THE MASTER
(NRM 16 anos)
VENRES 5 de ABRIL de 2013
VENRES 5 de ABRIL de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Estados Unidos, anos 50.
Freddie Quell, un mozo veterano da Segunda Guerra Mundial, alcohólico e
sufrindo de estrés pos-traumático, atópase co líder dunha organización relixiosa
coñecida como A Causa, Lancaster Dodd, na que remata entrando.
A
medida que a seita vai atraendo a mais seguidores, e Dodd adopta a Quell como a
súa man dereita, as dúbidas van xurdindo neste.
FICHA
Dirección: Paul Thomas Anderson
Guión: Paul Thomas Anderson
Producción: Paul Thomas Anderson, Megan Ellison, Daniel Lupi
e JoAnne Sellar
Dirección de Fotografía: Mihal Malaimare Jr.
Deseño de Producción: David Crank e Jack Fisk
Montaxe: Leslie Jones e Peter McNuffy
Música: Johnny Greenwood
|
TECNICA
Título orixinal: The Master
Duración: 140’
Ano: 2012
País: EEUU
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Joaquin
Phoenix
Philip Seymour Hoffman
Amy
Adams
Laura
Dern
Kevin
J. O’Connor
Rami
Malek
Jesse
Plemons
Fiona
Dourif
|
Galardóns:
· Festival de Venecia: Mellor Director, Mellor Actor
(J. Phoenix e P. S. Hoffman)
· Festival de Cine de Hollywood:
Mellor
Actriz de Reparto (Amy Adams)
O director, Paul Thomas
Anderson (Studio City, California, EEUU, 1970)
Moi influenciado polo seu pai, que presentaba un late night de terror en Cleveland, P. T. Anderson pertence a
xeración de directores que coñeceron o cine a través das cintas de vídeo mais
que nas propias salas ou na televisión.
A súa curtametraxe mais importante, e coa que se deu a coñecer foi The Dirk Diggler Story (1988). Traballando coma asistente en
moitos anuncios e video-clips, por fin chégalle a oportunidade de debutar con Sydney (1996), onde xa se deixan
notar moitas das marcas típicas do seu futuro cine: suaves movementos de
cámara, longas escenas, sobresaíntes actuacións e un fabulosos uso da luz.
Boogie Nights (1997) foi o seu recoñecemento internacional cara ó público e Magnolia (1999) a nivel de
crítica, gañando o Oso de Oro en Berlín.
Tras Embriagado de amor
(2002), coa súa penúltima obra, Pozos
de ambición (2007) gañaría o Oso de Plata ao Mellor Director en Berlín
tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario