ACTIVIDADES PARALELAS AS PROXECCIÓNS DE CINE
A parte das proxeccións xa establecidas e que se poden consultar na seguinte ligazón (http://cineclubecarballino.blogspot.com.es/2012/07/horario-e-datas-das-xociviga-2012.html).
Nestas XOCIVIGA 2012 vanse levar a cabo as seguintes actividades paralelas para que tódalas persoas poidan asistir a elas entre os días 3 e 7 de Agosto.
CONFERENCIA: A MULLER NA CINEMATOGRAFÍA GALEGA
(EVOLUCIÓN E SITUACIÓN)
Anna Amorós Pons |
Aproveitando o ciclo sobre cine feito por mulleres que se inclúen nas Xociviga 2012. A organización (Cineclube Carballiño e o Concello de O Carballiño) teñen a honra de presentar esta conferencia presidida por Anna Amorós Pons, Profesora Titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade, Universidade de Vigo (UdV).
Dita conferencia terá lugar o sábado día 4 ás 12:00 horas na Casa da Cultura.
EXPOSICIÓN: OS ADEUSES
No Auditorio Municipal poderase contemplar o conxunto de fotografías realizadas por Alberto Martí, fotógrafo de A Coruña, sobre a emigración galega ó longo da súa historia.
Páxinas que versan sobre a exposición
(Sobre a exposición)
(Entrevista a Alberto Martí)
Exposición Camiños de Paz
Na Casa da Cultura de O Carballiño poderemos gozar desta exposición organizada por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e por ACPP (Asamblea de Cooperación pola Paz) amosa o traballo das sociedades israleitas e palestinas que denuncian en prol da paz entre estas dúas sociedades.
Páxinas que versan sobre a exposición
Exposición Lois Pereiro
Na Casa da Cultura teremos a exposición sobre o poeta galego Lois Pereiro que se puido ver no IES CHAMOSO LAMAS de O Carballiño durante este ano.
Unha forma máis de acercarse a este poeta, o cal se lle adicou o día das Letras Galegas este ano 2012.
PÁXINAS QUE VERSAN SOBRE A EXPOSICIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario