EN COLABORACIÓN COA COMISIÓN DE FESTAS SAN CIBRAO, ESTE NADAL TRAEMOS AS SEGUINTES PELÍCULAS:
(Continúa lendo despois da imaxe)
GUARDIANES DE LA GALAXIA
O
temerario aventureiro Peter Quill é obxecto dun implacable cazarrecompensas
despois de roubar unha misteriosa esfera cobizada por Ronan, un poderoso vilán
coa ambición de dominar o Universo. Para poder escapar, Quill vese na obriga de
pactar un complicada tregua cun cuarteto de disparatados inadaptados: Rocket,
un mapache armado; Groot, un humanoide con forma de árbore xigante; a enigmática
Gamora; e o vengativo Drax.
DIRECTOR: James Gunn
INTÉRPRETES: Chris Pratt, Zoe Saldana, Bradley Cooper
(voz),
Dave Bautista, Vin Diesel (voz), John C. Reilly, Lee Pace
DURACIÓN: 118’
COMO ENTRENAR A TU DRAGÓN 2
Pasaron 5 anos dende que Hipo
comezara a entrenar ao seu dragón, rompendo a tradición vikinga de cazalos.
Durante unha viaxe, descobren unha cova cuberta de xeo
que resulta ser o refuxio de centos de dragóns salvaxes, aos que coida un
misterioso gardián. Hipo e os seus uniranse ao gardián para protexelos das
forzas malignas que queren acabar con eles.
DIRECTOR: Dean DeBlois
VOCES: Álvaro de Juan, Jose Luis Angulo, Laura
Pastor,
Julio Lorenzo, Adrián Viador
Julio Lorenzo, Adrián Viador
DURACIÓN: 102’
EL VIENTO SE LEVANTA
Jiro, que soña con voar e deseñar
fermosos avións, inspírase no famoso deseñador aeronáutico Caproni. Curto de
vista dende rapaz, e por iso incapaz de voar, únese á división aeronáutica
dunha compañía de enxeñería en 1927.
O seu xenio pronto é recoñecido e convértese nun dos
mais prestixiosos deseñadores.
DIRECTOR: Hiyao Miyazaki
VOCES: Raúl Llorens, Gloria Cano, Claudi Domingo,
Ricky Coello, Alberto Meza
Ricky Coello, Alberto Meza
DURACIÓN: 125’
BAJO LA MISMA ESTRELLA
A pesar de que un milagre médico
conseguiu reducir o seu tumor e darlle uns anos máis de vida, Hazel sempre se
considerou unha enferma terminal.
Pero cando Gus entra a formar parte do grupo de axuda
para enfermos de cáncer xuvenil, a vida de Hazel transfórmase por completo
DIRECTOR: Josh Boone
INTÉRPRETES: Shailene Woodley, Ansel Elgort, Nat Wolff,
Laura Dern, Sam Trammell, Willem Dafoe.
DURACIÓN: 125’