Cultura de Carballiño)
SINOPSE
Baseada en feitos reais. Tres mulleres
exipcias, que sufriron acoso sexual sen
poder facer nada ao respecto, chegan á
conclusión de que teñen que
defenderse polos seus propios medios.
Cando unha delas lle crava un coitelo
na ingua a un dos seus acosadores,
convértese nunha heroína que esperta
ao mesmo tempo admiración e receo
en todo o país.
ESTACIÓN CENTRAL DO BRASIL
(Sábado 28 ás 23:00. Domingo 29 ás 20:00. Casa da Cultura de Carballiño)
SINOPSE
Nos abafantes corredores da Estación
Central, en Río de Xaneiro, Dora, unha
antiga mestra gáñase a vida escribindo
cartas que lle ditan os analfabetos.
Endurecida pola adversidade, foi caendo
nunha estoica indiferenza. Porén, cando
unha das súas clientas morre atropelada
á saída da estación, decide facerse cargo
do seu fillo e levalo á casa do seu pai,
nunha remota zona do nordeste do Brasil.