DHEEPAN
Data proxección: 15/04/2016Horario e idioma: 20:00 (español) e 22:30 (V.O.S.)
Duración: 114'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015
País: Francia
SINOPSE
Un home fuxe da guerra civil
en Sri Lanka e, para conseguir que Francia lle conceda o dereito de asilo, fai
pasar pola súa familia a unha muller e a unha rapaza que escapan tamén do país.
Xa en chan francés, atopa
traballo coma conserxe nun edificio situado nun barrio problemático. A pesar de
non falar francés, vanse adaptando progresivamente ao seu novo país.
Ficha Técnica
Dirección: Jacques Audiard Guión: Jacques Audiard, Thomas Bidegain e Noé Debré Produción: Pascal
Caucheteux Dirección de Fotografía: Éponine Momenceau Deseño de Produción: Michel Barthélémy Montaxe: Juliette Welfing Música: Nicolas Jaar
Ficha Artística
Jesuthasan Anthonythasan - Kalieaswari Srinivasan - Claudine Vinasithamby - Vincent Rottiers - Faouzi Brensaidi - Marc Zinga - Franck Falise
Galardóns
·
Festival de Cannes 2015: Palma de Oro á Mellor
Película.
O director, Jacques Audiard (1952, París, Francia)
Dende comezos dos anos 1980 empeza a escribir guións coma El profesional (1981), Sac de noeuds (1985) ou Saxo (1987). E no ano 1994 debuta tras
as cámaras con Mira a los hombres caer,
coa que gaña o premio Cesar da cinematografía francesa á mellor opera prima.
Continua con
longametraxes coma Un héroe muy discreto (1996) e Lee mis labios (2001), das que tamén é autor do guión. Pero os seus
grandes éxitos estaría por vir. En 2005 con De latir mi corazón se ha parado, coa que obtén 8 premios Cesar,
incluídos director, guión e película; e en 2009, Un profeta, gañando tamén director, guión e película, ademais do
Gran Premio do Xurado en Cannes.
En
2012 dirixe De óxido y hueso, pola
que tamén obtén varios premios en festivais internacionais, ademais de 4
premios Cesar máis, incluíndo Mellor Guión.
Críticas
“Relato desgarrador da inmigración. (…) Posúe lucidez, verosimilitude e comprensión.”
(Carlos Boyero, El País)
“Un exercicio enfebrecido onde as personaxes móvense ao límite da súa
propia anguria.”
(Luís Martínez, El Mundo)
“Audiard narra con gran sentido e
precisión a anguria, a perplexidade, a difícil adaptación e a cautela e
desconfianza desas personaxes nese mundo tan estraño.”
(E. Rodríguez Marchante, ABC)
E a próxima sesión: Rams (Grimur Hákonarson, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario