TABÚ
(nrm - 12 ANOS)
VENRES 8 de MARZOde 2013
VENRES 8 de MARZOde 2013
20:00 (VOSE) e 23:00 (VOSE)
2,5€ estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores
auditorio municipal de carballiño
Unha señora maior moi temperamental e a súa criada de Cabo Verde viven nun edificio de Lisboa. No mesmo piso vive tamén unha veciña devota das causas sociais.
Cando a señora morre, a criada e a veciña descobren un episodio da súa vida: unha historia de amor e crime en África, coma sacada dunha película de aventuras.
auditorio municipal de carballiño
FICHA
Dirección: Miguel Gomes
Guión: Miguel Gomes e Mariana Ricardo
Producción: Luis Urbano e Sandro Aguilar
Dirección de Fotografía: Rui Poças
Deseño de Producción: Joaquim Carvalho
Montaxe: Telmo Churro e Miguel Gomes
Música: Antonio Lopes
|
TÉCNICA
Título orixinal: Tabú
Duración: 110’
Ano: 2012
País: Portugal
Idioma: V.O.S.
|
FICHA ARTÍSTICA
Teresa
Madruga
Laura Soveral
Ana
Moreira
Henrique
Espírito Santo
Carloto
Cotta
Isabel
Cardoso
Ivo
Müller
Manuel
Mesquita
|
GALARDÓNS:
·
Festival
Internacional de Berlín: Premio FRIPESCI
O director, Miguel Gomes (Lisboa,
Portugal, 1972)
Miguel Gomes estudou na Escola de Cine e Teatro de Lisboa, e entre 1996 e
2000 traballou coma crítico para a prensa portuguesa.
Dirixiu varias curtametraxes, obtendo premios nos festivais de Oberhausen,
Belfort ou Vila do Conde.
Debuta no mundo das longametraxes con The Face You Deserve (2004). Dirixe
posteriormente Our Beloved Month of August
(2008), presentado na Quincena de Realizadores do Festival Internacional de
Cannes, gañando posteriormente varios premios noutros festivais.
Tabú é ata o de agora a súa última película
CRÍTICAS
“Obra
esencial para entender o proceso de recuperación efectuado co cine primitivo e,
en especial, o intento de reconciliar de novo unha mirada inocente e curiosa no
espectador” (Quim Casas, Dirigido
por…)
“Propón un elaborado exercicio intelectual e o disfroite da necesidade de
relatar, no seu sentido mais primitivo e inocente” (Ricardo Aldarondo, Fotogramas)
ADEMAIS...
O Festival de Cinema de Animación "ANIRMAU" será presentado este venres no Carballiño polo seu director, Severiano Casalderrey Conde. O Festival vai camiño da III edición, que se celebrará entre os vindeiros 8 e 13 de abril segundo se indica na súa web http://www.anirmau.com/
A maiores logo da presentación, proxectárase unha curta presentada a este festival en edicións pasadas.
ADEMAIS...
O Festival de Cinema de Animación "ANIRMAU" será presentado este venres no Carballiño polo seu director, Severiano Casalderrey Conde. O Festival vai camiño da III edición, que se celebrará entre os vindeiros 8 e 13 de abril segundo se indica na súa web http://www.anirmau.com/
A maiores logo da presentación, proxectárase unha curta presentada a este festival en edicións pasadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario