PROXECCIÓN VENRES 18 DE MAIO
"A INVENCION DE HUGO"
VENRES 18 DE MAIO DE 2012
17:00 E 20:00 E 23:00 A 2€ E 4€
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Hugo é un rapaz orfo que vive agochado nunha estación parisina nos anos 30. Aprendeu de seu pai e do seu tío a reparar reloxos e outros chismes.
Tras a morte de seu pai, o único que este lle deixa e un automatón (un boneco mecánico) que non funciona sen unha chave, que Hugo necesita encontrar para resolver o misterio que el cree que contén o robot.
Nas súas correrías, atópase cun dependente dunha tenda da estación, e a súa filla adoptiva. E ambos semellan ter algo que ver co automatón que lle deixara seu pai….
FICHA TÉCNICA
Dirección: Martin Scorsese Guión: John Logan, baseado no libro de Brian Selznick
Producción: Johnny Depp, Tim Headington, Graham King e Martin Scorsese
Producción Executiva: David Crockett, Barbara deFina, Christi Dembrowski, Georgia Kacandes, Emily Tillinger Koskoff e Charles Newirth
Dirección de Fotografía: Robert Richardson Música: Howard Shore Vestiario: Sandy Powell
Maquillaxe: Polly Fehily e Mandy Gold Deseño de Producción: Dante Ferreti
Montaxe: Thelma Schoonmaker Música: Howard Shore Vestiario: Sandy Powell
Maquillaxe: Polly Fehily e Mandy Gold
Duración: 127’
Ano: 2011
País: Estados Unidos
Idioma: Español
Ano: 2011
País: Estados Unidos
Idioma: Español
GALARDÓNS
- Premios Óscar: 5 galardóns, entre eles: Mellor Fotografía e Efectos Visuais
- Premios BAFTA: Mellor son e Deseño de Producción
- Globos de Ouro: Mellor Director
O director, Martin Scorsese (Nueva York, EEUU, 1942)
Graduado no que dende neno foi a súa paixón, o cine, pola universidade de Nueva York en 1964, en seguida o director e produtor Roger Corman fixouse nese talentoso rapaz de Queens. Dentro da produtora de Corman rodou as súas primeiras longametraxes: El tren de Bertha (1972) e Malas calles (1973). Nelas xa se intuían algúns dos temas que amosaría ao longo da súa carreira: solitarios loitando contra os seus demos interiores, violencia catártica, bandas sonoras coidadas, e Nueva York. Taxi Driver (1976) foi o culmen deses primeiros anos. Posteriormente virían Toro salvaje (1980), La última tentación de Cristo (1988), Uno de los nuestros (1990), El cabo del miedo (1991), ou Gangs of New York (2002) que, entre outras e xunto coa súa labor de produtor e de recuperación e conservación do cine clásico estadounidense, fixeron del unha das figuras mais relevantes do cine americano.
“A última película de Scorsese é a da historia da fermosa recuperación do cine” (Sergi Sánchez, La Razón)
“Scorsese ofrece un relato con sabor dickensiano e toques de slapstick, de ritmo visual frenético grazas ás novas tecnolixías dixitais” (Antonio José Navarro, Dirigido por…)
- Si che gustou, recomendámosche tamén: Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1988) ou Oliver Twist (Roman Polanski, 2005)
No hay comentarios:
Publicar un comentario