Entrada a 3€ |
SEVERIANO CASALDERREY CONDE
SeverianoCasalderrey Conde (O
Castelo-Lérez, 1980) é pianista e profesor de música. Aos sete anos xa recibe
as primeiras clases e, ao ano seguinte, ingresa no Conservatorio Profesional de
Música de Pontevedra onde acada o título de Profesor de Piano baixo a tutela do
mestre Javier del Río.Posteriormente, trasládase a Santiago onde compaxina os
estudos musicais cos universitarios. No ano 2002, remata a Licenciatura en
Historia da Arte na especialidade de Música e, un ano despois, titúlase como
Profesor Superior de Piano.
No ano 2003, aproba as
oposicións de Música ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario de Galiza. A
súa vida profesional lévao a afincarse na localidade de Lalín, onde combina o
seu labor docente entre o IES Ramón Mª AllerUlloa e o Conservatorio Profesional
de Lalín. Neste último centro colabora en diferentes facetas entre as que
sobresae actualmente a súa función como profesor de materias como Historia da
Música, Análise Musical e Piano complementario.
Entre a súa actividade
concertística, sobresae a súa participación como solista de piano no I Concerto
de Nadal 2006, interpretando o Concerto
para Piano nº 21 en Do Maior de WolfgangAmadeusMozart.
Como integrante de agrupacións musicais, salienta a súa presenza no dúo de
Piano a catro mans “Ars Sonora” entre os anos 1997 e 2000, ofrecendo un total
de cinco concertos entre Tui e Pontevedra. Tamén participou como integrante de
grandes formacións existentes en Lalín, entre elas a Orquestra do Conservatorio
de Lalín e a Banda Sinfónica de Lalín. En 2011, forma parte da Banda de Música
Municipal de Caldas de Reis, formación coa que participa no Certame
Internacional de Bandas de Música de Valencia.
Nos últimos anos, decanta
tamén o seu interese cara o marco do audiovisual, principalmente como
ferramenta pedagóxica. Profesionalmente, inicia así a súa labor como
programador de cinema en Cineclubes, Festivais e outros eventos. En 2010, crea
e dirixe o Festival de Cinema de Animación ‘ANIRMAU’, proposta que afronta a súa
3ª edición no curso deste ano e que se caracteriza pola súa interesante
programación internacional, ademais de retrospectivas, exposicións e
obradoiros. Ten participado igualmente como xurado internacional en festivais
de cinema como o Festival Internacional de Ourense, o FIC-Bueu, a XOCIVIGA (O
Carballiño), o CINANIMA (Espinho – Portugal), e o TIDCA de Taipei (Taiwan). En
febreiro de 2012, participa como poñente no Congreso“Ilustrando a diversidade”
organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, aportando as súas ideas
sobre a interrelación entre a ilustración e a imaxe en movemento. Neste mesmo
ano, tórnase como membro académico da Academia Galega do Audiovisual, entidade
que promove os Premios Mestre Mateo, onde se recoñece cada ano o mellor do
audiovisual galego.
PROGRAMA CONCERTO
·
AMELIE (2001) [Suite de concerto]……….……………………………………YannTiersen
o
La valse
d’Amélie
o
La dispute
o
La noyée
o
L’autre valse
d’Amélie
o
Comptined’unautreété,
l’après-midi
·
LA LISTA DE
SCHINDLER (1993)…………………………………………John
Williams
o
Main Theme
·
LAS HORAS (2002)……………………………………………..………….…….Philip Glass
o
The Hours
·
LEJOS DEL CIELO
(2002)…………………………………………………Elmer
Bernstein
o
Autumn in
Connecticut
·
FORREST GUMP
(1994)………………………………………….…………….Alan
Silvestri
o
Feather Theme
·
CASABLANCA
(1942)………………………………………………………Herman
Hupfeld
o
As Time Goes By
·
EL PACIENTE
INGLÉS (1996)……………………....………………………Gabriel
Yared
o
Main Theme
·
FELIZ NAVIDAD,
MR. LAWRENCE (1983)………...………………Ryuichi
Sakamoto
o
Merry Christmas
Mr. Lawrence
·
EL PIANO
(1993) [Suite de concerto]…….………………………………Michael
Nyman
o
Big MySecret
o
The Mood That
Passes Through You
o
The Attraction
of the Pedalling Ankle
o
TheHeartAsksPleasure
First
No hay comentarios:
Publicar un comentario