Mia Madre
Data proxección: 11/03/2016Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 102'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 - País: Italia
Idioma: español
Idioma: español
GALARDÓNS
· Festival Internacional de Cannes: Premio Ecuménico do Xurado
· Premio David de Donatello: Mellor Actriz (Margherita Buy) e Mellor Actriz Secundaria (Giulia Lazzzarini)
CRÍTICAS
“Excelente (…) A película é tamén unha sátira sobre o
mundo do cine e unha disección dos medos contemporáneos: os sociais, os morais
e os sentimentais.” (Javier Ocaña, El
País)
· Festival Internacional de Cannes: Premio Ecuménico do Xurado
· Premio David de Donatello: Mellor Actriz (Margherita Buy) e Mellor Actriz Secundaria (Giulia Lazzzarini)
SINOPSE
Margherita, unha directora de
cine politicamente comprometida, está a piques de separarse de Vittorio, un
actor co que ten unha filla adolescente. O seu irmán decide deixar o traballo
para dedicarse a coidar da súa nai, gravemente enferma no hospital.
A enfermidade da nai e o
proceso de asimilación da súa inevitable perda alterará completamente a vida
cotiá e emocional de ambos fillos.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Nanni Moretti
Guión: Nanni Moretti, Valia Santella, Gaia Manzini, Chiara Valerio e Francresco
Piccolo
Produción: Nanni Moretti e Domenico Procacci
Dirección de Fotografía: Arnaldo Catinari
Montaxe: Clelio Benevento
FICHA ARTÍSTICA
Margherita Buy - Nanni Moretti - John Turturro - Giulia Lazzarini - Beatrice Mancini - Stefano Abbati - Enrico Ianello - Anna Bellato
O DIRECTOR
Nanni Moretti
Nanni Moretti
Os seus comezos coma
realizador remóntanse a 1973, coa curtametraxe La derrota, onde xa se
amosan dúas das características básicas do seu cine: a política e o humor. En
1976 roda a súa primeira película: Soy un autárquico. Ese mesmo ano
iniciase tamén coma actor nas longametraxes, ás ordes dos irmáns Taviani, con Padre
padrone. Continuaría alternando esa dobre faceta durante anos, ata que
en 1993, con Caro diario salta á fama internacional ao gañar o premio ao Mellor Director no Festival de
Cannes.
Posteriormente dirixe outras
películas que o afianzan coma un dos mais recoñecidos directores italianos dos
últimos anos: Abril (1998), La habitación del hijo (2001) ou un
fragmento da longametraxe coral Chacun son cinéma (2007).
Paralelamente á súa carreira
coma director e actor sitúase a súa militancia política, que o leva a dirixir
filmes coma Il Caimano (2006), sátira sobre Silvio Berlusconi, presentada
en plena campaña electoral ese ano.
Tras
un parón de catro anos, non volve a poñerse tras as cámaras ata 2011, con Habemus
Papam. E pasaron outros catro anos ata Mia madre, a súa última
película ata o de agora.CRÍTICAS
“Un
gran Moretti (…) Unha fábula entre a gargallada e a desolación, tan cálida coma
irresistible.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Unha volta ao mellor Moretti, o divertido en tenro, triste e conmovedor, e
a saltos entre a realidade e a fantasía.” (Irene Crespo, Cinemanía)
PRÓXIMA SESIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario