LA MEJOR OFERTA
NRM - 7 anos
124 MINUTOS
VENRES 25 de OUTUBRO de 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
LA MEJOR OFERTA
NRM - 7 anos
124 MINUTOS
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
SINOPSE
Virgil Oldman é un home
solitario; un excéntrico experto en arte e axente de poxas, moi apreciado e
coñecido en todo o mundo. A súa vida transcorre ao marxe de calquer sentimento
afectivo ata que coñece a unha fermosa e misteriosa muller, que lle encarga
taxar e vender as obras de arte herdadas dos seus pais.
A aparición desta rapaza, que
sofre dunha estraña enfermidade psicolóxica que a mantén illada do mundo,
transforma para sempre a vida de Virgil.
FICHA
Dirección: Giuseppe Tornatore
Guión: Giuseppe Tornatore
Producción: Isabella Cocuzza e Arturo Paglia
Dirección de Fotografía: Fabio Zamarion
Deseño de Producción: Maurizio Sabatini
Montaxe: Massimo Quaglia
Música: Ennio Morricone |
TÉCNICA
Título orixinal:
La migliore offerta
Duración: 124’
Ano: 2013
País: Italia
Idioma: Español |
FICHA ARTÍSTICA
Geoffrey Rush Sylvia Hoeks Donald Sutherland Philip Jackson
Dermot
Crowley
Liya
Kebede
Kiruna
Stameli
|
Galardóns:
· David Di Donatelli: 6 premios, incluídos Mellor
Película, Mellor Director e Mellor Música
O director, Giuseppe Tornatore
(Bagheria, Sicilia, Italia, 1956)
Afeccionado á fotografía e ao teatro dende moi novo (con tan só 16 anos
puxo en escena textos de Pirandello e Eduardo de Fillipo), acercouse ao cine en
primeiro lugar rodando documentais de gran valor artístico.
Debuta nas longametraxes de ficción con El profesor (1986), pero será a súa segunda
película, Cinema Paradiso (1987) a
que lle reporte recoñecemento mundial, acadando un Óscar e un Globo de Oro. Con
Están
todos bien (1990) e Pura
formalidad (1994) afianza a súa posición coma un dos directores
italianos con mais proxección mundial.
La leyenda del pianista del océano (1998), Malena (2000) e Baaria (2008) son outras das súas películas
mais recoñecidas.
CRITICAS
“Un Tornatore en permanente estado de graza, escribiuna e dirixiuna con
intelixencia, complexidade, misterio, sentimento e orixinalidade ” (Carlos Boyero,
El País)
“Tornatore crea unha intriga guiñolesca tan eficaz como artera” (Sergio F. Pinilla, Cinemanía)
“Película estruturada coma unha caixa de bonecas rusas tras as que se
esconden múltiples sorpresas, vaise metamorfoseando a medida que os enigmas se
van revelando, o que provoca constantemente desconcerto no espectador” (Anna Petrus, Dirixido
por…)
http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/978376.html http://www.blogdecine.com/criticas/la-mejor-oferta-ese-oculto-objeto-del-deseo http://www.cinedivergente.com/criticas/la-mejor-oferta
http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/978376.html http://www.blogdecine.com/criticas/la-mejor-oferta-ese-oculto-objeto-del-deseo http://www.cinedivergente.com/criticas/la-mejor-oferta
No hay comentarios:
Publicar un comentario