Venres 28 de novembro - Pelo Malo
(Venezuela, 2013)
NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS
93 MINUTOS
VENRES 28 DE NOVEMBRO
20:00h
23:00h
PREZO ENTRADAS:
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
Tamén proxectaremos a curtametraxe "El orden de las cosas" en relación co Día Contra Á Violencia de Xénero
http://www.elordendelascosas.com/AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Junior é un rapaz de nove anos
que ten o pelo rizo. El quere alisalo para a foto do anuario da escola, xa que
así o levan os cantantes pop que están de moda. Esta circunstancia lévao a
enfrontarse coa súa nai.
O que Junior quere é poñerse
guapo para que a súa nai o queira, pero ela rexéitao cada vez máis.
GALARDÓNS
· Festival de San Sebastián: Concha de Oro
· Festival de Mar de Plata: Mellor Director e Mellor Guión
CRÍTICAS INTERNET
http://www.elantepenultimomohicano.com/2013/10/pelo-malo-critica.html
http://www.blogdecine.com/criticas/pelo-malo-alisarse-el-pelo-en-venezuela
http://www.blogdecine.com/criticas/pelo-malo-alisarse-el-pelo-en-venezuela
CRÍTICAS ESPECTADORES
CRÍTICAS REVISTAS
FICHA ARTÍSTICA
FICHA TÉCNICA
Director: Mariana Rondón Guión: Mariana Rondón
Dirección de Fotografía: Micaela Cajahuaringa
Música: Camilo Froideval
A directora, Mariana Rondón
(Barqusimeto, Venezuela, 1966)
Directora, guionista, produtora, artista plástica. Logo de estudar cine de animación en París, gradúase na primeira xeración da Escuela de Cine EICTV, Cuba. A súa curtametraxe Calle 22 recorre o mundo, recibindo 22 premios internacionais. A súa primeira longametraxe A LA MEDIA NOCHE Y MEDIA (2000), co-dirixida con Marité Ugás, foi presentada en máis de 40 festivais internacionais, recibindo premios de Opera Prima.
En 2007 estrea POSTALES DE LENINGRADO con 25 premios internacionais. En 2013 estrea PELO MALO gañadora da CONCHA DE ORO á Mellor Película do Festival de San Sebastián. Ademais gaña varios premios en dirección e guión en festivais como Mar Del Plata, Torino, Thessaloniki ou Viña del Mar.
Como produtora, crea SUDACA FILMS a inicios dos 90, xunto con Marité Ugás. Ambas, directoras e guionistas, intercambian o rol de produción en cada novo proxecto. En 2011 produce EL CHICO QUE MIENTE, dirixida por M. Ugás e estreada no Festival de Berlin. Actualmente produce Contactado. Nas Artes Plásticas, o seu proxecto de robótica LLEGASTE CON LA BRISA (premio Fundación Telefónica) foi exhibido en Caracas, Ciudad de México, Puebla, Gijón, Lima, Santiago e Beijing.

Actualmente traballa na instalación interactiva SUPERBLOQUES.