(FRANCIA, 2014)
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS
80 MINUTOS
80 MINUTOS
20:00 e 22:30
(Idioma: Español)
PREZO ENTRADAS:
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO
SINOPSE
O cónsul sueco (Dussollier) debe entrevistarse no hotel Meurice con Dietrich von Choltitz (Arestrup), o gobernador militar alemán de París, membro dunha linaxe de militares prusianos moi disciplinados. A misión do cónsul consiste en convencer ao xeneral para que non execute a orde de activar os explosivos que farían voar os principais monumentos da capital francesa: o Louvre, Nôtre-Dame, a Torre Eiffel, etc. Trátase de impedir que "arda París", como ordenou Hitler.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Volker
Schlöndorff
Guión: Cyril Gely e Volker
Schlöndorff, baseado na propia obra teatral de Cyril Gely.
Produción: Marc
de Bayser e Frank Le Wita
Deseño de Produción: Jacques Rouxel
Dirección de Fotografía: Michel Amathieu
Montaxe: Virgine Bruant
Música: Jörg Lember
|
FICHA ARTÍSTICA
André Dussollier
Niels Arestrup
Robert Stadlober
Paula Beer
Burghart Klaussner
Charlie Nelson
Jean-Marc Roulot
|
Galardóns
·
Premios Cesar: Mellor Guión Adaptado
·
Seminci de Valladolid: Mellor Directo e Mellor Actor
(Niels Arstrup)
O director, Volker Schlöndorff
(Wiesbaden, Hesse, Alemaña, 1939)
Director, guionista e produtor
alemán, de formación francesa. Estudou Economía e Ciencias Políticas na
Sorbona, e posteriormente Dirección no Instituto de Altos Estudos
Cinematográficos de París, e comezou no mundo do cine coma axudante de
director, en proxectos levados a cabo por directores tan importantes coma
Jean-Pierre Melville, Louis Malle ou Alain Resnais.
Debuta na dirección con El
joven Torless (1966), coa que obtén diversos premios en festivais,
entre eles o premio FRIPESCI en Cannes. Tras dirixir outros proxectos, incluso
para a televisión, en 1973 fundou a súa propia produtora, Bioskop Film. E en
1979 acada o que sería o seu grande éxito, El tambor de hojalata, adaptación da
novela homónima de Günter Grass.
Continúa dirixindo outras
longametraxes, coma Círculo de engaños (1981), El ogro (1996) ou El
noveno día (2004), así como documentais: Der Kandidat (1980), The
Michael Nyman Songbook (1992) ou Billy Wilder habla (2006)