martes, 30 de septiembre de 2014

EN LA FLOR DE LA VIDA (La fleur de l'âge)

EN LA FLOR DE LA VIDA


APTA PARA TÓDOLOS PÚBLICOS

83 MINUTOS

VENRES 3 DE OUTUBRO

20:00h (Versión Dobrada) 

23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)

ENTRADA INDIVIDUAL: 3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO



SINOPSE

Gaspard Dassonville ten 63 anos, pero vive como se fose máis novo. É un famoso produtor de TV, colecciona noivas trintañeiras, e négase a recoñecer signo algún de facerse vello.
Así as cousas, Gaspard verase na obriga de acoller na súa ao seu pai, que xa non pode vivir só, pero o indómito ancián fastidia os plans xuvenís do seu fillo. A chegada de Zana, unha extravagante coidadora de imaxinación galopante, remata por enfrontar a pai e fillo, pois cada un á súa maneira síntese atraído por ela.







     FICHA

Dirección: Nick Quinn
Guión: Andreia Barbosa
Produción: Laurent Lavolé
Dirección de Fotografía: David Quesemand
Deseño de Producción: Nicolas de Boiscuillé
Montaxe: Stephan Coutruier e Scott Stevenson
Música: Eric Neveux
 TÉCNICA

Título orixinal: La fleur de l’âge
Duración: 83’
Ano: 2012
País: Francia

FICHA ARTÍSTICA
               
Pierre Arditi
Jean-Pierre Marielle
Julie Ferrier
Audrey Fleurot
Artus de Perguern
Rasda Bukvic
Pierre Vernier
Elisabeth Vitali
Thibault Vinçon
              

TRÁILER ESPAÑOL

TRÁILER VO



O director, Nick Quinn (Francia)

De pai inglés e nai francesa, pasou os seus primeiros anos de vida en Inglaterra. Posteriormente fai os seus estudos de cine en Francia, na escola La Fémis. Tras licenciarse, comeza a dirixir documentais para a televisión.

A pesar de intentar outras áreas, como a dirección artística ou escribir guións (preferentemente en inglés), non acada a confianza de ningún produtor, ata que Laurent Lavolé xúntao coa guionista Andreia Barbosa. Desa unión xorde o proxecto de La flor de la vida, o seu debut cinematográfico.





E a próxima semana Dallas Buyers Club (Trailer en  español / Tráiler en VOSE)

domingo, 21 de septiembre de 2014

NYMPHOMANIAC II

NYMPHOMANIAC II


NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 18 ANOS

124 MINUTOS

VENRES 26 DE SETEMBRO

20:00h (Versión Dobrada) 

e

23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)

BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES

ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
                         

  
                            SINOPSE

Continúa a historia de Joe a ser contada a Seligman, centrándose agora na súa etapa madura.
Cóntanos como é a súa relación co seu marido, Jerôme e o seu fillo Marcel; como segue buscando novas experiencias sexuais; ou como incluso comeza ir a terapia.

E por outra banda, tamén coñeceremos algo máis de Seligman, que segue puntualizando as historias de Joe.







                       TRÁILER

 



CRÍTICAS INTERNET

CRÍTICAS ESPECTADORES

CRÍTICAS REVISTAS
FICHA TÉCNICA

Director: Lars Von Trier
FotografíaManuel Alberto Claro

O DIRECTOR

Lars Von Trier

(Cophenague, Dinamarca, 1956)
Criado nun ambiente cinéfilo, aos 11 anos xa filmaba amigos en producións caseiras.
Graduado na Escola de Cine de Copenhague, debuta co film The Element of Crime (1984). En 1987 dirixe Epidemic, pero será a súa terceira película, Europa (1991) a que consegue chamar a atención dos espectadores, así coma recoñecemento cinematográfico.
Porén, a súa seguinte obra será unha miniserie para a televisión danesa: Riget (El Reino), no ano 1994. No ano 1995, xunto co director Thomas Vinterberg, funda o colectivo Dogma 95, exhortando ó regreso a historias máis cribles na industria fílmica, apartándose dos efectos especiais e dirixíndose principalmente cara a un uso técnico mínimo. Así, cámara en man, dirixe Rompiendo las olas (1996) e Los idiotas (1998).

No ano 2000 afástase radicalmente do Dogma 95 con Bailar en la oscuridad, na que chega a usar máis de 100 cámaras dixitais fixas. Nun novo cambio de rumbo, no ano 2003 dirixe Dogville, película sen escenario, encadrada na súa triloxía sobre América (composta tamén por Manderlay (2005), e que completará con Washington, aínda sen data). Tras Anticristo (2009) e Melancolía (2011), presenta Nymphomaniac, obra dividida en dúas partes para a súa estrea comercial, pechando con ela a súa triloxía sobre a depresión.

lunes, 8 de septiembre de 2014

CICLO CINE INFANTO-XUVENIL (FESTAS SAN CIBRAO)

CICLO CINE INFANTO-XUVENIL

Como preámbulo dunha nova tempada en Cineclube Carballiño, este mes de setembro traemos, en colaboración coa Comisión de Festas do San Cibrao 2014, catro películas para todos os públicos.

HORARIO E PREZOS

Todas as sesións ás 17:30

Adultos: 2€
Nenos: 1€

PELÍCULAS

Domingo 14 - "La Lego Película"

Luns 15 - "Futbolín"

Martes 16 - "Cómo entrenar a tu dragón"

Mércores 17 - "Capitán América (El soldado de invierno)"

"LA LEGO PELÍCULA"

Digna para os máis nostálxicos, estas pequenas figuras formaron parte de moitas infancias e agora regresan en forma de película para toda a familia. Se es dos que disfrutabas delas como se non houbera un mañá, recomendámosche que volvas a revivir eses momentos de maxia e que, de paso, arrastres a toda a familia contigo a esta oportunidad única de velos na gran pantalla.



SINOPSE

Conta a historia de Emmet, unha figuriña LEGO absolutamente normal e fiel ás normas que é identificada por error como a persona máis extraordinaria e a clave para salvar ao mundo. Vese entonces inmerso nunha búsqueda épica para deter a un malvado tirano xunto a un grupo de descoñecidos, unha aventura para a que Emmet non está preparado en absoluto.




LUNS 15 - FUTBOLÍN

O invento galego por predilección xa ten a súa película. Moitas tardes pasaron competindo ó redor deste xenial xogo.


 SINOPSE

Amadeo é un rapaz tímido e virtuoso que deberá enfrontarse sobre o campo de fútbol, a un habilidoso rival, coñecido co apodo de "El Crack". Para iso, contará coa inestimable axuda duns xogadores de futbolín liderados por Wing, un carismático extremo dereito. As aventuras de Amadeo e os jugadores terán como telón de fondo non só o fútbol, senón tamén o amor, a amizade e a paixón.


MARTES 16 - CÓMO ENTRENAR A TU DRAGÓN

Vikingos e dragóns fan a combinación perfecta para unha película de 98 minutos de entretemento sen fin. Cunha nota de 7,3 en Filmaffinity, está película convértese nunha excelente elección para a tarde do martes.


SINOPSE

Ambientada no mítico mundo dos rudos vikingos e os dragóns salvaxes, e basada no libro infantil de Cressida Cowell, esta comedia de acción narra a historia de Hipo, un vikingo adolescente que non  encaixa exactamente na antiquísima reputación da súa tribu de cazadores de dragóns. O mundo de Hipo trastócase ao atopar un dragón que o desafía a el e aos seus compañeiros vikingos a ver o mundo desde un punto de vista totalmente diferente.




MÉRCORES 17 - CAPITÁN AMÉRICA (O Soldado de Inverno)

Segunda parte dunha das mellores películas de superheroes Marvel deste ano. Se es fan destas sagas, non a podes perder.


SINOPSE

Tralos devastadores acontecementos acaecidos en Nova Iork con "Los Vengadores", Steve Rogers, alias "O Capitán América", vive tranquilamente en Washington D.C. intentando adaptarse ao mundo moderno. Pero cando atacan a un colega de S.H.I.E.L.D., Steve vese envolto nunha trama de intrigas que representa unha ameaza para o mundo. Unirase entón á "Viuva Negra" para desenmascarar aos conspiradores. Cando por fin descubren a magnitude da trama, unirase a eles "O Falcón". Os tres terán que enfrontarse a un inimigo inesperado e extraordinario: "O Soldado de Inverno"






E estas son as 4 películas que nos acompañarán durante as Festas do San Cibrao e farán as delicias de todos os membros da familia. Diversión e acción a raudais. Unha combinación gañadora. ;)

E, recordade cinéfil@s, en o 26 deste mes vémonos as caras de novo con "Ninphomaniac II".

:) Unha forte aperta e a disfrutar de cada momento. :)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación de maio a xuño de 2017 - «ciclo Magníficos»Filmoteca CGAIExtra: III ciclo de Cinema e Medicina Despois da primavera, podes escoller entre o que está a florecer, ou sexa; elixir en...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 3 años