jueves, 30 de mayo de 2013

CON TU DINERO
VENRES 31 de MAIO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores
(O RECADADO DESTINARASE A FINANCIAR O PROXECTO DA BANCA ETICA EN GALIZA)
SINOPSE

A crise, motivada en gran parte por prácticas bancarias de dubidosa legalidade, abriu na sociedade un debate sobre a forma na que tanto os bancos como as caixas de aforros xestionan o diñeiro que depositan os seus clientes. ¿Ata qué punto a sociedade é consciente da forma na que se usa o seu diñeiro?

Con este documental preténdese facer ver algunha das malas prácticas das entidades bancarias: inversións en empresas de armamento, en multinacionais con amplos historiais de incumprimento de dereitos laborais e humanos dos seus traballadores, en empresas enerxéticas que realizan obras ecoloxicamente inadmisibles en países do sur, cos habitantes desprotexidos debido a ausencia de lexislación ou gobernos corruptos, desafiuzamentos...





INTERVENCIÓNS DE:


Alberto Cereijo - Setem Hego Haizea
Arcadi Oliveres - Justicia i Pau 
Xavi Teis - FETS
Jordi Calvo - Centre Delás (Justicia i Pau)
Plataforma contra el BBVA
Jesús Carrión – ODG
Juan Hernández Zubizarreta - UPV/EHU
José Luis Mariñelarena - Setem Navarra – Nafarroa
Ivanei Dalla Costa – MAB
Javier Ortega - Cooperativa Grupo La Veloz
Coop57 Aragón
Peru Sasia – Fiare
Ugo Biggeri - Banca Popolare Etica
Iñigo Hernani - La montañuela Rosa
Miró - Coop57
Ramon Pascual - Coop57
Jorge Berezo - Oikocredit Euskadi
Carlos Ballesteros – Fiare
Cristina de la Cruz – Fiare
Carlos Askunze – Reas
Andrés Esteban - Financiación Solidaria (Zaragoza)
Fernando Sabín - Mercado social de Madrid
Santiago Membibre - Peñascal Kooperatiba
Carlos Taibo - Universidad Autónoma de Madrid


FEDERACIÓN SETEM

    
SETEM é unha federación de 10 ONG de solidariedade internacional nacida en 1968 que centra o seu traballo independente en concienciar á nosa sociedade das desigualdades Norte-Sur, denunciar as súas causas e promover transformacións sociais, individuais e colectivas, para conseguir un mundo mais xusto e solidario.



lunes, 20 de mayo de 2013

De óxido y hueso

DE ÓXIDO Y HUESO
(NRM 16 anos)
VENRES 24 de MAIO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
 
Alain atópase con Sam, de 5 anos, nos seus brazos: é o seu fillo, ó que apenas coñece. Sen domicilio, sen diñeiro e sen amigos, Alain refuxiase na casa da súa irmá en antibres, no sur de Francia. Alí, aloxados no garaxe, todo semella mellorar: ten traballo, ocúpase do pequeno e o clima é agradable.

Pero tras unha pelea nunha discoteca, o seu destino crúzase co de Stéphanie, unha entrenadora de orcas: Alain lévaa á súa casa. El é pobre, ela é fermosa e rebosa confianza. 

FICHA

Dirección: Jacques Audiard
Guión: Jacques Audiard e Thomas Bidegain, baseado na novela de Craig Davidson
Producción: Pascal Caucheteux
Dirección de Fotografía: Stéphane Fontaine
Deseño de Producción: Michel Barthélémy
Montaxe: Juliette Welfling
Música: Alexandre Desplat

TECNICA

Título orixinal: De rouille et d’os
Duración: 120’
Ano: 2012
País: Francia
Idioma: Español
FICHA ARTÍSTICA
               
Matthias Schoenaerts
Marion Cotillard
Céline Sallette
Bouli Lanners
Alex Martin
Corinne Masiero
Tibo Vandenborre
               



Galardóns:
·   Premios Cesar da Cinematografía Francesa: Mellor Guión Adaptado, Música, Montaxe e Actor Promesa (M. Schoenaerts)
·   London Film Festival: Mellor Película.
·   Festival Internacional de Valladolid: Mellor Actor (M. Schoenaerts), Director e Guión.

O director, Jacques Audiard (París, Francia, 1952)

Dende comezos dos anos 1980 empeza a escribir guións coma El profesional (1981), Sac de noeuds (1985) ou Saxo (1987). E no ano 1994 debuta tras as cámaras con Mira a los hombres caer, coa que gaña o premio Cesar á mellor opera prima.
Continua con longametraxes coma Un héroe muy discreto (1996) e Lee mis labios (2001), das que tamén é autor do guión. Pero os seus grandes éxitos estaría por vir. En 2005 con De latir mi corazón se ha parado, coa que obtén 8 premios Cesar, incluídos director, guión e película; e en 2009, Un profeta, gañando tamén director, guión e película, ademais do Gran Premio do Xurado en Cannes. 




E para a semana... "Con tu dinero" de Setem Hego Haizea

martes, 14 de mayo de 2013

Morreu o demo, acabouse a peseta.


MORREU O DEMO, ACABOUSE A PESETA
(TÓDOLOS PÚBLICOS)
XOVES 16 de MAIO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño


SINOPSE

Dende os anos 10 do século pasado e durante case cinco décadas, unha familia de marionetistas, os Silvent, gañou a vida levando o seu espectáculo de feira en feira. A estrela era un boneco de luva chamado Barriga Verde, que chegou a ser moi popular en toda Galiza.
Co obxecto de restaurar a súa memoria, a compañía de títeres Viravolta construíu unha réplica da vella barraca dos Silvent. O filme lévanos nunha viaxe internacional na busca das raíces comúns do teatro popular de marionetas europeo.




                                              
FICHA

Dirección: Pedro Solla
Guión: Marcelo Martínez e Pedro Solla
Producción: Tintinmán
Dirección de Fotografía: Cora Peña
Montaxe: Cora Peña, Pedro Solla e Xavier Reboredo
Música: Bernardo Martínez


TÉCNICA

Título orixinal: Morreu o demo, acabouse a peseta
Duración: 90’
Ano: 2011
País: España
Idioma: Galego
               FICHA  ARTÍSTICA
               
                Tommaso Adorni
                Aderita Argibay
                José Argibay
                Pilar Álvarez
                Xulio Balado
O director, Pedro Solla (Pontevedra, España, 1979)

É xornalista, guionista e realizador. Foi xornalista dixital no diario dixital Viveiros, onde fixo de realizador, operador de cámara e editor.
Na actualidade é director de comunicación da ONG galega IGAXES, a cal traballa con mozos con risco de exclusión social.
Esta é a súa ópera prima.


lunes, 6 de mayo de 2013

Programación Maio 2013

PROGRAMACIÓN MAIO 2013

Este mes de Maio ven repleto de actividades e non queremos que vos perdades ningunha delas, por elo publicamos no blog ditas actividades para que asistades as que sexan do voso interés.


Venres 10 de Maio: Las Sesiones

LAS SESIONES (THE SESSIONS)

98 MINUTOS

(NRM 16 anos)
VENRES 10 de MAIOde 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño


                            SINOPSE

Mark O'Brien (John Hawkes), poeta, periodista tetrapléxico e cun pulmón de aceiro que decide, os seus 38 anos, perder a virxinidade. Coa a axuda da súa terapeuta e a orientación dun sacerdote (William H. Macy), Mark ponse en contacto con Cheryl Cohen-Greene (Helen Hunt), unha profesional do sexo.


PREMIOS E NOMINACIÓN DE ÓSCAR
  • Nominación ó Óscar: Helen Hunt como Mejor Actriz Secundaria.
  • Independent Spirit Awards 2012: Mellor Actor (John Hawkes) e Actriz Secundaria (Helen Hunt).
  • Premio Internacional de San Sebastíán: Premio do Público.
  • Festival de Sundance 2012: Premio do Público e Premio especial do xurado para o elenco completo.



CRÍTICAS INTERNET



CRÍTICAS ESPECTADORES


CRÍTICAS REVISTAS



REPARTO  ARTÍSTICO


John Hawkes, Helen Hunt, William H. Macy, Moon Bloodgood, Annika Marks, W. Earl Brown, Blake Lindsley, Adam Arkin, Ming Lo

REPARTO TÉCNICO

Dirección: Ben Lewin
Guión: Ben Lewin (segundo un artigo de Mark O’Brien)
Producción: Judi Levine, Ben Lewin e Stephen Nemeth
Dirección de Fotografía: Geoffrrey Simpson
Deseño de Producción:John Molt
Montaxe: Lisa Bronwell
Música: Marco Beltrami

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 1 día
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años