El Club
Data proxección: 19/02/2016
Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 98'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 - País: Chile
SINOPSE
Catro homes conviven nunha retirada casa dun pobo
costeiro, baixo a mirada dunha coidadora. Son curas, e
están aí para purgar os seus pecados.
A rutina e tranquilidade do lugar rómpese cando chega
un atormentado quinto sacerdote e os hóspedes reviven
o pasado que crían ter deixado atrás.
costeiro, baixo a mirada dunha coidadora. Son curas, e
están aí para purgar os seus pecados.
A rutina e tranquilidade do lugar rómpese cando chega
un atormentado quinto sacerdote e os hóspedes reviven
o pasado que crían ter deixado atrás.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Pablo LarraínGuión: Guillermo Calderón, Pablo Larraín e Daniel Villalobos
Produción: Pablo Larraín e Juan de Dios LarraínDirección de Fotografía: Sergio ArmstrongDeseño de Produción: Estefanía Larrain
Montaxe: Sebastián Sepúlveda Música: Carlos Cabezas
FICHA ARTÍSTICA
Roberto Farias - Antonia Zegers - Alfredo Castro - Alejandro Goic -
Alejandro Sieveking - JaimeVadell - Marcelo Alonso - Gonzalo Valenzuela
O director, Pablo Larraín (1976, Santiago de Chile, Chile)
Director, guionista e produtor, estudou comunicación audiovisual na Universidade de Artes, Ciencias e Comunicación de Santiago, en Chile. Tras fundar a produtora Fábula en 2004, dirixe a súa primeira longametraxe en 2005, Fuga, obtendo varios premios en festivais internacionais coma Málaga ou o de Cine Latinoamericano de Trieste.
Despois de dirixir Tony Manero (2008) e Post Mortem (2010), encárgase do primeiro episodio da serie Prófugos (2011). Tras No (2012) dirixe por primeira vez unha opera, Katia Kabanova, de Leos Janacek, estreada no teatro municipal de Santiago o 2 de Maio de 2014.
Actualmente está rematando a produción da súa seguinte película, Neruda.
“É dura e áspera. Destila intelixencia, sarcasmo, claustrofobia e violencia interna…. O que ves, oes e imaxinas remóvete por dentro”
(Carlos Boyero, El País)
CRÍTICAS
(Carlos Boyero, El País)
“No só a mellor, máis cruel e divertida película de Pablo Larraín, senón que tamén posúe a virtude do shock.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Filme complexo, que se move con mestría nunha zona de penumbra moral. Coma o drama que explica (…) Un drama con toques de humor negro.” (Salvador Llopart, La Vanguardia)
No hay comentarios:
Publicar un comentario