lunes, 30 de noviembre de 2015

Venres 4 de decembro: Viaje a Sils Maria

Viaje a Sils Maria
("Clouds of Sils Maria")
Venres 4 de decembro
Auditorio municipal de Carballiño
20:00 (español) e 22:30 (VOS)
Duración: 124’
Ano: 2015
País: Francia


SINOPSE

Aos 18 anos, Maria Enders tivo un enorme éxito no teatro interpretando  a Sigrid, unha rapaza ambiciosa e encantadora que provoca o suicidio dunha muller madura, Helena. Vinte anos máis tarde, ofrécenlle interpretar novamente a peza teatral, pero interpretando a Helena.
Para preparase viaxa coa súa asistenta a Sils Maria, nos Alpes, onde coñecerá a rapaza que encarnará a Sigrid nesta nova versión: unha estrela de Hollywood con inclinación ao escándalo.
Maria verase a si mesma dende o outro lado do espello, cara a cara cunha muller que é, en esencia, un reflexo inquedante dela mesma. 

Tráiler español

Tráiler VOS

FICHA TÉCNICA
Dirección: Olivier Assayas
Guión: Olivier Assayas
Produción: Charles Gillibert
Dirección de Fotografía: Yorick Le Saux
Deseño de Producción: François-Renaud Labarthe
Montaxe: Marion Monnier


FICHA  ARTÍSTICA
Juliette Binoche
Kristen Stewart
Chloë Grace Moretz
Johnny Flynn
Lars Eidinger
Hanns Zischler
Claire Tran
Angela Wrinkler




O director, Olivier Assayas
(1955, París, Francia)
Fillo do guionista Jacques Rémy, comezou na industria do cine axudando a seu pai, especialmente cando xa comezaba a ter problemas de saúde. Ademais de dirixir varias curtas, colaboraba na revista de cine Cahiers du Cinéma.

A súa primeira longametraxe é Désordre (1986). Posteriormente onsegue participar no festival de Cannes con El agua fría (1994). Outros dos seus filmes destacados son Irma Vep (1996), Finales de agosto, principios de septiembre (1998), Demonlover (2002), Las horas del verano (2008) ou a película para TV Carlos (2010).

Críticas
 “Assayas confecciona da man dunha imperial Juliette Binoche un delicado, preciso e maxistral estudio do tempo. (Luís Martínez, El Mundo)
“Fantástica. Poucas historias con tantas capas e subtextos coma esta película” (Javier Ocaña, El País)
“Complexa mestura de pasado, presente, ficción, realidade, cine, teatro, dependencia e independencia.” (E Rodríguez Marchante, ABC) 



E na próxima sesión: Los increíbles  (David Valero, 2012)

viernes, 27 de noviembre de 2015

Domingo 29 - A Árbore Magnética

Domingo 29 de novembro - O árbore mágnetico

A ÁRBORE MAGNÉTICA
Domingo 29 de novembro
Auditorio municipal de Carballiño
18:00 e 20:00
Idioma: Español
Duración: 85’
Ano: 2013
País: España-Chile




SINOPSE
Bruno regresa ao seu país de orixe, Chile, despois dunha prolongada ausencia. A casa de campo que de neno  compartía coa súa familia está agora á venda, e todos se reúnen para despedir o lugar. A visita á “árbore magnética”, unha curiosidade local de estrañas propiedades, espertará nel sensacións e efectos case esquecidos dende que era un rapaz.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Isabel Ayguavives
Guión: Isabel Ayguavives
Produción: Sergio Gándara, Rafael Alvárez e Ignacio Monge
Dirección de Fotografía: Alberto D.Centeno
Montaxe: José Manuel Jímenez
Música: Nico Casal
FICHA  ARTÍSTICA
Manuela Martelli
Andrés Gertrúdix
Catalina Saavedra
Gonzalo Robles
Blanca Lewyn
Agustín Silva
Ximena Rivas
A directora, Isabel Ayguavives
(O Ferrol, Galicia, España, 1974) 
Estudou Ciencias da Imaxe na Universidade Complutense de Madrid. Tras finalizar a carreira comezou a traballar no mundo do cine e da televisión, principalmente como directora de segunda unidade ou asistente de dirección, en producións coma Sara (2003), El comisario (2003-2005) ou Tierra de lobos (2010-2013).
Ao mesmo tempo dirixía curtametraxes, sendo a primeiro delas La valiente (2003). Seguiron El castigo (2005) e Penfield (2010), participando en diversos festivais como Clermon-Ferrand ou Alcalá de Henares.
Finalmente escribe e dirixe á súa primeira longametraxe en 2013, El árbol magnético, estreada na sección Nuevos Directores da 61a edición do Festival de San Sebastián.

lunes, 16 de noviembre de 2015

Venres 20 de novembro - Conducta

CONDUCTA
Venres 20 de novembro
Auditorio municipal de Carballiño
20:00 e 22:30
Idioma: español
Duración: 108’
Ano: 2014
País: Cuba




SINOPSE

Chala é un rapaz de once anos que vive nun ambiente de violencia, cunha nai adicta ás drogas e ao alcol, e cans de pelexa que adestra para soster o seu fogar.
Sen despoxarse da súa marxinalidade e conflitividade, acode á escola onde ten unha especial relación coa súa mestra Carmela.


FICHA TÉCNICA
Dirección: Ernesto Daranas
Guión: Ernesto Daranas
Produción: ICAIC
Dirección de Fotografía: Alejandro Pérez
Montaxe: Pedro Suárez
Música: Juan Antonio Leyva e Magda Rosa Galván


FICHA  ARTÍSTICA
Armando Valdés Freire
Alina Rodríguez
Silvia Águila
Yuliet Cruz
Idalmis Garcia
Amaly Junco
Armando Miguel Gómez
Miriel Cejas

Galardóns:

·   Festival de Málaga 2014: Premio do Público, Mellor Película Latinoamericana, Mellor Director Latinoamericano e Mellor Actriz Latinoamericana

O director, Ernesto Daranas 
(A Habana, Cuba, 1961)
Licenciado en Pedagoxía e Xeografía, iniciouse con éxito dende temperá idade na radio e escribiu de todo: crónicas, teatro, contos, series dramáticas e radionovelas, e posteriormente na televisión, onde foi guionista para contos e teleplays En 2004 elaborou o guión e codirixiu xunto a Natasha Vázquez o documental Los últimos gaiteiros de la Habana, gañador do Premio Internacional de Periodismo Rey de España. Tamén en 2004 Daranas dirixiu o telefilme ¿La Vida en Rosa?, do que elaborou o guión. Esta obra obtivo o Gran Premio do I Festival Nacional de Televisión de Cuba máis outros seis, incluíndo a Mellor Dirección e o Guión Orixinal, converténdose rapidamente nunha obra de culto dentro do audiovisual cubano.
A obra de Daranas sempre tratou dunha forma ou outra os problemas da sociedade habanera, como a prostitución, a pobreza ou a ausencia dos pais, causas que xeran gran cantidade dos problemas existentes na sociedade..Ditos elementos tamén estaban moi presentes na súa anterior película Los dioses rotos (2008).

miércoles, 11 de noviembre de 2015

VENRES 13:LA PROFESORA DE HISTORIA

LA PROFESORA DE HISTORIA

Venres, 13 de novembro,

20:00h (español) e 22:30h (Vose)

Auditorio Municipal

100'

2014

Francia

Idade mínima recomendada: 12 anos 

  

 

 

 

SINOPSE

Anne Gueguen é unha profesora de historia de instituto que ademais se preocupa polos problemas dos seus alumnos. Este ano, coma sempre, ten un grupo difícil. Frustrada polo seu materialismo e falta de ambición, desafíaos a participar nun concurso nacional sobre o que significa ser adolescente nun campo de concentración nazi. Anne usa toda a súa enerxía e creatividade para captar a atención dos rapaces e motivalos. A medida que o prazo se aproxima, os alumnos comezan a abrirse aos demais e crer en si mesmos.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Marie-Castille Mention-Schaar 
Guión: Marie-Castille Mention-Schaar e Ahmed Dramé 
Produción: Marie-Castille Mention-Schaar e Pierre Kubel 
Dirección de Fotografía: RMyriam Vinocour 
Deseño de Producción: Anne-Charlotte Vimont 
Montaxe: Benoît Quinon
FICHA ARTÍSTICA
Ariane Ascaride
Ahmed Dramé
Geneviève Mnich
Xavier Maly
Martin Cannavaro
Noémie Merlant
Stéphane Bak

 

TRAILER (español)
TRAILER(VOSE)
A directora, Marie-Castille Mention-Schaar (Francia)
Marie-Castille Mention Schaar comeza no cine como productora coas empresas Loma Nasha Films e Vendredi Films. Empeza a producir en 2003 con Monsieur N., de Antoine De Caunes, e posteriormente outras realizacións coma Tu vas rire mais je te quitte (2004) de Philippe Harel, Emmenez moi (2005) de Edmond Bensimon, ou Désaccord Parfait (2006) de Antoine De Caunes. En 2006 ademais de producir La Première étoile de Lucien Jean-Baptiste tamén escribe o guión. Xa en 2011, dirixe a súa primeira película, Ma première fois, unha comedia romántica entre dous adolescentes totalmente opostos que se enamoran un do outro. 
En 2012 fai Bowling na que o cuarteto de actrices Mathilde Seigner, Catherine Frot, Firmine Richard e Laurence Arne intenta evitar o peche dunha maternidade. Les héritiers, é a súa terceira longametraxe como directora.
Críticas
“Esta película é a crónica, e ao mesmo tempo a culminación dun heroico relato de épica adolescente.”
(Jordi Costa, El País)

“A directora realiza a proeza de recrear a evolución duns adolescentes que descobren o exterminio xudeu. Sen demagoxia nin farragosos discursos.”
(Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)

“Por moi coñecida que nos resulte a tapa do libro, nas súas páxinas hai un discurso moi belixerante e necesario respecto ao novo fascismo que nos está rodeando.”
(Fausto Fernández, Fotogramas)

E a próxima sesión: Conducta (Ernesto Daranas, 2014)

martes, 3 de noviembre de 2015

INTERSTELLAR VENRES 6 DE NOVEMBRO

INTERSTELLAR

Venres, 06 de novembro,

20:00h (español) e 23:00h (español)

Auditorio Municipal

169'

2014

Estados Unidos

Idade mínima recomendada: 12 anos







SINOPSE

Ao ver que a vida na Terra está chegando ao seu fin, un grupo de exploradores embárcase na que pode ser a misión máis importante da historia da humanidade e emprenden unha viaxe máis alá da nosa galaxia, na que descubrirán se nas estrelas pode haber un mundo que albergue o futuro da raza humana.




FICHA TÉCNICA
Dirección: Christopher Nolan
Guión:
Jonathan e Christopher Nolan
Produción:
Christopher Nolan, Lynda Obst e Emma Thomas
Dirección de Fotografía:
Hoyte van Hoytema
Deseño de Producción:
Nathan Crowley
Montaxe:
Lee Smith
Música:
Hans Zimmer
FICHA ARTÍSTICA
Matthew McConaughey
Ann Hathaway
Jessica Chastain
Casey Affleck
Michael Caine
David Gyasi
Wes Bentley
John Lithgow
TRAILER (español)
TRAILER(VOSE)
GALARDÓNS:
·    Oscars 2014: Mellores Efectos Visuais
Premios BAFTA 2014:Mellores Efectos Especiais Visuais
O director, Christopher Nolan
(Londres, Inglaterra, 1970)
Comeza a facer curtametraxes aos 7 anos xunto co seu pai, e tras estudar Literatura Inglesa na universidade de Londres, dirixe a súa primeira longametraxe cun presuposto de 6.000 dólares, Following (1998), que chama a atención en numerosos festivais de cine, o que fai que poida levar a cabo o seu seguinte proxecto: Memento (2000), co-escrita co seu irmán Jonathan Nolan, a partir de entón colaborador habitual na escritura dos guións dos seus filmes.
 
Encargado da renovación da mitoloxía do superheroe de DC Batman con tres películas, segue dirixindo outros proxectos persoais, coma El truco final (2006), Origen (2010) ou a propia Interstellar, pudendo apreciarse en todas elas características comúns coma a montaxe cruzada de accións paralelas, amplo campo visual cunha forte énfase nas localizacións e na arquitectura,
composición simétrica das imaxes ou finais abertos a interpretacións.

Críticas
  “Nolan semella un prosista empeñado en atopar a alma a través das matemáticas, en apuntar fórmulas precisas para describir a mecánica (cuántica) do corazón.”
(Noel Ceballos, Fotogramas)
 
“Cine cheo de espazo, pero tamén de espiritualidade, de apoteose e sentimento, con imaxes, paraxes, ideas e sensacións equiparables en espectacularidade e en pulso reflexivo.”
(E. Rodríguez Marchante, ABC)
 
“Fascinante polas súas brillantes imaxes e as reflexións que subxacen nelas.”
(Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)

 

E a próxima sesión: La profesora de historia  (Marie-Castille Mention-Schaar, 2014)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2017 - «Primavera musical»«Filmoteca CGAI» Chega a primavera……e un ano máis, a música de novo. A música do avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo,...
    Hace 2 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 3 años