martes, 15 de marzo de 2016

Venres 19 de Marzo: A Praia dos Afogados

A Praia dos Afogados

Data proxección: 18/03/2016
Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 96'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 - País: España
Idioma: español
SINOPSE

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a ribeira. Se non tivera as mans atadas, sería outro dos fillos do mar que atopou a súa tumba nas augas mentres faenaba.
Sen testemuñas nin rastro da embarcación, o inspector Leo Caldas somerxerase  no ambiente mariñeiro do pobo, tratando de esclarecer o crime entre homes e mulleres que se resisten a desvelar as súas sospeitas e que, cando se decidan a falar, apuntarán nunha dirección inesperada.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Gerardo Herrero
Guión: Domingo Villar e Felipe Vega(segundo a novela de Domingo Villar)
Produción: Carlos Rodríguez e Gerardo Herrero
Dirección de Fotografía: Alfredo Mayo
Montaxe: Cristina Pastor
Música:Lucio Godoy
FICHA ARTÍSTICA
Carmelo Gómez - Antonio Garrido - Luis Zahera - Celia Freijeiro - Celso Bugallo - Pedro Alonso - Marta Larralde - Tamar Novas - Fernando Morán - Carlos Blanco
O DIRECTOR
Gerardo Herrero(1963, Madrid, España)

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Fundou, xunto con Javier López Blanco, a produtora Tornasol Films en 1987; dende entón, financiou varios documentais para TVE ademáis de 50 longametraxes de ficción.

Herrero aboga pola colaboración cinematográfica entre España e Iberoamérica. Froito desta colaboración son obras como Martín (Hache) (1997), de Adolfo Aristarain ou El hijo de la novia (2001), de Juan José Campanella.
Debuta como director con Malena es un nombre de tango (1996), baseada nunha novela de Almudena Grandes.
En 1997 rodou Territorio comanche, unha crúa historia de tres corresponsais de guerra en Sarajevo que arriscan as súas vidas entre os horrores do conflito de Bosnia, baseada na novela homónima de Arturo Pérez-Reverte. Tamén baseada nunha novela, esta vez La conquista del aire de Belén Gopegui, dirixiu en 2000 o film Las razones de mis amigos. En maio de 2014 empieza a rodaxe de La playa de los ahogados, película baseada no best seller homónimo de Domingo Villar.

Entre 1993 y 1994 presidiu a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España; é membro fundador da Escola de Cine da Comunidade de Madrid e promotor do Programa Ibermedia, un fondo para o desenvolvemento da industria audiovisual iberoamericana. 
Entre 1997 y 1999, foi presidente da Federación de Asociación de Produtores Audiovisuais
Españois.


CRÍTICAS
“Segue unha narración moi tradicional na serie negra e o director exhibe a súa crecente querencia aos dramas locais.”
(Francisco Marinero, El Mundo).

“A credibilidade dos secundarios e a solidez da historia aportan un empaque que provoca que a película se vexa con soltura e evidente interese.”
(Javier Ocaña, El País)
 
“Un guiso con bos ingredientes e un misterio suficientemente complexo e imprevisible”.
(Federico Martín Bellón, ABC)


PRÓXIMA SESIÓN
Descanse en Paz (Román Gutierrez da Silva)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación de novembro e decembro de 2017 - Miradas etnográficasSemana da cienciaFilmoteca CGAICiclo IncertezasSesión especial: O día + curto...Javier Fesser Cal será o noso futuro? Vivimos nun mund...
    Hace 2 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 3 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 4 años