jueves, 26 de septiembre de 2013

La Mejor Oferta


LA MEJOR OFERTA
NRM - 7 anos
124 MINUTOS
VENRES 25 de OUTUBRO de 2013 
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES 
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO 


 SINOPSE

Virgil Oldman é un home solitario; un excéntrico experto en arte e axente de poxas, moi apreciado e coñecido en todo o mundo. A súa vida transcorre ao marxe de calquer sentimento afectivo ata que coñece a unha fermosa e misteriosa muller, que lle encarga taxar e vender as obras de arte herdadas dos seus pais.

A aparición desta rapaza, que sofre dunha estraña enfermidade psicolóxica que a mantén illada do mundo, transforma para sempre a vida de Virgil.

                                                                                                 FICHA

Dirección: Giuseppe Tornatore
Guión: Giuseppe Tornatore
Producción: Isabella Cocuzza e Arturo Paglia
Dirección de Fotografía: Fabio Zamarion
Deseño de Producción: Maurizio Sabatini
Montaxe: Massimo Quaglia
Música: Ennio Morricone


TÉCNICA

Título orixinal: 
La migliore offerta
Duración: 124’
Ano: 2013
País: Italia
Idioma: Español
               
FICHA  ARTÍSTICA
               
Geoffrey Rush
Sylvia Hoeks
Donald Sutherland
Philip Jackson
Dermot Crowley
Liya Kebede
Kiruna Stameli

Galardóns:

·   David Di Donatelli: 6 premios, incluídos Mellor Película, Mellor Director e Mellor Música




O director, Giuseppe Tornatore

(Bagheria, Sicilia, Italia, 1956)

Afeccionado á fotografía e ao teatro dende moi novo (con tan só 16 anos puxo en escena textos de Pirandello e Eduardo de Fillipo), acercouse ao cine en primeiro lugar rodando documentais de gran valor artístico.
Debuta nas longametraxes de ficción con El profesor (1986), pero será a súa segunda película,  Cinema Paradiso (1987) a que lle reporte recoñecemento mundial, acadando un Óscar e un Globo de Oro. Con Están todos bien  (1990) e Pura formalidad (1994) afianza a súa posición coma un dos directores italianos con mais proxección mundial.
La leyenda del pianista del océano (1998), Malena (2000) e Baaria (2008) son outras das súas películas mais recoñecidas. 










CRITICAS

“Un Tornatore en permanente estado de graza, escribiuna e dirixiuna con intelixencia, complexidade, misterio, sentimento e orixinalidade ” (Carlos Boyero, El País)
“Tornatore crea unha intriga guiñolesca tan eficaz como artera” (Sergio F. Pinilla, Cinemanía)
“Película estruturada coma unha caixa de bonecas rusas tras as que se esconden múltiples sorpresas, vaise metamorfoseando a medida que os enigmas se van revelando, o que provoca constantemente desconcerto no espectador” (Anna Petrus, Dirixido por…)

http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/978376.html http://www.blogdecine.com/criticas/la-mejor-oferta-ese-oculto-objeto-del-deseo http://www.cinedivergente.com/criticas/la-mejor-oferta



miércoles, 25 de septiembre de 2013

Concerto de Piano 29 de Setembro de 2013 ás 19:00

Entrada a 3€
SEVERIANO CASALDERREY CONDE
SeverianoCasalderrey Conde (O Castelo-Lérez, 1980) é pianista e profesor de música. Aos sete anos xa recibe as primeiras clases e, ao ano seguinte, ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra onde acada o título de Profesor de Piano baixo a tutela do mestre Javier del Río.Posteriormente, trasládase a Santiago onde compaxina os estudos musicais cos universitarios. No ano 2002, remata a Licenciatura en Historia da Arte na especialidade de Música e, un ano despois, titúlase como Profesor Superior de Piano.
No ano 2003, aproba as oposicións de Música ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario de Galiza. A súa vida profesional lévao a afincarse na localidade de Lalín, onde combina o seu labor docente entre o IES Ramón Mª AllerUlloa e o Conservatorio Profesional de Lalín. Neste último centro colabora en diferentes facetas entre as que sobresae actualmente a súa función como profesor de materias como Historia da Música, Análise Musical e Piano complementario. 
Entre a súa actividade concertística, sobresae a súa participación como solista de piano no I Concerto de Nadal 2006, interpretando o Concerto para Piano nº 21 en Do Maior de WolfgangAmadeusMozart. Como integrante de agrupacións musicais, salienta a súa presenza no dúo de Piano a catro mans “Ars Sonora” entre os anos 1997 e 2000, ofrecendo un total de cinco concertos entre Tui e Pontevedra. Tamén participou como integrante de grandes formacións existentes en Lalín, entre elas a Orquestra do Conservatorio de Lalín e a Banda Sinfónica de Lalín. En 2011, forma parte da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, formación coa que participa no Certame Internacional de Bandas de Música de Valencia.
Nos últimos anos, decanta tamén o seu interese cara o marco do audiovisual, principalmente como ferramenta pedagóxica. Profesionalmente, inicia así a súa labor como programador de cinema en Cineclubes, Festivais e outros eventos. En 2010, crea e dirixe o Festival de Cinema de Animación ‘ANIRMAU’, proposta que afronta a súa 3ª edición no curso deste ano e que se caracteriza pola súa interesante programación internacional, ademais de retrospectivas, exposicións e obradoiros. Ten participado igualmente como xurado internacional en festivais de cinema como o Festival Internacional de Ourense, o FIC-Bueu, a XOCIVIGA (O Carballiño), o CINANIMA (Espinho – Portugal), e o TIDCA de Taipei (Taiwan). En febreiro de 2012, participa como poñente no Congreso“Ilustrando a diversidade” organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, aportando as súas ideas sobre a interrelación entre a ilustración e a imaxe en movemento. Neste mesmo ano, tórnase como membro académico da Academia Galega do Audiovisual, entidade que promove os Premios Mestre Mateo, onde se recoñece cada ano o mellor do audiovisual galego.



PROGRAMA CONCERTO


·          AMELIE (2001) [Suite de concerto]……….……………………………………YannTiersen
o    La valse d’Amélie
o    La dispute
o    La noyée
o    L’autre valse d’Amélie
o    Comptined’unautreété, l’après-midi

·          LA LISTA DE SCHINDLER (1993)…………………………………………John Williams
o    Main Theme

·          LAS HORAS (2002)……………………………………………..………….…….Philip Glass
o    The Hours

·          LEJOS DEL CIELO (2002)…………………………………………………Elmer Bernstein
o    Autumn in Connecticut

·          FORREST GUMP (1994)………………………………………….…………….Alan Silvestri
o    Feather Theme

·          CASABLANCA (1942)………………………………………………………Herman Hupfeld
o    As Time Goes By

·          EL PACIENTE INGLÉS (1996)……………………....………………………Gabriel Yared
o    Main Theme
o    Convento di Sant’Anna

·          FELIZ NAVIDAD, MR. LAWRENCE (1983)………...………………Ryuichi Sakamoto
o    Merry Christmas Mr. Lawrence

·          EL PIANO (1993) [Suite de concerto]…….………………………………Michael Nyman
o    Big MySecret
o    The Mood That Passes Through You
o    The Attraction of the Pedalling Ankle
o    TheHeartAsksPleasure First

domingo, 22 de septiembre de 2013

LAURENCE ANYWAYS

LAURENCE ANYWAYS
160 MINUTOS
NRM - 12 anos
VENRES 18 DE OUTUBRO
20:00 (ESPAÑOL) (VOSE) E 23:00 (VOSE)
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES 
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO 



SINOPSE
Laurence Alia é un profesor de inglés cun traballo estable e unha sólida relación coa súa noiva.  
Pero no día do seu 30 aniversario decide contarlles aos seus amigos e seres mais queridos os seus plans para cambiarse de sexo. Así, o seguinte curso, Laurence dará clases coma unha muller, enfrontándose ao peso do estigma social, do rexeite familiar e da incompatibilidade da súa parella.

 


FICHA

Dirección: Xavier Dolan
Guión: Xavier Dolan
Producción: Charles Gillbert, Nathanaël Karmitz e Lyse Lanfontaine
Dirección de Fotografía: Yves Bélanger
Deseño de Producción: Colombe Raby
Montaxe: Xavier Dolan
Música: Noia


 TÉCNICA

Título orixinal: Laurence Anyways
Duración: 160’
Ano: 2012
País: Canadá
Idioma: Español e VOSE
FICHA  ARTÍSTICA
               
Melvil Poupaud
Suzanne Clément
Nathalie Baye
Monia Cokri
Yves Jacques
Catherine Bégin
Sophie Faucher
Guylaine Trembla

Galardóns:
·   Festival Internacional de Toronto: Mellor Película Canadense
·   Premios Lumiere: Mellor Película Francófona

O director, Xavier Dolan (Quebec, Canadá, 1989)

Actor, produtor, guionista, montador e director canadense, fillo do cantante quebequés de orixe exipcio Manuel Tadros.

Escribiu e dirixiu a súa primeira longametraxe, J’ai tué ma mère (2009) con 20 anos, pola que obtivo 3 premios no Festival  de Cannes. Dixo ter escrito o guión aos 16 anos, segundo as súas propias vivencias, mesturándoas con fantasías.

Co seu segundo film, Les amours imaginaires (2010) volveu gañar en Cannes o premio Miradas Novas.

A pesar da súa xuventude, estamos ante un realizador cunha estética propia e recoñecible (visualmente expresionista e coidada) e una dimensión reivindicativa e política.




Críticas

“A través da homosexualidade como definición externa da personalidade e da esencia individual, do que realmente fala o realizador é do amor” (Aurélien Le Genissel, dirigido por…)

“Película apabullante en duración, en intensidade dramática e tan rebordante  de expresividade (…) unha historia de amor homérica, grandiosa” (Antonio Weinrichter, ABC)

“Excesiva, tola, mutante e asombrosamente libre (…) como extravagancia que é, o film fai da heteroxeneidade o seu propio saio, combinando texturas, linguaxes (visuais, dramáticos e de montaxe) e miradas con indiscriminada vontade de digresión” (Fausto Fernández,  Fotogramas)

https://www.filmin.es/blog/cronicas-cannes-2012-laurence-anywayspero-siempre-dolan

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación de maio a xuño de 2017 - «ciclo Magníficos»Filmoteca CGAIExtra: III ciclo de Cinema e Medicina Despois da primavera, podes escoller entre o que está a florecer, ou sexa; elixir en...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 3 años