MORREU O DEMO, ACABOUSE A PESETA
(TÓDOLOS PÚBLICOS)
XOVES 16 de MAIO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Dende os anos 10 do século
pasado e durante case cinco décadas, unha familia de marionetistas, os Silvent,
gañou a vida levando o seu espectáculo de feira en feira. A estrela era un
boneco de luva chamado Barriga Verde, que chegou a ser moi popular en toda
Galiza.
Co
obxecto de restaurar a súa memoria, a compañía de títeres Viravolta construíu
unha réplica da vella barraca dos Silvent. O filme lévanos nunha viaxe
internacional na busca das raíces comúns do teatro popular de marionetas
europeo.
FICHA
Dirección: Pedro Solla
Guión: Marcelo Martínez e Pedro Solla
Producción: Tintinmán
Dirección de Fotografía: Cora Peña
Montaxe: Cora Peña, Pedro Solla e Xavier Reboredo
Música: Bernardo Martínez
|
TÉCNICA
Título orixinal: Morreu o demo, acabouse a peseta
Duración: 90’
Ano: 2011
País: España
Idioma: Galego
|
FICHA ARTÍSTICA
Tommaso
Adorni
Aderita Argibay
José
Argibay
Pilar
Álvarez
Xulio
Balado
|
O director, Pedro Solla (Pontevedra,
España, 1979)
É xornalista, guionista e realizador. Foi xornalista dixital no diario
dixital Viveiros, onde fixo de realizador, operador de cámara e editor.
Na actualidade é director de comunicación da ONG galega IGAXES, a cal
traballa con mozos con risco de exclusión social.
Esta é
a súa ópera prima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario