(PALESTINA, 2014)
NO RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS
98 MINUTOS
VENRES 9 DE XANEIRO 20:00 h (Versión Dobrada)
22:00 h (V.O.S)
PREZO ENTRADAS:
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Omar está acostumado a esquivar as balas dos vixiantes cando trepa polo muro para ir a ver a Nadia, o seu amor secreto.Ó outro lado do muro, o panadeiro chamado Omar convértese nun guerrilleiro da liberdade que deberá enfrontarse a dolorosas decisións de vida ou morte.
Cando é capturado despois dunha acción de resistencia, comeza un letal xogo do gato e o rato coa policía militar.
As sospeitas e a traizón poñen en perigo a súa relación cos seus dous amigos da infancia.
Os sentimentos de Omar acaban tan divididos como Palestina.
Pero todas as súas accións están guiadas polo amor a Nadia.
Galardóns:
Festival de Cannes 2014: Premio do Xurado ( Un Certain Regard)
Ficha técnica
Dirección: Hany Abu - Assad
Guión: Hany Abu - Assad
Produción: Hany Abu - Assa, Waleed F. Zuaiter e David Gerson
Dirección de Fotografía: Ehab Assal
Deseño de Producción: Nael Kanj
Montaxe: Martin Brinkel e Eyas Salman
|
|
Ficha artística
Adam Bakri
Leem Lubany
Waleed F. Zuaiter
Samer Bisharat
Eyad Hourani
|
O
director, Hany Abu - Assad (Nazaret, Palestina, 1961)
Tras estudar Enxeñería Aeronáutica e exercer durante varios anos nos Países Baixos, en 1994 entrou no mundo do cine en calidade de produtor da longametraxe Hatta Ishaar Akhar, de Rashid Masharawi. Catro anos máis tarde dirixiu a súa primeira película, The 14th Chick, á que seguiu Rana’s Wedding, seleccionada na Semana da Crítica de Cannes, e premiada nos festivais de Montpellier, Marrakech e Colonia.
Co seu terceiro film, Paradise Now (2005), alcanzou gran notoriedade internacional ao conseguir o Globo de Ouro á Mellor Película Estranxeira e ser candidato ao Oscar na mesma categoría, ademais de alzarse co Ángel Azul á Mellor Película Europea no Festival de Berlín.