(GALICIA, 2012)
92 MINUTOS
20:00 e 22:30
(Idioma: Galego)
20:00 e 22:30
(Idioma: Galego)
PREZO ENTRADAS: 3€
AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO
SINOPSE:
Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear.
FICHA TECNICA
Dirección: Margarita Ledo Antón
Guión: Margarita Ledo Antón
Produción: Nós, Produtora Cinematográfica Galega, Haddok
Films e CRTVG
Dirección de Fotografía: Pablo Cayuela Miguel
Montaxe: Ramiro Ledo Cordeiro
Música: Abe Rábade
|
FICHA ARTÍSTICA
Eva
Veiga
Xavier
Deive
Lino
Braxe
Tamar
Novás
Margarita
Fernández
Mónica
Camaño
Xoana
Pintos
Clotilde
Iglesias
|
A directora, Margarita Ledo Antón
(Castro de Rei, Lugo, España, 1951)
Poeta e escritora, da súa
novela Porta Blindada (Edicións
Xerais, Vigo,1990) sae a personaxe masculina central do filme A
cicatriz branca; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral
como Cine de fotógrafos (Gustavo Gili, Barcelona, 2005), Premio Espais d’Art
Comtemporani; cineasta experimental en Illa (2009) ou en Cienfuegos,
1913 (2009); axitadora política e feminista, fai dialogar todo o que na
historia ficou sen desenvolver nos seus documentarios Santa Liberdade (Galiza/Brasil/Venezuela,
2004) e en Liste, pronunciado Líster (Galiza,2005), para desenvolver
proxectos académicos en torno ás pequenas cinematografías, as políticas da
diversidade e os novos modos de consumo cultural. É catedrática de Comunicación
Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, preside e co-preside
diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias
da comunicación, e coñeceu o exilio durante a ditadura franquista.
“Hai moitas diferenzas entre a emigración da
muller e do home. Unha das principais é que a emigración feminina nunca ten
retorno, sobre todo se a muller non casa. A emigración para a muller é sempre
unha expulsión. En que sentido? Había moitísimos casos nos que a muller tiña
que marchar por mor dunha agresión sexual. Pola agresión en si mesma ou porque
o agresor non podía ser acusado publicamente por cuestións sociais. Por
exemplo, persoas vencelladas á Igrexa católica. Iso producía a expulsión da
muller, era mandada fóra para que nunca se soubese nada. Despois,
evidentemente, están os motivos económicos e de subsistencia que obrigan a
emigrar. Nese caso, o retorno só se podería producir se era triunfante. E
triunfante implicaba un marido. O triunfo que marcaba o regreso, en moitos
casos, era simplemente estar casada, volver cun marido. En calquera caso, a
emigración para a muller era unha viaxe ao abismo. E, en moitos casos, tamén se
producían feitos como a incorporación da muller emigrada ás redes de trata,
mesmo por parte de familiares. Ese caso concreto, esa incorporación ás redes de
trata, é un fenómeno que seguimos en presente con outras emigracións. Tamén
pasou no caso de Galicia.”
Margarita Ledo Antón