martes, 29 de abril de 2014

Fendorelha

FENDORELHA

2013 - galego
  VENRES 2 DE MAIO

20:00 horas (coa presenza do director) e 23:00 horas


BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES / PARADOS / XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES

 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES / PARADOS / XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES / PARADOS / XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES



AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


SINOPSE
  
Este relato crítico apoiase en tres personaxes: 
O primeiro é un fotógrafo cego que percorre Galiza denunciando o feísmo, mais a súa afección oculta é a maxia. 

O segundo é un fareiro e antigo capitán de navío que, ó ficar sen traballo emprégase nun tanatorio coma tanatoplasta. A súa verdadeira e 
tamén oculta paixón é compoñer cancións. 

O terceiro é un contable que coa crise da construción procurou traballo como repartidor de butano, pero que soña con ser poeta. 

Con esta trama, trátase de denunciar un dos pecados “capitais”: a ambición humana. 




Información adicional
"O fin da película Fendorelha é denunciar a ambición humana"
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/11/14/pelicula-fendorelha-denunciar-ambicion-humana/914060.html

Fendorelha denuncia en Marín a ambición humana
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/02/07/fendorelha-denuncia-marin-ambicion-humana/962658.html

O pontevedrés Augusto Fontám ficha ao Gran Wyoming para Fendorelha
http://galiciagastronomica.galiciae.com/nova/164947.html?lang=es

REPARTO ARTÍSTICO 

Alberto Angulo
 Xiana Díaz
 Xabier Castro
 Alfonso Lima (Pindoulo)
 Ángel Martínez Blas
 Josefa Freiria
 José Guimeráns

 E coa colaboración especial de: 

 El Gran Wyoming
 Leo Bassi 


FICHA TÉCNICA
Dirección: Augusto Fontám 
Guión: Augusto Fontám 
Dirección de Fotografía: Aquilino Valiño
Deseño Gráfico: Kiko da Silva
Montaxe: Nacho Limetre
Selección Musical: Rafa Carballo
Banda sonora: Debuxos Reanimados 



O DIRECTOR

Augusto Fontám

(Pontevedra, 1953)


Xa dende moi novo sinte atracción pola expresión artística como forma de comunicación, comezando a realizar cine doméstico e debuxando, aínda que será despois de sufrir unha catarses no ano 1977 no que procede a queimar todos os debuxos feitos ate o momento, cando inicie o seu particular camiño no ano 1979 asumindo o seu persoal compromiso có seu tempo e coa súa terra, Galiza. O seu traballo multidisciplinar no eido da cultura lévao á construción dun discurso moi particular que o autor aplica á comunicación, por medio da pintura, o debuxo, a poesía, o cine e os documentais, sendo a totalidade das súas expresións artísticas non aptas para o consumo de masas.

Obra poética (dez poemarios):
1. ARQINGUM 
2. CARTILAGUM 
3. CARNE CRÚA, dura-lex,efímero 
4. QUINIM-DIOLA 
5.TERRAMINIUM 
6. LUCANUS 
7. AS ESPINHAS, para os ghatos 
8. VESTIGIUM 
9. CICATRIZES, da pedra 
10. ÁGUA, para elefantes 

Obra audiovisual: 
documentais : VENTO GALEGO (colección 10 dvds) 
 AVENTAR (colección 10 dvds ) 
curtametraxes :
É O QUE DÁ FAZER MÍSTURAS 
NECROSE 
GALEG@ ceiva @ rapos@ que levas dentro 
A FRATERNIDADE DOS CÍCLOPES 
FENDORELHA 

miércoles, 23 de abril de 2014

VENRES 25: STOCKHOLM

STOCKHOLM

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE16 ANOS 


  90 MINUTOS

  VENRES 25 DE ABRIL

20:00 horas E 23:00 horas


BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES

 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES



AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


SINOPSE
  
Unha noite, nunha discoteca, ves unha rapaza, namóraste de maneira fulminante e disllo. Aínda que non che fai moito caso, pasas con ela o resto da noite e terminades na cama. ¿Qué pasaría se ó día seguinte non fose a rapaza que semellaba ser?

Unha noite, nunha discoteca, acercáseche o típico rapaz que  di que se namorou de ti. Non lle fas moito caso, pero despois comprobas que non é o típico plasta: é simpático, encantador e realmente vense de namorar de ti, así que pasas a noite con el.

¿Qué pasaría se ó día seguinte non fora en absoluto o rapaz que semellaba ser?

 


   

Galardóns/Nominacións (Click para máis info)

Premios Goya 2013: Mellor Actor Revelación (Javier Pereira)
Festival de Málaga 2013: Mellor Actriz (Aura Garrido) e Guión Novel



O DIRECTOR

Rodrigo Sorogoyen

(Madrid, España, 1981)

Licenciado na ECAM na especialidade de guión, comezou a traballar dende moi novo como guionista e dialoguista en series na pequena pantalla. Pero é no ano 2007 cando obtén a oportunidade de escribir e dirixir xunto a Peris Romano a película 8 citas, estreada en 2008 cunha gran acollida por parte do público e da crítica.

Despois comeza a traballar como guionista e director na produtora Isla de Babel en series como Impares ou La pecera de Eva. O seu segundo guión en solitario, 25, está en fase de financiación e ten un terceiro guión, Impossible Germany, escrito xunto a Daniel Remón.

jueves, 10 de abril de 2014

SÁBADO 12 - DOMINGO 13: TURBO

TURBO


RECOMENDADA PARA TODOS LOS PÚBLICOS  
96 MINUTOS

  SÁBADO 12 E DOMINGO 13 DE MARZO

  18:00 horas

ENTRADA A 3€ PARA TODOS OS PÚBLICOS
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO



                                 SINOPSE 
Turbo é un caracol de xardín cun soño imposible: converterse no caracol máis rápido do mundo. Cando un estraño accidente lle dá o poder da super-velocidade, Turbo intentará conseguir o seu soño. Primeiro farase amigo dunha peculiar panda de caracois de rúa tuneados e obsesionados coa velocidade. E alí, Turbo, aprenderá que ninguén chega a ter éxito por si só. 

Así que coloca o seu corazón e a súa concha na liña de saída, disposto a axudar ós seus colegas a lograr os seus soños, antes mesmo de intentar alcanzar o seu: gañar as 500 millas de Indianápolis. 



CRÍTICAS INTERNET  
http://www.hobbyconsolas.com/reviews/critica-turbo-58043
http://www.labutaca.net/criticas/turbo-rapido-y-baboso/

CRÍTICAS ESPECTADORES
http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/146826.html

CRÍTICAS REVISTAS 

http://cinemania.es/criticas-de-cine/turbo
http://www.fotogramas.es/Peliculas/Turbo/Critica

REPARTO DOBRAXE
 (Pincha na páxina web para coñecer os dobradores)
http://www.eldoblaje.com/datos/FichaPelicula.asp?id=39271
  
FICHA TÉCNICA
Dirección: David Soren
Guión: Darren Lemke, David Soren e Robert D. Siegel
Música: Hanry Jackman
Ano: 2013
Idioma: Español

martes, 8 de abril de 2014

VENRES 11: OH BOY

OH BOY


NON RECOMENDADA PARA MENORES DE12 ANOS 

  85 MINUTOS

  VENRES 11 DE ABRIL

  2O:00 horas E 23:00 horas

 

VERSIÓN ORIXINAL SUBTITULADA


BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES
 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
A sorte semella terlle dado as costas a Niko Fischer: a súa moza cansou dos seus remoloneos, o pai ninguneao, e o psicólogo acaba de declaralo emocionalmente inestable. Nin sequera pode conseguir, a pesar dos repetidos intentos, un mísero café co que sustituir o alcohol que antes afogaba os seus medos. Tal vez a esperanza de atopar o seu sitio no mundo empúxao a vagabundear por un Berlín en branco e negro a ritmo de jazz, vivindo unhas 24 horas de lugar a lugar, de encontro a encontro, cada un máis pintoresco que o anterior.

Galardóns/Nominacións(Click para máis info)

6 Premios do Cine Alemán: Incluindo mellor película, director e guión
Festival de Sofía: Mellor película
Premios do Cine Europeo: Premio Discovery. e 3 nominacións.




CRÍTICAS REVISTAS
 
REPARTO ARTÍSTICO 
(Click no nome da actriz/actor para máis info)
Tom Schilling, Marc Hosemann, Friederike Kempter, Justus von Dohnányi, Michael Gwisdek, Katharina Schüttler, Arnd Klawitter, Martin Brambach, Andreas Schröders, Ulrich Noethen, Frederick Lau, Steffen C. Jürgens

FICHA TÉCNICA

 

Director: Jan Ole Gerster


Guión: Jan Ole Gerster


Fotografía: Philipp Kirsamer (B&W)

Música: The Major Minors, Cherilyn MacNeil

O DIRECTOR

Jan Ole Gerster

(Hagen, Alemaña, 1978)
 
 
 
Director e guionista alemán, que debuta con esta película como director tras rematar os seus estudosde guión e dirección na academia alemana de películas e televisión de Berlín e facer variascurtametraxes e escribir algúns capítulos de series de televisión.

Cando cheguei a Berlín sentinme raro, pasei unha época moi solitario e dalgunha forma, plásmoo neste filme
 
Jan Ole Gerster

miércoles, 2 de abril de 2014

VENRES 4: LA VENUS DE LAS PIELES

LA VENUS DE LAS PIELES


NON RECOMENDADA PARA MENORES DE16 ANOS 

96 MINUTOS

  VENRES 4 DE ABRIL

  2O:00 horas E 23:00 horas


BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES
 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

SINOPSE

Despois dun día de audicións a actrices para a obra que vai presentar, Thomas laméntase da mediocridade das candidatas; ningunha ten a talla necesaria para  o papel principal. Nese momento chega Vanda, un bulebule de enerxía que encarna todo o que Thomas detesta: é vulgar, atolondrada e non retrocedería ante nada para obter o papel.

Pero cando Thomas a deixa probar sorte, queda perplexo e cativado pola metamorfose que experimenta a muller: comprende perfectamente o personaxe e coñece o guión de memoria.

 

 

 

Galardóns/Nominacións

Premios César: Mejor director. 7 nominacións, incluindo Mellor película






CRÍTICAS REVISTAS


REPARTO ARTÍSTICO 
(Click no nome da actriz/actor para máis info)
Mathieu Amalric, Emmanuelle Seigner

FICHA TÉCNICA

 

Director: Roman Polanski


Guión: Roman Polanski e David Ives (Teatro: David Ives)


Fotografía: Pawel Edelman

Música: Alexandre Desplat

O DIRECTOR

Roman Polanski

(París, Francia, 1933)
Nado en París, retorna á terra dos seus pais, Polonia, dous anos antes do comezo da segunda guerra mundial. Polanski fuxe do gueto e sobrevive vagando por Polonia vivindo con diferentes familias.
Así entra en contacto có mundo do cine tamén, e no ano 1950 comeza a súa carreira como actor, antes de entrar a estudar na Escola de Cine de Lodz. Xa nas súas primeiras curtas mostra o seu gusto polo humor negro e o seu interese polas relacións humanas peculiares.
A súa primeira longametraxe, El cuchillo en el agua (1962), é a primeira película polaca dende a guerra que non trata ese tema. Marcha de Polonia a Francia e logo a Inglaterra, onda roda Repulsión (1965) e Callejón sin salida (1966), gañadoras, respectivamente, do Oso de prata e ouro do Festival de Cine de Berlín.
Continúa unha exitosa carreira, nos Estados Unidos e en Europa, con películas como La semilla del diablo, Chinatown, El baile de los vampiros, Tess ou La muerte y la doncella. No ano 2003 gaña o Oscar ó mellor director por El pianista.

PROGRAMACIÓN ABRIL 2014

PROGRAMACIÓN ABRIL 2014

Coma pretendemos convertir en costume, esta é a entrada coa información de tódalas pelis do mes e dos bonos que tedes á vosa disposición. Se es novo por estes lares comentarche que prácticamente tódolos venres de cada mes, a excepción dalgún no que o Auditorio pode estar ocupado con outra actividade desde finais de setembro a finais de xuño proxectamos unha película. Para poder ver ditos filmes hai varias maneiras que procedemos a describir. Ti podes escoller a que máis che conveña:
  • Pagamento de unha sóa cuota anual por 60€ coa cal tes dereito a tódalas* películas que botemos durante a tempada. Isto compénsalle tan só os traballadores. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha cuota mensual de 5€ se es estudante (E), parado (P) ou xubilado (X) ou 10€ se es traballador (T). Así terás dereito ao visionado de tódalas* películas que proxectemos ese mes. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha única entrada por 2,5€ para E,P ou X ou por 5€ para T.
  • NOVIDADE!!! Este ano incluímos a posibilidade de poder mercar bonos de películas, isto é que podes mercar un bono de catro películas xuntas (a usar nos filmes que desexes) e agasallámoste cunha quinta película totalmente de balde! O custo destes bonos son de 10€ para E,P ou X ou 20€ para T.* Este bono é completamente transferible e incluso o podedes mercar entre varios e así aforrar. Por exemplo, un grupo de 5 amigos pode mercar un bono e gastalo no mesmo filme ou unha persoa o pode mercar e regalarllo a outra.
* O bono non inclue peliculas que se proxecten dentro de algún posible ciclo de varios días.
 As películas deste mes de Xaneiro son as seguintes.

OH BOY (VOSE) (Venres 11)
TURBO (Sábado 12 e Domingo 13)
STOCKHOLM (Venres 25)
LA VENUS DE LAS PIELES (Venres 4)

Despois dun día de audicións a actrices para a obra que vai presentar, Thomas laméntase da mediocridade das candidatas; ningunha ten a talla necesaria para  o papel principal. Nese momento chega Vanda, un bulebule de enerxía que encarna todo o que Thomas detesta: é vulgar, atolondrada e non retrocedería ante nada para obter o papel.

Pero cando Thomas a deixa probar sorte, queda perplexo e cativado pola metamorfose que experimenta a muller: comprende perfectamente o personaxe e coñece o guión de memoria.




OH BOY (VENRES 11)

Niko (Tom Schilling) é un xoven vinteañeiro que abandona a universidade e acaba vagando polas rúas de Berlín. Celebrada ópera prima, en branco e negro, que trata sobre o desexo de participar na vida e a dificultade para atopar un lugar no mundo.

 



TURBO (SÁBADO 12 e DOMINGO 13)

Turbo é un caracol cun sono: converterse no caracol máis veloz do mundo. Cando un extraño accidente otórgalle super - velocidade, Turbo intentará cumplir o seu sono. O primeiro paso será conseguir amigos que o axuden a chegar a ser o mellor e, así, aprender que ninguén chega a ter éxito sen axuda dos demáis. O mesmo tempo que vai axudando os seus amigos a cumprir os seus sonos de grandeza, el cumplirá o seu: gañar as 500 millas de Indianápolis





STOCKHOLM (VENRES 25)

Unha noite, nunha discoteca, ves a unha moza, enamóraste fulminantemente e decláraste. Inda que non che fai moito caso, pasas con ela o resto da noite e durmides xuntos. ¿Qué ocurriría se, o día seguinte, non fora a rapaza que parecía ser?

Unha noite, nunha discoteca, acércase o típico mozo que che di que se acaba de namorar de ti. Non lle fas caso, pero logo comprobas que non é o típico plasta, é simpático, encantador e realmente acábase de namorar de ti, así que pasas a noite con el. ¿Qué ocurriría se o día seguinte non fora en absoluto o rapaz que parecía ser?

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2017 - «Primavera musical»«Filmoteca CGAI» Chega a primavera……e un ano máis, a música de novo. A música do avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo,...
    Hace 2 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 3 años