EL CAPITAL
SÁBADO 8 ás 23:00 e DOMINGO 9 ás 20:00
XUÑO 2013
Emisión en VOSE o sábado as 23:00 e en ESPAÑOL o domingo as 20:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou BONO MENSUAL POR 5€
5€ para traballadores ou BONO MENSUAL POR 10€
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Marc Tourneuil (Gad Elmaleh) é
un cínico empleado de banca, un sector que está en plena crise económica en
todo o planeta. Dende a nada, Marc comezará un ascenso imparable polas
reviravoltas do mundo da banca ata converterse nunha das persoas mais poderosas
e influintes do país.
FICHA
Dirección: Costa-Gavras
Guión: Costa-Gavras, Jean-Claude Grumberg e Karim Boukercha,
segundo a novela Le capital de
Stéphane Osmont
Producción: Michèle Ray-Gavras
Dirección de Fotografía: Eric Gautier
Deseño de Producción: Sébastien Birchier
Montaxe: Yannick Kergoat e Yorgos Lamprinos
Música: Armand Amar
|
TECNICA
Título orixinal: Le capital
Duración: 114’
Ano: 2012
País: Francia
Idioma: VOSE o sábado as 23:00 e ESPAÑOL o domingo as 20:00
|
FICHA ARTÍSTICA
Gad
Elmaleh
Gabriel Byrne
Liya
Kebede
Jordana
DePaula
Céline
Sallette
Hippolyte
Girardot
Natacha
Régnier
Paul
Barrett
Bernard
Le Coq
|
O director, Costa-Gavras (Loutra-Irias, Grecia, 1933)
Deixa Atenas para ir a París, onde se licencia en Literatura.
Posteriormente entra no Instituto de Altos Estudios Cinematográficos e traballa
de axudante de Jacques Demy e René Clément.
Tras unha estancia en Grecia, coñece o libro de Vassilis Vassilikos Z,
no que se reconstrúe o asasinato organizado pola policía dun líder esquerdista
e o intento de disfrazalo de accidente. Á súa volta a Francia escribe o guión
en colaboración Jorge Semprún. Non atopan financiación nun primeiro momento, e
aproveitando a súa amizade con Jacques Perrin, montan unha produtora para levar
a cabo o proxecto, que contará con Jean-Louis Trintignant e Yves Montand,
aceptando traballar por unha baixa remuneración. Finalmente a película acada un
enorme éxito a nivel de público e crítica, acadando o Premio do Jurado no
Festival de Cannes e o Oscar á Mellor Película Estranxeira e ao Mellor Montaxe.
As súas seguintes películas serven para facer patente o seu compromiso político,
usando dende o thriller político ata
a ficción social: La confesión
(1970), Estado de sitio (1972), Desaparecido (1982), La caja de música (1989), Mad City (1997) ou Amén (2002).
CRÍTICAS
“Hai toques de humor sardónico e outros que conectan có thriller
financieiro, pero ao director nunca se lle vai das mans. Nin cede tampouco á
tentación demagóxica que podería irromper neste tema” (Lluís Bonet Mójica, La Vanguardia).
“O autor fainos partícipes do seu xogo (…) Baixo a parodia lixeira e o
espectáculo indigno do poder, aparece a rabia contida dun creador doente ante
un mundo dominado pola especulación” (Carlos Marañón, Cinemanía)
“Costa-Gavras converte en certezas a nosas intuicións: a avaricia
insaciable deixa ao descuberto a esencia dun sistema que só cre no diñeiro coma
único valor e sobre o que pretende fundamentar todas as manifestacións da
existencia” (Antonio José Navarro, Dirigido por…)
No hay comentarios:
Publicar un comentario