RIP: A REMIX MANIFESTO
Venres 16 de marzo
Auditorio Municipal de Carballiño 20:00 e 22:30
SINOPSE
Auditorio Municipal de Carballiño 20:00 e 22:30
SINOPSE
O músico favorito de Brett Gaylor chámase Girl Tank. Gaylor quere facer unha película sobre el, pero descobre que, unha vez transformado en director de cine, iso vaino converter nun criminal. Porque Girl Tank fai un tipo peculiar de música: fai mash-ups, ou sexa, cancións a partir de sampleos, alterados e reordenados, doutras cancións, dos que os propietarios legais (que non é o mesmo que lexítimos) pelexan por tódolos medios contra as novas tecnoloxías e o uso creativo das “súas” ideas.
Gaylor adica seis anos da súa vida a trazar o pasado, presente e futuro dos conceptos da propiedade intelectual, copyright e copyleft, da orixinalidade, creatividade e, en última instancia, da cultura en si.
Duración: 80’
Ano: 2009
País: Canadá
Idioma: Inglés, subtitulada en galego
O director, Brett Gaylor (Montreal, Canadá, 1977)
Director de cine documental, e quizais o mais importante videoblogger de Canadá, traballando nos medios durante mais de dez anos.
Ademais, é o fundador de opensourcecinema.org, unha comunidade virtual creada para producir esta película, na que se almacenan todo tipo de creacións audiovisuais baixo a licenza de Creative Commons, para que calquera poida collelas e remezclalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario