lunes, 27 de octubre de 2014

Venres 31 de outubro: Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!

GUILLAUME Y LOS CHICOS, 
¡A LA MESA!
Título orixinal - Les garçons et Guillaume, á table!
(Francia, 2013)

Non recomendada para menores de 7 anos

85 MINUTOS

VENRES 31 DE OUTUBRO

20:00h (Versión en español) 
23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)

PREZO ENTRADAS: 
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS 
5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


Galardóns:
Premios Cesar 2014: 5 premios, incluíndo Mellor Película e Mellor Actor


SINOPSE

O primeiro recordo que teño da miña nai é de cando tiña catro ou cinco anos: chamábanos aos meus dous irmáns e a min dicindo “Nenos, Guillaume, ¡a cear!”, e a última vez que falei con ela por teléfono colgou dicindo “Cóidate, miña rapaza grande”. E entre eses dous momentos houbo un bo número de malentendidos.
Película biográfica con toques de comedia sobre o cineasta Guillaume Gallienne, centrándose na estreita   relación que tiña coa súa nai.


                                           
FICHA TÉCNICA
Dirección: Guillaume Gallienne
Guión: Guillaume Gallienne
Produción: Cyril Colbeau-Justin, Jean-Baptiste Dupont, Alice Girard e Edouard Weil
Dirección de Fotografía: Glynn Speeckaert
Deseño de Producción: Sylvie Olivé
Montaxe: Valérie Deseine
Música: Marie-Jeanne Severo
FICHA  ARTÍSTICA
Guillaume Gallienne
André Marcon
Françoise Fabian
Nanou Garcia
Diane Kruger
Götz Otto
Reda Kateb



Tráiler español


O director, Guillaume Gallienne 
(Neuilly-sur-Seine, Francia, 1972)
Actor francés que descobre o seu gusto pola comedia moi novo, tras licenciarse en Historia, comezando a estudar no Conservatorio Superior Nacional de Arte Dramático. Tras anos actuando en pequenos papeis e en anuncios para a televisión,  o gran público comeza a fixarse nel a raíz de Jet Set (2000), de Fabien Onteniente.
Ademais de actor, tamén toca outros medios: Radio, lendo texto para France Inter; ballet, escribindo o libreto de Calígula, para o bailarín Nicolas Le Riche e axudando na coreografía de Ilusiones Perdidas, para o ballet do Bolshoi; televisión, participando no programa de Canal + Le Grand Journal.
En 2008 estrea un espectáculo titulado Le garçons e Guillaume á table!, no que rememora con humor a súa infancia, a súa educación e os traumas que lle puideron crear. 5 anos despois, adapta ese espectáculo ao cine, obtendo 10 nominacións aos premios Cesar da Cinematografía Francesa, e recibindo os de Mellor Director e Mellor Actor.

lunes, 20 de octubre de 2014

Venres 24 de outubro: Enemy

ENEMY
(Canadá - España, 2013)

Non recomendada para menores de 12 anos

91 MINUTOS

VENRES 24 DE OUTUBRO

20:00h (Versión en español) 
23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)

PREZO ENTRADAS: 
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS 5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


Galardóns:

Festival de Sitges 2013: Gran Premio del Cine Fantástico Europeo



SINOPSE

Adam é un afable profesor de historia que leva unha vida bastante monótona. Un día, vendo unha película, descobre a un actor que é idéntico a el. Obsesionado coa idea de ter un dobre, a busca dese home terá consecuencias inesperadas.



FICHA TÉCNICA

Dirección: Denis Villeneuve
Guión: Javier Gullón, baseado libremente na novela de José Saramago El hombre duplicado
Produción: Niv Fighman e Miguel Ángel Faura
Dirección de Fotografía: Nicolas Bolduc
Deseño de Producción: Patricia Vermette
Montaxe: Matthew Hannam
Música: Danny Bensi e Saunder Jurriaaans
FICHA ARTÍSTICA

Jake Gyllenhaal 
Mélanie Laurent
Isabella Rossellini
Sarah Gadon
Joshua Peace
Jane Moffat
               
               

TRÁILER ESPAÑOL



TRÁILER VOSE


O director, Denis Villeneuve 
(Trois-Rivières, Québec, Canadá, 1967)

Abandonou os seus estudos de Ciencia para seguir o seu amor polo cine, entrando na Université du Québec. Xa de rapaz gañou o concurso de para cineastas novos de Radio-Canadá La Course Europe-Asie.
A pesar de debutar con Un 32 août sur terre (1998), no sería ata varias películas despois, con Polytechnique (2009), que chamou a atención internacional, refrendada posteriormente con Incendies, (2010), coa que obtén, entre outros, os premios á Mellor Película e Director nos premios da cinematografía Canadense, así como os Premios á Mellor Película e Guión no Festival Internacional de Valladolid.
No ano 2013, ademais de dirixir  Prisioneros (proxectada polo Cineclube a tempada pasada) , tamén dirixiu  Enemy, coa que obtén o premio Méliès de Prata no festival de Sitges.

lunes, 13 de octubre de 2014

IDA

IDA
(Polonia, 2013)

Non recomendada para menores de 7 anos

80 MINUTOS

VENRES 17 DE OUTUBRO

20:00h (Versión en español) 
23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)

ENTRADA INDIVIDUAL: 3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


Galardóns:

  • Premios David de Donatello 2013: Mellor Película Europea.
  •  Festival de Gijón 2013: Mellor Película, Mellor Actriz (Agata Kulesza), Mellor Guión e Mellor Dirección Artística.
  • Festival de Londres 2013: Mellor Película.
  • Premio FIPRESCI da crítica internacional no Festival Internacional de Cine de TORONTO

SINOPSE

Ana é unha xove novicia que na Polonia de 1960, a piques de tomar os seus votos como monxa, descobre un escuro secreto da familia, que data da terrible época da ocupación nazi.


Xunto á súa tía recentemente atopada, iniciarán unha viaxe na que ambas se enfrontarán coas consecuencias do pasado.


FICHA TÉCNICA

Dirección: Pawel Pawlikowski
Guión: Pawel Pawlikowski e Rebecca Lenkiewicz
Produción: Eric Braham, Piotr Dzjieciol e Ewa Puszczynska
Dirección de Fotografía: Lukas Zal e Tyszard Lenczewski
Deseño de Producción: Katarzyna Sobanska e Marcel Slawinski
Montaxe: Jarek Kaminski
Música: Kristian Selim Eidnes Andersen
FICHA ARTÍSTICA
                
Agata Kulesza
Agata Trzebuchowska
Joanna Kulig
Dawid Ogrodnik
Jerzy Trela
Adam Szyszkowski
Artur Janusiak
Halina Skoczynska
Mariusz Jakus
               
Máis información na web da distribuidora: 
http://www.caramelfilms.es/site/sinopsis/ida

TRÁILER EN ESPAÑOL




TRÁILER EN VOSE


O director, Pawel Pawlikowski 
(Mazowieckie, Varsovia, Polonia, 1957)

Licenciado en Literatura e Filosofía, con posgraduado en Oxford, Pawel Pawlikowski comezou no mundo audiovisual rodando documentais para a televisión británica.
Coa súa segunda película, Last Resort (2000) xa acada recoñecemento de crítica en numerosos festivais, como Sundance e Toronto, obtendo o Premio BAFTA da Academia Británica como Debutante Máis Prometedor. My Summer Love (2004) será a súa seguinte película.

Tras un parón de varios anos traballando na universidade Brookes de Oxford, retorna á dirección en 2011 con La mujer del quinto.

CRÍTICAS

 “Non sobra nin falta nada. Síntome hipnotizado de principio a fin (…) Cine moi bo, con estilo é aroma a tempos lonxanos.” (Carlos Boyero, El País)
“Soberbiamente fotografada nun branco e negro luminoso e cru, cada instante desvélase tan conmovedor coma certo, tan salvaxe coma elegante (…) É unha desas marabillas que de vez en cando e de puntillas alumean a carteleira.” (Luíz Martínez, El Mundo)
“Filmada coma un documental de estética expresionista, este película constitúe todo un agasallo visual e unha espléndida recreación de sentimentos alleos ao tempo.” (Lluís Bonet Mojica, La Vanguardia)


E o próximo venres: Enemy (Denis Villeneuve, 2013)

miércoles, 8 de octubre de 2014

Venres 10 de Outubro: Dallas Buyers Club

DALLAS BUYERS CLUB

Non recomendada para menores de 12 anos

117 MINUTOS

VENRES 3 DE OUTUBRO

20:00h (Versión Dobrada) 

23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)

ENTRADA INDIVIDUAL: 3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

Galardóns:

·   Oscar 2014: Mellor Actor Principal (Matthew McConaughey), Mellor Actor de Reparto (Jared Leto) e Mellor Maquillaxe e Estilismo.
·   Globos de Oro 2014: Mellor Actor Principal (Matthew McConaughey), Mellor Actor de Reparto (Jared Leto).
·   Festival Internacional de San Sebastián 2013: Premio Sebastián (Jean-Marc Vallée).
·   Festival de Roma 2013: Mariposa de Oro (Jean-Marc Vallée), Mellor Actor (Matthew McConaughey) e Premio do Público.


SINOPSE

Baseada na vida real de Ron Woodroof, un cowboy de rodeo texano drogadicto e mullereiro, a quen no ano 1986 lle diagnosticaron SIDA e lle prognosticaron un mes de vida. Empezou entón a tomar AZT, o único medicamento dispoñible naquela época e altamente tóxico.

Remiso a aceptar esa sentenza de morte, introdúcese no mundo dos fármacos clandestinos e acaba por converterse no maior promotor dun tratamento non aprobado legalmente, iniciando unha batalla contra a administración.








FICHA

Dirección: Jean-Marc Vallée
Guión: Craig Borten e Melisa Wallack
Produción: Robbie Brenner e Rachel Winter
Dirección de Fotografía: Yves Bélanger
Deseño de Producción: John Paino
Montaxe: Martin Pensa e John Mac McMurphy
Música: Varios


TÉCNICA

Título orixinal: Dallas Buyers Club
Ano: 2013
País: EEUU

               
FICHA
ARTÍSTICA
               
Matthew McConaughey
Jennifer Garner
Jared Leto
Steve Zahn
Dallas Roberts
Denis O’Hare
Griffin Dune
Kevin Rankin
Lawrence Turner

TRÁILER EN ESPAÑOL



TRÁILER EN VOSE



Crítica en Sermos Galiza (Andrés Castro)

O director Jean - Marc Vallée 
(Montreal, Quebec, Canada, 1963)

Director e guionista, debuta na dirección con Black List (1995), ademais de ocuparse do montaxe da mesma, pola que xa recibiu nove nominacións aos Premios Genie da cinematografía canadense. Tras dúas películas máis, escribe o seu primeiro guión, C.R.A.Z.Y. (2005), co que acada un éxito internacional de crítica e público, obtendo numerosos premios por todo o mundo.
Logo dun parón de catro anos, retorna con La reina Victoria (2009), nominada en varios festivais, incluído os Oscars, e que lle permite a súa protagonista, Emily Blunt, obter o Globo de Oro.
Café de Flore (2011) é a súa longametraxe previa a Dallas Buyers Club.



E o próximo venres: Ida (Pawel Pawlikowski, 2013)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Cine termal e mobilidade - Semana da mobilidadeCine nas termas Nas habituais citas de setembro, e antes do comezo da programación regular, que reiniciaremos en outubro, presentamos ...
    Hace 1 semana
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 4 años