lunes, 27 de enero de 2014

LA VIDA DE ADELE VENRES 31

LA VIDA DE ADELE

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS

  180 MINUTOS

VENRES  31 de XANEIRO de 2013  
19:30 e 23:00

BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES
 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES  
BONO DE 5 PELICULAS:10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


                                              SINOPSE

 

 

Aos 15 anos, Adèle non ten dúbidas de que é unha rapaza que debe saír con rapaces. O problema é que sí ten dúbidas sobre a súa sexualidade. Por iso, cando unha  noite coñece e namórase sen esperalo de Emma, unha rapaza co pelo azul, os seus sentimentos e a súa identidade volveranse confusos. E a súa atracción por unha muller que comeza a descubrirlle o desexo e o camiño cara á madurez, someterán a Adèle a unha serie de xuízos por parte de familiares e amigos.

 

 

 

 

 

 

Galardóns

(Click en cada premio para máis información)

 

Festival Internacional de Cannes: Palma de Ouro
Festival Internacional de San Sebastián: Premio Fipresci
Festival Británico de Cine Independente: Mellor película internacional
Premios dos Críticos de Cine de New York: Mellor película estranxeira


CRÍTICAS ESPECTADORES
http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/361182.html?orderby=1

CRÍTICAS REVISTAS
http://cinemania.es/criticas-de-cine/la-vida-de-adele
http://www.fotogramas.es/Peliculas/La-vida-de-Adele/Critica


REPARTO ARTÍSTICO
(Click no nome da actriz/actor para máis info)
Adèle Exarchopoulos, Léa Seydoux, Salim Kechiouche, Mona Walravens, Jeremie Laheurte, Alma
Jodorowsky, Aurélien Recoing, Catherine Salée, Fanny Maurin, Benjamin Siksou, Sandor Funtek, Karim Saidi


FICHA TÉCNICA

Director: Abdellatif Kechiche

Guión: Abdellatif Kechiche, Ghalya Lacroix (Novela gráfica: Julie Maroh)

Fotografía: Sofian El Fani

 

O DIRECTOR

Abdellatif Kechiche

(Tunez, Tunisia, 1960)



Actor, director de cine e guionista tunesino. A súa ópera prima como director foi La culpa la tiene Voltaire (La Faute à Voltaire), no ano 2000. Tamén dirixiu La escurridiza (L'Esquive), no ano 2003, que obtivo os premios César ao Mellor Director e á Mellor Película. Presentou en 2007 Cuscús (La graine et le mulet) na 64ª Mostra de Venecia, pola que gañou o Gran Premio Especial del Jurado, ademais de volver a gañar os César como mellor director e por mellor longametraxe. Gañou, con La vie d'Adèle, a Palma de Oro, o premio á mellor película del Festival de Cannes 2013 e tamén o premio FIPRESCI.

lunes, 20 de enero de 2014

SÉPTIMO. VENRES 24

SÉPTIMO

No recomendada para menores de 12 años
  84 MINUTOS
VENRES  24 DE xaneiro DE 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS:10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


                 SINOPSE 

Un pai e os seus dous fillos xogan a ver quen chega primeiro á rúa dende un sétimo piso: se o pai no ascensor ou os fillos polas escaleiras. Cando o pai chega á planta baixa, os rapaces non aparecen, non hai rastro deles.

 

Comeza entón unha busca frenética por parte do pai e da nai.





CRÍTICAS INTERNET

http://losinterrogantes.com/cine/critica-de-la-pelicula-septimo-con-ricardo-darin-y-belen-rueda




CRÍTICAS ESPECTADORES


REPARTO ARTÍSTICO
(Click no nome da actriz/actor para máis info)


FICHA TÉCNICA

Director: Patxi Amezcua
Guión: Patxi Amezcua, Alejo Flah
Fotografía: Lucio Bonelli
Música: Roque Baños

O DIRECTOR

Patxi Amezcua
(Pamplona,España, 1968)



Licenciouse en Periodismo na Universidade de Navarra. Tras pasar pola Universidade de California (UCLA) para cursar estudos de guión de cine, iniciou a súa carreira profesional como guionista, traballando para productoras como Columbia Films, DeAPlaneta, El Toro Films, Icónica, Elías Querejeta, Vaca Films e Morena Films, entre outras, e desempeñando esta labor nas longametraxes Bruc (2010), Trastorno (2006) e El viaje de Arián (2001).

En 2009 debutou coma director de cine con 25 KILATES, un proxecto baseado nun guion propio. A película foi presentada internacionalmente no Festival de Toronto e obtivo o Variety Critics Choice Award como unha das 10 mellores óperas primas europeas do ano. Séptimo é a súa segunda longametraxe.

Como autor teatral, Amezcua está completando unha triloxía sobre a corrupción que comezou con 19:30, estreada no Teatro Arriaga de Bilbao en 2010, e que continua con 14 del 7, obra que concluiu recentemente.
 
 

martes, 14 de enero de 2014

CANÍBAL VENRES 17

CANÍBAL

No recomendada para menores de 16 años
  116 MINUTOS
VENRES  17 DE xaneiro DE 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS:10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

 

SINOPSE

 

Carlos é o xastre máis prestixioso de Granada. Un home respectable. As súas paixóns son o traballo e sobre todo a comida, pero non come calquera cousa: aliméntase de mulleres descoñecidas, coas que non ten ningún tipo de vínculo emocional.

Esta situación cambia o día que coñece a Nina, unha rapaza romana que busca desesperadamente á súa irmá xemelga, que desaparecera uns días atrás.

 

 

 

Galardóns

Festival de San Sebastián 2013: Mellor Fotografía


 




  REPARTO ARTÍSTICO
(Click no nome da actriz/actor para máis info)

Antonio de la Torre, Olimpia Melinte, María Alfonsa Rosso, Manolo Solo, Delphine Tempels, Joaquín Núñez, Yolanda Serrano, Gregory Brossard

FICHA TÉCNICA

Director: Manuel Martín Cuenca
Guión: Manuel Martín Cuenca, Alejandro Hernández (Novela: Humberto Arenal)
Fotografía Pau Esteve Birba 
Montaxe: Ángel Hernández Zoido

O DIRECTOR

Manuel Martín Cuenca (Almería,España, 1964)

Manuel Martín Cuenca estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Granada e licenciouse en Ciencias da Información na Complutense de Madrid.

En 1988 comeza a traballar profesionalmente no cine como asistente de dirección, script e director de reparto, colaborando con directores como Alain Tanner, José Luis Cuerda, Icíar Bollaín ou José Luis Borau.
En 1999 comeza a escribir e dirixir as súas propias películas, traballando tamén coma profesor de dirección e interpretación en diferentes escolas de cine de España e Cuba.
Debuta nas longametraxes en 2001 co documental El Juego de Cuba, que gaña numerosos premios internacionais.
En 2003 dirixe a súa primeira película de ficción, La flaqueza del bolchevique.
Dous anos máis tarde, en 2005, estrea Malas Temporadas.




En 2009 presenta no Festival de Málaga de Cine Español un novo documental, como director e co- guionista: Últimos Testigos: Carrillo Comunista, que é nominado ao Goya ao Mellor Documental e obtén o premio Cartelera Turia ao Mellor Documental do ano.
En 2010 estrea La mitad de Óscar.

miércoles, 8 de enero de 2014

ENTREPARADAS

entreparadas

Para todos os públicos
  62 MINUTOS
VENRES  10 DE xaneiro DE 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS:10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Entreparadas cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. A longametraxe fixa a súa mirada en Jose, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas provenientes de diferentes colectivos (asociación contra o cancro, centro psiquiátrico, unidade de violencia de xénero, vítimas de accidentes de tráfico, aula municipal do maior, discapacitados AIXIÑA, menores con medidas xudiciais e outros voluntarios/as). 
 
Unha idea: un grupo de teatro "invisible" que actúa por sorpresa nos autobuses urbanos. Un soño: Aplausos, emocións, tolerancia, convivencia, cultura e unha forte mensaxe social chega a moitos viaxeiros entre parada e parada dos autobuses de mans dos 16 actores e actrices. A Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galicia  móstranos un proxecto solidario.


FICHA TÉCNICA

Dirección: Toño Chouza
Guión: Toño Chouza
Producción: P(A)T Galiza
Dirección de Fotografía: Pablo Chouza Deseño de Producción: María Liaño Montaxe: Toño Chouza e Jorge Coira
Música: Nico Casal e Sonoro Maxín
Título orixinal: Entreparadas
Duración: 62’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español e galego

Entreparadas // On the bus (trailer) from Toño Chouza on Vimeo.

O director, Toño Chouza

Licenciado en Dirección de Cine pola ESCAC (Escuela Superior de Cine y Audiovisuales de Cataluña) tras licenciarse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, completa a súa formación con diversos cursos e Clases Maxistrais impartidas por directores como David Trueba, George A. Romero ou Joe Dante. Director de comerciais para FOX TV, TCM ou Alain Afflelou, dirixiu tamén curtametraxes premiadas en certames como Curtas na Rede, FECIDISCOVI (Madrid), Minute Festival (Brasil) ou no European Microfilm FestivaL.

Galardóns

Mellor Película


Silvia Adán         Teresa Dasilva         Maguett Anne         Marisol Delgado    
     
 Felisa Nchama        José Manuel Prado       

Félix González       Sonia Ferro       Adrián Fernández    
   
 Natalia Salgado        José Pérez        Mª Mar Rodríguez     
      
Olga González      Eva María Salgado      Beatriz Docabo      Félix Estévez       

lunes, 6 de enero de 2014

Programación Xaneiro 2014

PROGRAMACIÓN XANEIRO 2014

Coma pretendemos convertir en costume, esta é a entrada coa información de tódalas pelis do mese dos bonos que tedes á vosa disposición. Se es novo por estes lares comentarche que prácticamente tódolos venres de cada mes, a excepción dalgún no que o Auditorio pode estar ocupado con outra actividade desde finais de setembro a finais de xuño proxectamos unha película. Para poder ver ditos filmes hai varias maneiras que procedemos a describir. Ti podes escoller a que máis che conveña:
  • Pagamento de unha sóa cuota anual por 60€ coa cal tes dereito a tódalas* películas que botemos durante a tempada. Isto compénsalle tan só os traballadores. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha cuota mensual de 5€ se es estudante (E), parado (P) ou xubilado (X) ou 10€ se es traballador (T). Así terás dereito ao visionado de tódalas* películas que proxectemos ese mes. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha única entrada por 2,5€ para E,P ou X ou por 5€ para T.
  • NOVIDADE!!! Este ano incluímos a posibilidade de poder mercar bonos de películas, isto é que podes mercar un bono de catro películas xuntas (a usar nos filmes que desexes) e agasallámoste cunha quinta película totalmente de balde! O custo destes bonos son de 10€ para E,P ou X ou 20€ para T.* Este bono é completamente transferible e incluso o podedes mercar entre varios e así aforrar. Por exemplo, un grupo de 5 amigos pode mercar un bono e gastalo no mesmo filme ou unha persoa o pode mercar e regalarllo a outra.
* O bono non inclue peliculas que se proxecten dentro de algún posible ciclo de varios días.
 As películas deste mes de Xaneiro son as seguintes.

Entreparadas (Venres 10) 

Caníbal (Venres 17)

Séptimo (Venres 24)

La vida de Adele (Venres 31)




ENTREPARADAS



Entreparadas é unha experiencia humana que pode suceder en calquera cidade do mundo. Conxuga teatro e inclusión social nun escenario diferente: o transporte colectivo de viaxeiros.
 
16 persoas forman un grupo teatral para este proxecto, no que se misturan experiencias persoais únicas e coa promoción dunha cidade cívica e educadora, neste caso a través de textos teatralizados da Xeración Nós.

No curto espazo de tempo entre parada e parada P(A)T Galicia propón unha invitación “pola convivencia, cara o respecto, pola igualdade, cara a tolerancia”....disfrutando xunt@s da viaxe.

Carlos é o sastre máis prestixioso de Granada, pero tamén un asesino na sombra. Non ten remordemento, nin culpa; ata que Nina aparece na súa vida. Por ela, coñece a verdadeira natureza dos seus actos e xorde, por primeira vez, o amor.

Carlos é o mal, inconsciente de si mesmo. Nina, a inocencia. E Caníbal a historia de amor dun demo.

SÉPTIMO

Un pai. Dous fillos. Un xogo: Ser o primeiro en alcanzar a rúa dende o sétimo piso do edificio no cal viven. Sebastian, o pai, empregando o ascensor, os nenos, Luca e Luna, polas escaleiras. Comeza a carreira: Mentras o pai chega ó portal en primeiro lugar, coma sempre, os nenos non aparecen desta vez. Desapareceron misteriosamente no interior do edificio sen deixar rastro. A partir de ahí, comeza a búsqueda frenética dun pai (Ricardo Darín) e dunha nai (Belén Rueda) para atopar os seus fillos. ¿Onde están? ¿Que lles ocurriu? ¿Por que a eles?


LA VIDA DE ADELE

Os seus 15 anos, Adele non ten dúbidas de que unha rapaza debe sair con rapaces. A súa vida cambiará para sempre cando coñeza a Emma, unha xoven de pelo azul, que lle descubrirá o que é o desexo e o camiño hacia a madurez. Así, Adele crecerá, buscárase a si mesma, perderase e reencontrarase...e todo baixo a atenta mirada de quen a rodea.

domingo, 5 de enero de 2014

Horarios, prezos e bonos

Xa que cada día nos están seguindo máis persoas en Facebook, creamos esta entrada coa intención de que todas elas estean ó corrente dos horarios das proxeccións semanais e dos prezos das distintas variedades á hora de mercar entradas para as sesións e poder disfrutar das actividades do Cineclube Carballiño.

As proxeccións das dúas sesións semanais teñen lugar cada venres as 20:00 e as 23:00.

Dámosche a benvida unha tempada máis ao noso blog. Seguíndoo poderás estar ó dia das películas que vaiamos a proxectar no Auditorio Municipal de Carballiño. Se es novo por estes lares comentarche que prácticamente tódolos venres de cada mes, a excepción dalgún no que o Auditorio pode estar ocupado con outra actividade desde finais de setembro a finais de xuño proxectamos unha película. Para poder ver ditos filmes hai varias maneiras que procedemos a describir. Ti podes escoller a que máis che conveña:
  • Pagamento de unha sóa cuota anual por 60€ coa cal tes dereito a tódalas* películas que exhibamos durante a tempada. Isto compénsalle tan só os traballadores. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha cuota mensual de 5€ se es estudante (E), parado (P) ou xubilado (X) ou 10€ se es traballador (T). Así terás dereito ao visionado de tódalas* películas que proxectemos ese mes. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha única entrada por 2,5€ para E,P ou X ou por 5€ para T.
  • NOVIDADE!!! Este ano incluímos a posibilidade de poder mercar bonos de películas, isto é que podes mercar un bono de catro películas xuntas (a usar nos filmes que desexes) e agasallámoste cunha quinta película totalmente de balde! O custo destes bonos son de 10€ para E,P ou X ou 20€ para T.* Este bono é completamente transferible e incluso o podedes mercar entre varios e así aforrar. Por exemplo, un grupo de 5 amigos pode mercar un bono e gastalo no mesmo filme ou unha persoa o pode mercar e regalarllo a outra.
* O bono non inclue peliculas que se proxecten dentro de algún posible ciclo de varios días.

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Cine termal e mobilidade - Semana da mobilidadeCine nas termas Nas habituais citas de setembro, e antes do comezo da programación regular, que reiniciaremos en outubro, presentamos ...
    Hace 1 semana
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 4 años