Co gallo da sesión número 100 o venres 27 de setembro convidarémosvos a uns pinchos antes da proxección da película CHARADA. Ademais proxectaremos unha curta de Alfredo Pardo titulada "LOLA" e contaremos coa súa presenza.
CHARADA
113 MINUTOS
VENRES 27 de SETEMBRO de 2013
20:00h
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
bono 5 peliculas por 10€ (parados/estudantes/xubilados) e 20€ (traballadores)
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Tras pasar unhas vacacións
nunha estación de esquí onde coñece a Peter Joshua, Reggie Lamper vai pedir o
divorcio do seu marido. Pero cando chega a París descobre que foi asasinado e o
seu apartamento está baleiro.
Na
embaixada americana infórmana de que seu marido, xunto con outros cómplices,
terían roubado un cuarto de millón de dólares ao goberno dos Estados unidos.
Reggie meterase nunha trama onde cada vez será mais difícil saber en quen
confiar.
FICHA
Dirección: Stanley Donen
Guión: Peter Stone e Marc Behm
Producción: Stanley Donen e James Ware
Dirección de Fotografía: Charles Lang Jr.
Deseño de Producción: Jean D’Eauborne
Montaxe: James Clark
Música: Henry Mancini
|
TÉCNICA
Título orixinal: Charade
Duración: 113’
Ano: 1963
País: Estados Unidos
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Cary
Grant
Audrey Hepburn
Walter
Matthau
James
Coburn
George
Kennedy
Ned
Glass
Jacques
Marin
Paul
Bonifas
|
Galardóns:
·
BAFTA: Mellor Actriz Británica (Audrey
Hepburn)
O director, Stanley Donen (Columbia, Carolina do Sur,
EEUU, 1924)
Xa dende rapaz Stanley Donen acudiu a clases de danza e debutou en Broadway
aos 17 anos. Coa axuda do produtor Arthur Fred e o actor Gene Kelly tivo a
oportunidade de irse a Hollywood para dirixir os musicais Un día en Nueva York
(1949), Cantando bajo la lluvia (1952) e Love Is Better than Ever
(1952), que revolucionaron o xénero.
Tras dirixir outras comedias musicais coma Siete novias para siete hermanos
(1954) ou Una cara con ángel (1958) posteriormente orientouse cara á
comedia pura, onde amosou a súa elegancia e talento na dirección de actores en
películas coma Charada (1963) ou Dos en la carretera (1967).
CRITICAS
“Comedia de intriga chea de refinados ambientes que explota a química das
súas estrelas” (Fernando
Morales, El País)
“Unha montaña rusa na que van alternándose momentos dramáticos e
divertidos, perfectamente engarzados, sen solución de continuidade, de sorpresa
en sorpresa ata a derradeira escena” (Juan Carlos Rivas, Dirigido por…)
http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/925925.html http://www.criticalia.com/pelicula/charada/1389 http://spauld.blogspot.com.es/2005/06/ms-all-de-hitchcock-charada.html
http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/925925.html http://www.criticalia.com/pelicula/charada/1389 http://spauld.blogspot.com.es/2005/06/ms-all-de-hitchcock-charada.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario