EL HOMBRE DEL TRAJE BLANCO
(PROXECCIÓNS EN V.O.S.E.)
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
10/02/2012 20:00 e 22:30
(PROXECCIÓNS EN V.O.S.E.)
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
10/02/2012 20:00 e 22:30
SINOPSE
Porén, a ledicia inicial tórnase en desgusto cando, tanto os empresarios, coma os traballadores da industria téxtil se poñen de acordo para impedir a fabricación e difusión do novo tecido, pois os primeiros temen a ruína das súas empresas, e os segundos a perda dos seus postos de traballo.
Título Orixinal: The man in the white suit Duración: 85’
Ano: 1951 País: Inglaterra
Idioma: Inglés, subtitulado en Español
Tráiler en Inglés
O director, Alexander Mackendrick (Boston, EEUU, 1912 – Los Angeles, EEUU, 1993)
Un dos mais distinguidos directores da industria británica, naceu realmente nos Estados Unidos, aínda que creceu na Escocia natal dos seus pais. Alí estudou na Escola de Artes de Glasgow, e comezou coma ilustrador comercial e facendo os seus primeiros traballos no cine de animación. Pronto pasou a dirixir documentais e escribir guións. O seu salto á dirección foi Whisky Galore (1949), á que seguiu esta El hombre del traje blanco (1951). Dentro da produtora Ealing dirixiu a que probablemente sexa a súa película mais coñecida: El quinteto de la muerte (1955).
Xa en Hollywood fixo traballos con grandes estrelas coma Burt Lancaster (Chantaje en Broadway, 1957) ou Anthony Quinn (Viento en las velas, 1965).
Tras retirarse do cine con No hagan olas (1967), foi o decano do Departamento de Cine do Instituto de Artes de California ata o seu pasamento en 1993.
Alec Guinness en The man in the white suit (1951) |
A produtora Ealing
Trala 2ª Guerra Mundial, os estudios Ealing especializáronse nun tipo de comedia que causaría furor nos anos 40 e 50 do século pasado. As súas películas, negrísimas, tronchantes, de trama habitualmente insólita e cun tratamento da morte moi alonxado da transcendencia, son aínda hoxe un modelo de humor intelixente para todo tipo de público. (Javier Ocaña, El País).
Descarga a ficha da película en: http://dl.dropbox.com/u/56610469/48%20-%20El%20hombre%20del%20traje%20blanco.pdf
Parece mentira, pero no hacer mención a que se trataba de una proyección en DVD me parece una omisión bastante grave. De cualquier forma, mi agradecimiento por las buenas cintas de vuestra programación y os aconsejo que toméis en consideración los formatos -tengamos dignidad cinéfila-.
ResponderEliminarSaludos