venres 25 ás 20:00 e 23:00
auditorio municipal de carballiño
Contaremos coa presenza do seu director: Xurxo Chirro
auditorio municipal de carballiño
Contaremos coa presenza do seu director: Xurxo Chirro
Mariñeiros galegos traballan
nun ferry entre a cidade danesa de Romo e a illa alemana de Sylt. Un
deles merca unha videocámara e comeza a gravar a súa vida cotiá e a dos
seus compañeiros durante unha morea de travesías ao longo dunha inverneira.
Documento sobre a emigración
galega no Norte de Europa.
FICHA
Dirección: Xurxo Chirro
Guión: Xurxo Chirro
Producción: Beli Martínez
Produtora: Filmika Galaika S.L.
|
TÉCNICA
Imaxe: Luís Lomba
Música: Seném Outeiro
Supervisión: J. A. Cascudo
|
Duración: 99’
Ano: 2011
País: España
Idioma: Galego
|
O director, Xurxo Chirro (A Guarda,
España, 1973)
Licenciado en Historia da Arte pola USC, traballou para a
Axencia Audiovisual Galega e a AGADIC, organismos da Xunta de Galicia. Crítico
de cinema, colaborou con varios xornais e revistas. Guionista e director dos
documentais «36/75″ e «13 Pozas» (2009) e «Cellular Movie» (2010).
“Nada se pode dar por perdido
para a Historia” (W. Benjamín). As imaxes orixinais posúen un alto potencial
testemuñal mais están altamente afectadas pola deriva tecnolóxica.
Recuperáronse para volver a vivir a experiencia esgotadora do traballo duns
mariñeiros que se atopan lonxe do seu fogar. Esta posta en valor de imaxes de
VHS en tempo da HD pode considerarse unha provocación. Si. O filme é unha loita
para evitar que o tempo siga minguando a memoria milagrosamente inserida na
fraxilidade dos soportes audiovisuais. “Vikingland” é unha nova oportunidade
para dar conta de algo que todos daban por perdido.
Xurxo Chirro