érase una vez en anatolia
NRM - 16 anos
129 MINUTOS
VENRES 20 DE DECEMBRO DE 2013
20:00 E 23:00
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS:10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Na área rural ó redor do pobo turco de Keskin, o fiscal, o comisario de policía e o doutor levan a cabo a busca da vítima dun asasinato, confesado por un home chamado Kenan e o seu irmán discapacitado mental.
Porén, a busca resulta ser máis difícil do esperado, coa impresión de que algo novo e diferente vai xurdir tras cada outeiro, aínda que as estradas resulten sempre monótonas, interminables e irremediablemente iguais.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Nuri Bilge Ceylan
Guión: Ercan Kesal, Ebru Ceylan e Nuri Bilge Ceylan
Producción: Zeynep Öztabur Atakan
Dirección de Fotografía: Gökhan Tiryaki
Deseño de Producción: Dilek Yapkuóz Ayaztuna
Montaxe: Bora Göksingöl e Nuri Bilge Ceylan
Título orixinal:
Bir Zamanlar Anadolu’da
Duración: 150’
Ano: 2011
País: Turquía
Idioma: 20:00 Español
23:00 VOS
FICHA ARTÍSTICA
Muhammet Uzuner
Yilmaz
Erdogan
Taner
Birsel
Ahmet
Mümtaz Taylan
Firat
Tanis
Ercan
Kesal
Erol
Eraslan
Ugur
Arslanoglu
Galardóns:
Festival de Cannes 2011: Gran Premio del Jurado
O director, Nuri Bilge Ceylan (Istambul, Turquía,
1969)
Fotógrafo, guionista, actor e director turco. O seu amor
pola fotografía comezou ós 15 anos, e polo cine os 22. Mentres estudaba na
Universidade de Bogaziçi, en Istambul, participou en clubs de cine e
fotografía. Tras graduarse especializado en enxeñería eléctrica, pasou un tempo
en Londres e Nepal.
E tras rematar o servizo militar, comezou a adicarse ó
cine, debutando coa curtametraxe Koza (Cocoon), en 1995, presentada
en Cannes.
Kasaba (1999) representa a súa
primeira longametraxe, coa que xa acada diversos premios a nivel internacional.
Con Lejano
(2002) obtén o Gran Premio do Xurado en Cannes, iniciando un idilio con dito
festival, onde tamén obtivo o Premio FRIPESCI en 2006 por Los climas e o de Mellor
Director en 2008 por Tres monos.
CRÍTICAS
“É, sen dúbida, unha película maior (…) Non é, de feito, unha película
fácil. (…) Cine cheo de planos eternos polos que, sinxelamente, respira a
vida”. (Luís Martínez, El Mundo)
“En tódolos seus posibles rostros maniféstase o xenio dun cineasta que non
deixa de tomar riscos e desafiar aos seus espectadores” (Jordi Costa,
El País)
“O director non está tan interesado en desvelar o móbil do crime senón mais
ben en indagar nas almas duns personaxes perdidos na rutina das súas profesións
e nun día a día gris que, porén, intuímos que podería ter sido extraordinario”.
(Anna Petrus, Dirixido por…)
No hay comentarios:
Publicar un comentario