lunes, 30 de mayo de 2016

PIEDAD - Venres 10 de xuño - Cinemas de Galicia


PIEDAD
Duración: 75’
Ano: 2012
País: España
Documental

SINOPSE
Piedad viviu gran parte da súa vida en Leiroso, illada do mundo urbano. Xunto ao seu marido, decidiron quedar alí aínda cando os seus fillos e veciños foron abandonando o lugar.
O marido morreu fai tempo e ela é a única habitante da zona. A enfermidade motiva que o seu fillo menor decida levala a vivir con el á cidade. Elo provoca un cambio radical na vida de Piedad: nesta nova vida non se sabe que é de verdade, recordo ou produto da súa enfermidade.

FICHA ARTÍSTICA
Piedad Ferreiro - Amadeo Ferreiro

FICHA TÉCNICA
Dirección: Otto Roca - Guión: Marcos Nine - Produción: Ximena Losada - Dirección de Fotografía: Otto Roca - Montaxe: Fran X. Rodríguez e Marcos Nine - Música: Benxamín Otero 






O director, Otto Roca 
(1976, A Coruña, España)
Técnico en Laboratorio de Imaxe, boa parte da súa formación é adquirida de xeito autodidacta. Desenvolve a súa labor profesional coma fotoxornalista e fotógrafo documental.


Piedad supón a súa primeira incursión dentro do cinema documental, froito da experimentación e evolución natural da súa obra.

“No tratamento da historia pretendimos ser o máis respectuosos e rigorosos posibles co documentado, tratando de normalizar a relación dun dependente co seu entorno social e afectivo, sen artificios, procurando non enmascarar o que ante nós se establecía. Tentando ao mesmo tempo visibilizar unha situación de dependencia cada vez máis presente no interior dos núcleos familiares e que socialmente resulta dificultoso detectar e dar recoñecemento.”
Otto Roca

REMATE DE TEMPORADA. EN BREVES, NOTICIAS SOBRE "FLORES DE CINE"

Phoenix - Venres 3 de xuño - Cinemas de Galicia





PHOENIX
Data proxección: 03/06/2016
Horario e idioma: 20:00 e 22:30
Duración: 98'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Data estrea en España: 5 de xuño de 2015 
País: Alemaña
Título orixinal: Phoenix
Prezo: 3€



SINOPSE


Unha cantante é traizoada e enviada a un campo de concentración. Ao rematar o seu calvario, volve coa cara completamente desfigurada e pídelle a un eminente cirurxián que lla reconstrúa para que sexa o máis semellante a como era antes.
Tras a operación, comeza a buscar ao seu marido, un pianista. Pero o reencontro non é o que ela agardaba.



Ficha Técnica

Dirección: Christian Petzold - Guión: Christian Petzold e Harun Farocki, segundo a novela de Hubert Monteilhet - Produción: Florian Koerner von Gustoff, Michael Weber - Dirección de Fotografía: Hans Fromm - Montaxe: Bettina Böhler - Deseño de Producción: Kade Gruber - Música: Stefan Will

Ficha Artística
Nina Hoss - Ronald Zehrfeld - Uwe Preuss - Nina Kunzendorf - Michael Maertens  - Imogen Kogge - Eva Bay - Kirsten Block

Galardóns
·   Premios da Cinematografía Alemá 2015 : Mellor Actriz Secundaria (Nina Kunzendorf)
Festival Internacional de San Sebastián 2015: Premio FRIPESCI



O director, Christian Petzold

(1960, Hilden, Alemaña)
Tras estudar Lingua Alemá e Drama na Universidade de Freie, enrolase na Academia Alemá do Cine e da Televisión, en Berlín, onde estuda dirección de cine ao tempo que traballa como axudante de director para certos directores alemáns. Despois de graduarse dirixe unha serie de películas para a televisión, debutando cunha estrea en pantalla grande en 2001 con Die innere Sicherheit, pola que obtén o premio á Mellor Película Alemá nos premios da Cinematografía alemá.
Continúa dirixindo longametraxes de éxito especialmente no seu país, sobre todo Barbara (2012) coa que acada o Oso de Prata ao Mellor Director no Festival Internacional de Berlín, así como novamente o premio á Mellor Película nos premios da Cinematografía alemá.



CRÍTICAS 

“O exame máis descarnado da culpa na Alemaña postnzai que deu o cine recente (…) Tan profundamente bela coma incómoda. Tan demoledora coma tenra. Lúcida e brutal”. (Luís Martínez, El Mundo).
“Petzold filma soberbiamente esta desacougante historia sobre dous seres humanos en perpetua reconstrución física e anímica.” (Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)

“A rocambolesca historia require unha coidada atmosfera do irreal que manteña o misterio. Petzold conseguino de nova, coa súa actriz favorita.”(Carlos Marañón, Cinemanía)


·    E a próxima sesión: Piedad (Otto Roca, 2012)

domingo, 22 de mayo de 2016

Macbeth- 27/05/2016

MACBETH

Data proxección: 27/05/2016
Horario e idioma: 20:00 (ESP) e 22:30 (VOS)
Duración: 113'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 
País: Reino Unido
Título orixinal: Macbeth


SINOPSE


Tras gañar unha batalla decisiva, e recén ascendido polo rei Duncan, o fiel Macbeth, duque de Escocia, recibe de tres bruxas a predición de que será rei, mais sen deixar descendencia.
Decidido a apresurar o vaticinio, e instigado pola súa esposa, a parella invita ao rei Duncan a celebrar a vitoria na súa morada, onde aproveitarán pala asasinalo, inculpando aos gardas.
Así, Macbeth é rei, pero entón a culpa e a paranoia comeza a corroelos, especialmente a el, que pasará de glorioso guerreiro a escuro gobernante.
A traizón, o poder, a ambición e a culpa entrarán en escena.



Ficha Técnica

Dirección: Justin Kurzel Guión: Jacob Koskoff, Michael Leslie e Todd Louiso, segundo a obra de W. Shakespeare Produción: Iain Canning, Laura Hastings-Smith e Emile Sherman Dirección de Fotografía: Adam Arkapow Montaxe: Chris Dickens Deseño de Producción: Fiona Cromble Música: Jed Kurzel

Ficha Artística
Michael Fassbender - Marion Cotillard - Sean Harris - Paddy Considine - David Thewlis - Elizabeth Debicki - Jack Reynor - Julian Seager




O director, Justin Kurzel  
(1974, Gawler, Australia)
Resultado de imagen de Justin Kurzel
Director e guionista, saltou á fama pola película Snowtown (2011), pola que obtivo o premio ao Mellor Director nos premios da Cinematografía australiana.
Aos 17 anos mudou a Sydney, onde estudou deseño de escenarios. Xunto ao seu irmán Jed empezaron no mundo da música, pero el deixouno moi cedo, ao considerar que non era o seu. Pero Jed si triunfou. De feito, é seu irmán quen compón a música para as súas películas.
Tamén grazas ao seu irmán púxose detrás das cámaras, rodando os video-clips das cancións.
O enorme éxito de Snowtown, especialmente en Australia fixo posible que collera as rendas dunha nova adaptación de Macbeth, pola que tamén obtivo un gran recoñecemento, xa a nivel mundial.



CRÍTICAS 

“Unha película que posúe clima, a ambientación está moi traballada, as batallas no medio da néboa desprenden unha violencia moi crible”. (Carlos Boyero, el País).
“O seu materialismo expresivo é puro cine, pura imaxe cos pés na terra.” (Sergi Sánchez, La Razón)
“A versión máis sombría e escura de Macbeth”. (Nando Salvá, El Periódico)

·   E a próxima sesión: Phoenix (Christian Petzold, 2014)

sábado, 14 de mayo de 2016

MUSTANG - 20 DE MAIO

MUSTANG

Data proxección: 20/05/2016
Horario e idioma: 20:00 (ESP) e 22:30 (VOS)
Duración: 97'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 
País: Francia
Título orixinal: Mustang

SINOPSE


Nun pequeno pobo, no norte de Turquía, cinco irmás orfas, de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos, pasan o verán nun xardín paradisíaco de risas e xogos inocentes sobre as ondas do mar Negro, cos rapaces da escola.
Porén, a condición da muller no país non tardará en provocar rumores de inmoralidade e escándalo entre as rapazas, así que os seus familiares, a través da avoa e do tío, deciden facerse cargo do asunto: preparalas e precipitalas cara o seu destino de futuras esposas.


Ficha Técnica
Dirección: Deniz Gamze Ergüven Guión: Deniz Gamze Ergüven e Alice Winocour Produción: Charles Gillibert Dirección de Fotografía: David Chazillety e Ersin Gok Deseño de Produción: Turker Isci Montaxe: Mathilde Van de Moortel Música: Warren Ellis


Ficha Artística
Erol Afsin - Ilayda Akdogan - Doga Zeynep Doguslu - Elit Iscan - 
Ayberk Pekcan - Günes Sensoy - Tugba Sunguroglu - Burak Yigit


Galardóns
·    Premios Cesar 2015:  Mellor Opera Prima, Guión, Montaxe e BSO.
·    Premios Goya 2015: Mellor Película Europea.
·    Premios do Cine  Europeo 2015: Mellor Ópera Prima.

A directora, Deniz Gamze Ergüven 

(1978, Ankara, Turquía)

Nacida en Ankara, mudou a Francia nos anos 80, onde asistiu a Escola Nacional Superior de Oficios de Imaxe e Son (FEMIS).
En 2011 Deniz Gamze Ergüven foi invitada a asistir ao Taller do Festival de Cannes para axudarlle a desenvolver o seu proxecto The Kings. Foi aí onde coñeceu a Alice Winocour. Tras verse incapaz de conseguir financiamento para o seu proxecto, Winocour ofreceuse para involucrarse nun proxecto máis íntimo. Así xurdiu Mustang.

Mustang estreouse  na Quincena de Realizadores de Cannes, en 2015, obtendo dende entón máis de 30 galardóns en festivais por todo o mundo.


CRÍTICAS 

“Unha fábula entorno á cerrazón moral e cultural (...) a directora compón as súas imaxes, impregnadas dunha exquisita poesía evanescente.” (Beatriz Martínez, Fotogramas)

“Un berro de protesta contra a cruel senrazón da relixión e unha película de terror a voltas co sangue do patriarcado.” (Luís Martínez, El Mundo)

 “Revela o profundo e enfermizo do drama sen renunciar as tonalidades de comedia e a un branco estupor narrativo que enche de calidez a pantalla.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)


E a próxima sesión: Macbeth  (Justin Kursel, 2015)

miércoles, 11 de mayo de 2016

Niebla - Venres 13

 NIEBLA

Data proxección: 13/05/2016
Horario e idioma: 20:00 (ESP) e 22:30 (VOS)
Duración: 107'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2014
País: Corea do Sur
Título orixinal: Haemoo


SINOPSE


Kang é o capitán dun barco de pesca que, cando o propietario da mesma quere vendela, el decídese a comprarlla.
Pero a pesca é insuficiente e Kang comeza a desesperarse cando se queda sen diñeiro. Así, verase obrigado a emprender un negocio arriscado: transportar inmigrantes ilegais procedentes de China a Corea.
Unha noite de tormenta un suceso provocará unha
catástrofe e levará á tripulación a un estado de loucura.


Ficha Técnica
Dirección: Shim Sung - Bo - Guión: Shim Sung Bo e Bong Joon - Ho - Produción: Bong J oon Ho e Joh Neung -yeonDirección de Fotografía: Hong Kyung-pyo - Deseño de Produción: Lee Ha - Jun - Montaxe: Kim Jae - Beom

Ficha Artística
Kim Yoon - Seok - Park Yoo -chun - Ye-ri Chan - Mun Seong-kun - Kim Sang-ho - Lee Hee-jun - Yoo Seung --mok

Galardóns

Fantasporto 2015:  Mellor Director (Shim Sung-bo)

O director, Shim Sung-bo

(Corea do Sur)
Un dos novos valores da cinematografía surcoreana, que saltou á fama no seu país como coguionista de Crónica de un asesino en serie(2003), película que obtivo multitude premios en festivais internacionais, incluíndo a Concha de Plata ao Mellor Director (Bong Joon-ho, o outro guionista da película) no Festival Internacional de San Sebastián.

La niebla é o seu debut coma director, sobre un guión coescrito novamente entre el e Bong Joon-ho.


Críticas
“A violencia física resulta ferinte, pero non tanto coma algúns pensamentos, como esa sensación de que un home pode deshumanizarse de maneira sinxela cando perde todo respecto cara á vida.” (Isreal Paredes Badía, sensacine.com)

“Brutal, enérxica e tan melodramáticamente acendida que exalta. A mellor homenaxe imaxinable ao caos ” (Luís Martínez, El Mundo)

“En todo momento se impón unha gran sabedoría estilística.” (Jordi Costa, El País)

lunes, 2 de mayo de 2016

El hijo de saúl - Venres 06 de maio

El hijo de Saúl

Data proxección: 06/05/2016
Horario e idioma: 20:00 e 22:30 (esp)
Duración: 107'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 
País: Hungría
Título orixinal: Saul Fia (Son of Saul)


SINOPSE


1944. Durante o horror do campo de concentración de Auschwitz un prisioneiro xudeu húngaro chamado Saúl, membro dos Sonderkommando, encargados de queimar os cadáveres dos reos gaseados e limpar as cámaras de gas, atopa certa supervivencia moral tratando de salvar dos fornos crematorios o corpo dun neno que toma coma fillo, buscando un rabino para poder soterralo decentemente.


Ficha Técnica
Dirección: László Nemes - Guión: László Nemes e Clara Royer - Produción: Gábor Rajna e Gábor Sipos - Dirección de Fotografía: Mátyás Érdély - Deseño de Produción: László Rajk - Montaxe: Matthieu Taponier - Música: László Melis

Ficha Artística
Géza Rohrig - Levente Molnár - Urs Rechn  - Sándor Zsótér - Todd Chamont - Bjorn Freiberg - Uwe Lauer - Attila Fritz

Galardóns
·    Festival de Cannes 2015:  Gran Premio do Xurado e Premio FRIPESCI.
·    Premios Oscar 2015: Mellor Película de Fala Non Inglesa.
·    Globos de Oro 2015: Mellor Película de Fala Non Inglesa.
·    Premios David de Donatello 2015: Mellor Film da Unión Europea.
·    Independent Spirit Awards 2015: Mellor Película Estranxeira.

O director, László Nemes

(1977, Budapest, Hungría)
Mudou a París aos 12 anos, onde estudou Historia e Ciencias Políticas e Relacións Internacionais no Instituto de Estudos Políticos, xa que non podía ir ao Colexio de Cine. Porén, en seguida entrou no mundo do cine, comezando como asistente de director en curtametraxes.
Aos 26 anos volveu a Hungría, onde seguiu colaborando en curtas, ata que roda a súa propia en 2007, Türelem. Viaxa a Nova Iork para realizar un curso de cine, que abandona por non cumplir as súas expectativas. Colabora co director Béla Tarr e segue rodando curtametraxes, que acadan máis de 30 premios en varios festivais internacionais.
Finalmente, consegue levar adiante o seu proxecto persoal El hijo de Saúl, o seu debut no mundo das longametraxes, coa que obtén un impresionante éxito internacional.




“László Nemes consegue o imposible: evitar os clichés sobre o cine da Solución final, somerxéndonos nunha experiencia inédita.” (Sergi Sanchez, La Razón)
“Cine enorme construído dende a intimidade. Cine que doe, arrasa e abre os ollos.” 
(Luís Martínez, El Mundo)
 “Unha historia de brutal emotividade, narrada con frialdade e un estilo esquivo.” 
(E. Rodríguez Marchante, ABC)


·   E a próxima sesión:  Niebla  (Shim Sung-bo, 2014)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación de maio a xuño de 2017 - «ciclo Magníficos»Filmoteca CGAIExtra: III ciclo de Cinema e Medicina Despois da primavera, podes escoller entre o que está a florecer, ou sexa; elixir en...
    Hace 2 meses
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 3 años