HOLY MOTORS
(NRM 12 anos)
VENRES 26 de ABRIL de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
O señor Oscar é unha persoa que viaxa de vida en vida: pasa de ser un grande executivo a un asasino, despois un mendigo, unha criatura monstruosa, un pai de familia... O señor Oscar semella interpretar varios papeis, sumerxíndose completamente en cada un deles, pero ¿onde están as cámaras? Está so, acompañado únicamente por Céline, unha señora maior, rubia que conduce a limusina que o leva a París e os seus arredores, na procura da beleza dun xesto, do motor da acción....
FICHA
Dirección: Leos Carax
Guión: Leos Carax
Producción: Martine Matignac, Albert Prévost e Maurice
Tinchant
Dirección de Fotografía: Yves Cape e Caroline Champetier
Deseño de Producción: Emmanuelle Cuillery
Montaxe: Nelly Quettier
Música: Neil Hannon
|
TÉCNICA
Título orixinal: Holy Motors
Duración: 115’
Ano: 2012
País: Francia
Idioma: V.O.S.
|
FICHA ARTÍSTICA
Denis
Lavant
Edith Scob
Kylie
Minogue
Michel
Piccoli
Eva
Mrndes
Jean-François
Balmer
Big
John
François
Rimbau
Karl
Hoffmeister
|
Galardóns:
·
Festival
de Sitges 2012: Mellor
Película e Director
O director, Leos
Carax (Suresnes, Francia,
1960)
Crítico cinematográfico e director de varias curtametraxes, á idade de 24
anos, en 1984, realiza Chico conoce
chica, o seu debut nas longametraxes, coa que obtén un recoñecemento da
crítica no festival de Cannes. Con ese éxito aínda fresco, realiza Mala sangre (1986) onde profundiza nos
elementos da súa primeira obra, e que serán recorrentes nas posteriores: visualmente sorprendentes, centradas no amor
xuvenil e na alienación.
Los amantes del
Pont-Neuf (1991) marca outro punto culminante na súa traxectoria,
tras un enorme esforzo persoal de anos e diñeiro, que de todas formas non
obtivo a súa recompensa nin a nivel de público, nin de crítica.
Durante outros 8 anos non volveu a dirixir outra película ata Pola X (1999), que non obtivo o impacto
das súas anteriores películas. Agora, con Holy
Motors, Carax volve a amosar esa vision orixinal e novedosa que sempre o
caracterizou.
CRÍTICAS
“Un salto sobre a barreira da normalidade, unha obra estraña, inescrutable,
demente, hipnótica, a ratos moi idiota e case sempre fermosísima” (Nando Salvá Rodríguez Marchante, El Periódico)
“Críptico, violento, xenial, torpe, enfermizo, cutre e febril. Todo cabe
nunha película na que ata os coches falan” (Luis Martínez ,
El Mundo)
“Unha lección de cine libre e salvaxe (...) A beleza
percorre toda a película, a pesar de que o culto ao feísmo e ao bizarro semelle
colonizala” (Sergi
Sámchez, La Razón)
No hay comentarios:
Publicar un comentario