lunes, 26 de mayo de 2014

Maraton de Cine en Carballiño

MARATON DE CINE EN CARBALLIÑO
VENRES 30 DE MAIO
Das 18:00 ás 04:00
Auditorio Municipal de Carballiño


martes, 20 de mayo de 2014

Venres 23: Shoots From Abyssinia

SHOOTS FROM ABYSSINIA

(2012)
Tódolos públicos
101 MINUTOS 

  VENRES 23 DE MAIO

20:00 horas E 23:00 horas


BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES

 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES


AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

SINOPSE
Abdul, o protagonista, é un neno de 15 anos que vive en Galicia e que decide viaxar á súa terra despois de 4 anos residindo en Europa. O seu pai dálle un libro, Historia da Etiopía escrito en portugués hai 400 anos polo frade castelán Pedro Páez.
O rapaz empregará este libro como guía perseguindo os pasos do autor. Pouco a pouco a presenza da sombra, do espírito de Pedro Páez, faise máis real, máis latente. Tamén se vai facendo máis real, máis latente, Etiopía.
A historia, planeada como viaxe iniciática, chega ó clímax cando finalmente descubre as fontes do Nilo, aquelas que Pedro Páez, 400 anos atrás, descubrira para o mundo. O simbólico bautismo naquelas augas funde lenda e realidade dun neno co seu país, co seu río, coa vida.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Ovidio Fernández
Guión: Ovidio Fernández
Produción: Catarina Fernández Fondevila
País: España

jueves, 8 de mayo de 2014

Venres 9: Torreiros

torreiros

(2013)
Tódolos públicos
73 MINUTOS 

  VENRES 9 DE MAIO

20:00 horas E 23:00 horas


BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES

 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES


AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


SINOPSE


Este documental trata de recordar, e homenaxear, os homes e mulleres que desempeñaron o antigo oficio de fareiros, a punto de extinguirse pola aparición de novos sistemas de navegación: do faro-sinal visual, alimentado por lámpadas de petróleo, pasouse ao faro eléctrico como soporte/axuda á navegación e despois ao GPS e outros sistemas inarámicos. Os homes e as mulleres que se adicaron a este oficio tradicional, cuxa intervención era indispensable ao principio, foron substituídos, paulatinamente, por sistemas automáticos.
Nunha viaxe por terra e mar aos faros máis representativos de Galiza, daremos voz aos últimos torreiros en activo. Este percorrido polos faros galegos servirá tamén para poñer en valor o patrimonio arquitectónico, que ten a súa identidade construtiva, e que rematou por definir unhas paisaxes físicas de gran valor ecolóxico e turístico.



FICHA TÉCNICA
Dirección: Pablo Ces
Guión: Pablo Ces
Dirección de Fotografía: Pepe Brey
Montaxe: Pablo Ces
Produción Musical: Luís Varela
País: España

FICHA ARTÍSTICA
Narración: Luís Iglesia


“Tecnicamente, loxicamente xa non fai falta un fareiro nas formas que houbo antes. Pero dende o punto de vista de que haxa alguén que conserve o patrimonio histórico e cultural tan bonito que temos, que alí vivan os torreiros ou os fareiros – como se lles queira chamar- evítase o vandalismo e que se destrúan os faros, porque polo feito de vivir alí xa os coidan. E ó mesmo tempo pode levar a asistencia técnica do mesmo, como antigamente. E xa só por isto, vale a pena.”
Pablo Ces

E a próxima sesión: Música e cine con Celina Tavares

jueves, 1 de mayo de 2014

PROGRAMACIÓN MAIO 2014

No Cine Club Carballiño temos un mes de maio adicado ao audiovisual galego, xa que integramos as nosas actividades dentro do Orcellón fala e canta, organizado pola asociación cultural Avantar. Teremos pelis, documentais, concertos, presentación de libros, títeres, e tamén un maratón de cine con fines solidarios, adicado a recadar fondos para a Banca Ética Fiare, coa que xa colaboramos noutras ocasións. 


Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • programación febreiro 2017 - «ciclo Europa era unha Vaca»Extra: III ciclo de Cinema e Medicina Máis seguimos aquí (sen dar resposta aos desafíos que asolagan á vella Europa) e tampouc...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 3 años