LAS FLORES DE LA GUERRA
(NRM 16 anos)
VENRES 19 de ABRIL de 2013
20:00 (español) e 23:00 (vos)
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
No ano 1937, durante a segunda
guerra chino-xaponesa, John, un maquillador de cadáveres chega a unha igrexa
católica de Nankín para preparar ao párroco antes do seu enterro. Pero as
terribles accións de exército invasor xaponés convérteno, ao seu pesar, no
protector das alumnas dun convento e das prostitutas dun burdel próximo.
Será
entón cando descubra o que significan o sacrificio e o honor.
FICHA
Dirección: Zhang Yimou
Guión: Heng Liu, segundo a novela de Geling Yang “Las 13
mujeres de Nankín”
Producción: Weiping Zhang
Dirección de Fotografía: Darius Khondji
Deseño de Producción: Yohei Taneda
Montaxe: Xiaoding Meng
Música: Qioang Chen
|
TÉCNICA
Título orixinal: Jin Ling Shi San Chai
Duración: 146’
Ano: 2012
País: China
Idioma: V.O.S.
|
FICHA ARTÍSTICA
Christian
Bale
Ni Ni
Xinyi
Zhang
Shigeo
Kobayashi
Atsurô
Watabe
Dawei
Tong
Tianyuang
Huang
Paul
Schneider
Bai
Xue
|
TRÁILER EN ESPAÑOL
TRAILER EN V.O.S.
O director, Zhan Yimou (Xi’an, China, 1951)
Fillo dun xeneral do exército chino, durante a Revolución Cultural
abandonou os estudos e integrouse nunha granxa de traballo, onde durante dez
anos traballou coma operario téxtil. Xa con 28 anos retoma os estudios e
gradúase en 1982 na Academia de Cine de Pekín.
Antes de director foi operario de cámara para Chen Kaige. E en 1987 debuta
na dirección con Sorgo rojo, coa que
gaña o Oso de Oro do Festival de Berlín. Dende ese momento acada unha
proxección internacional refrendada por longametraxes coma Semilla de crisantemo (1990), La
joya de Shanghai (1995) ou El camino
a casa (1999), amosando en todas elas a figura predominante de mulleres
fortes e decididas, e cunha coidada e estilizada fotografía, que levaría ata
límites poéticos nas súas últimas películas coma Heroe (2002) ou La casa de las dagas voladoras (2004).
No ano 2008 dirixe a cerimonia de apertura dos Xogos olímpicos de Beijing.
CRÍTICAS
“Un tratado sobre a dignidade (...) Hai tanta intensidade e momentos tan
pasionais e emotivos que a película pasa voando” (E Rodríguez Marchante, Diario ABC)
“Trátase, a pesares da abundancia de medios, dunha película intimista. O
autor escruta rostros, sentimentos e por suposto tamén toma partido (...)
Consegue captar ao espectador e
emocionar” (Lluís Bonet Mójica , La Vanguardia)
“Os mellores momentos da película sitúanse tra-los muros do convento, cando
tódolos personaxes se ven obrigados a convivir” (Beatriz Martínez, Dirigido por…)
No hay comentarios:
Publicar un comentario