domingo, 21 de abril de 2013


HOLY MOTORS

(NRM 12 anos)
VENRES 26 de ABRIL de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño


SINOPSE

O señor Oscar é unha persoa que viaxa de vida en vida: pasa de ser un grande executivo a un asasino, despois un mendigo, unha criatura monstruosa, un pai de familia... O señor Oscar semella interpretar varios papeis, sumerxíndose completamente en cada un deles, pero ¿onde están as cámaras? Está so, acompañado únicamente por Céline, unha señora maior, rubia que conduce a limusina que o leva a París e os seus arredores, na procura da beleza dun xesto, do motor da acción....

FICHA

Dirección: Leos Carax
Guión: Leos Carax
Producción: Martine Matignac, Albert Prévost e Maurice Tinchant
Dirección de Fotografía: Yves Cape e Caroline Champetier
Deseño de Producción: Emmanuelle Cuillery
Montaxe: Nelly Quettier
Música: Neil Hannon


TÉCNICA

Título orixinal: Holy Motors
Duración: 115’
Ano: 2012
País: Francia
Idioma: V.O.S.


FICHA ARTÍSTICA            

Denis Lavant
Edith Scob
Kylie Minogue
Michel Piccoli
Eva Mrndes
Jean-François Balmer
Big John
François Rimbau
Karl Hoffmeister




Galardóns:
·   Festival de Sitges 2012: Mellor Película e Director

O director, Leos Carax (Suresnes, Francia, 1960)

Crítico cinematográfico e director de varias curtametraxes, á idade de 24 anos, en 1984, realiza Chico conoce chica, o seu debut                                         nas longametraxes, coa que obtén un recoñecemento da crítica no festival de Cannes. Con ese éxito aínda fresco, realiza Mala sangre (1986) onde profundiza nos elementos da súa primeira obra, e que serán recorrentes nas posteriores:  visualmente sorprendentes, centradas no amor xuvenil e na alienación.
Los amantes del Pont-Neuf (1991) marca outro punto culminante na súa traxectoria, tras un enorme esforzo persoal de anos e diñeiro, que de todas formas non obtivo a súa recompensa nin a nivel de público, nin de crítica.
Durante outros 8 anos non volveu a dirixir outra película ata Pola X (1999), que non obtivo o impacto das súas anteriores películas. Agora, con Holy Motors, Carax volve a amosar esa vision orixinal e novedosa que sempre o caracterizou.

CRÍTICAS
“Un salto sobre a barreira da normalidade, unha obra estraña, inescrutable, demente, hipnótica, a ratos moi idiota e case sempre fermosísima” (Nando Salvá Rodríguez Marchante, El Periódico)
“Críptico, violento, xenial, torpe, enfermizo, cutre e febril. Todo cabe nunha película na que ata os coches falan” (Luis Martínez , El Mundo)
“Unha lección de cine libre e salvaxe (...) A beleza percorre toda a película, a pesar de que o culto ao feísmo e ao bizarro semelle colonizala” (Sergi Sámchez, La Razón)

lunes, 15 de abril de 2013


LAS FLORES DE LA GUERRA
(NRM 16 anos)
VENRES 19 de ABRIL de 2013
20:00 (español) e 23:00 (vos)
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE

No ano 1937, durante a segunda guerra chino-xaponesa, John, un maquillador de cadáveres chega a unha igrexa católica de Nankín para preparar ao párroco antes do seu enterro. Pero as terribles accións de exército invasor xaponés convérteno, ao seu pesar, no protector das alumnas dun convento e das prostitutas dun burdel próximo.

Será entón cando descubra o que significan o sacrificio e o honor.



FICHA

Dirección: Zhang Yimou
Guión: Heng Liu, segundo a novela de Geling Yang “Las 13 mujeres de Nankín”
Producción: Weiping Zhang
Dirección de Fotografía: Darius Khondji
Deseño de Producción: Yohei Taneda
Montaxe: Xiaoding Meng
Música: Qioang Chen

 TÉCNICA

Título orixinal: Jin Ling Shi San Chai
Duración: 146’
Ano: 2012
País: China
Idioma: V.O.S.
               FICHA ARTÍSTICA
               
                Christian Bale
                Ni Ni
                Xinyi Zhang
                Shigeo Kobayashi
                Atsurô Watabe
                Dawei Tong
                Tianyuang Huang
                Paul Schneider
                Bai Xue
TRÁILER EN ESPAÑOL


TRAILER EN V.O.S.



O director, Zhan Yimou (Xi’an, China, 1951)

Fillo dun xeneral do exército chino, durante a Revolución Cultural abandonou os estudos e integrouse nunha granxa de traballo, onde durante dez anos traballou coma operario téxtil. Xa con 28 anos retoma os estudios e gradúase en 1982 na Academia de Cine de Pekín.
Antes de director foi operario de cámara para Chen Kaige. E en 1987 debuta na dirección con Sorgo rojo, coa que gaña o Oso de Oro do Festival de Berlín. Dende ese momento acada unha proxección internacional refrendada por longametraxes coma Semilla de crisantemo (1990), La joya de Shanghai (1995) ou El camino a casa (1999), amosando en todas elas a figura predominante de mulleres fortes e decididas, e cunha coidada e estilizada fotografía, que levaría ata límites poéticos nas súas últimas películas coma Heroe (2002) ou La casa de las dagas voladoras (2004).
No ano 2008 dirixe a cerimonia de apertura dos Xogos olímpicos de Beijing.







CRÍTICAS
“Un tratado sobre a dignidade (...) Hai tanta intensidade e momentos tan pasionais e emotivos que a película pasa voando” (E Rodríguez Marchante, Diario ABC)
“Trátase, a pesares da abundancia de medios, dunha película intimista. O autor escruta rostros, sentimentos e por suposto tamén toma partido (...) Consegue  captar ao espectador e emocionar” (Lluís Bonet Mójica , La Vanguardia)
“Os mellores momentos da película sitúanse tra-los muros do convento, cando tódolos personaxes se ven obrigados a convivir” (Beatriz Martínez, Dirigido por…)

martes, 9 de abril de 2013

AMOR
(NRM 12 anos)
VENRES 12 de ABRIL de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño
Dirixida por MICHAEL HANEKE

SINOPSE

Georges y Anne, los ochenta cumplidos, son dos profesores de música clásica jubilados que viven en París. Su hija también se dedica a la música, y vive en Londres con su marido británico. Un día, Anne sufre un infarto. Al volver del hospital, un lado de su cuerpo está paralizado. El amor que ha unido a la pareja durante tantos años se verá puesto a prueba.

                                              
        FICHA

Dirección: Michael Haneke
Guión: Michael Haneke
Producción: Stefan Arndt, Veit Heiduschka, Margaret Ménégoz
Dirección de Fotografía: Darius Khondji
Deseño de Producción: Jean-Vincent Puzos
Montaxe: Nadine Muse e Monika Willi
Música: Varios


TÉCNICA

Título orixinal: Amour
Duración: 127’
Ano: 2012
País: Austria
Idioma: Español
               
FICHA  ARTÍSTICA
               
Jean-Louis Trintignant
Emmanuella Riva
Isabelle Huppert
William Shimell
Ramón Agirre
Rita Blanco
Alexandre Tharaud
Laurent Capelluto
               

Galardóns:

Premios Oscar e Globos de Oro: Mellor Película de Fala Non Inglesa

Festival de Cannes: Palma de Oro á Mellor Película

Premios César: Mellor Película e Director



O director, Michael Haneke (Munich, Alemania, 1942)

Fillo dun director de teatro e dunha actriz, asistiu a Universidade de Viena onde estudou Filosofía, Psicoloxía e Drama.
Tras non conseguir abrirse camiño no mundo da música nin da actuación, comezou a traballar coma crítico cinematográfico e dramaturgo. Debutou coma director televisivo en 1974 coa produción After Liverpool. Non é ata 1989 que realiza a súa primeira película para o cine comercial, El séptimo continente. E 3 anos despois, coa controvertida El vídeo de Benny acada sona internacional, gañando o gran premio  na Viennale.
A partir de aí, acadaría aínda mais éxitos nos distintos festivais, con obras coma Funny Games (1997), La pianista  (2001) ou La cinta blanca (2009)

CRÍTICIAS ESPECTADORES

lunes, 1 de abril de 2013

THE MASTER

THE MASTER
(NRM 16 anos)
VENRES 5 de ABRIL de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados ou bono mensual por 5€ 
5€ para traballadores ou bono mensual por 10€
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE

Estados Unidos, anos 50. Freddie Quell, un mozo veterano da Segunda Guerra Mundial, alcohólico e sufrindo de estrés pos-traumático, atópase co líder dunha organización relixiosa coñecida como A Causa, Lancaster Dodd, na que remata entrando.
A medida que a seita vai atraendo a mais seguidores, e Dodd adopta a Quell como a súa man dereita, as dúbidas van xurdindo neste.

FICHA

Dirección: Paul Thomas Anderson
Guión: Paul Thomas Anderson
Producción: Paul Thomas Anderson, Megan Ellison, Daniel Lupi e JoAnne Sellar
Dirección de Fotografía: Mihal Malaimare Jr.
Deseño de Producción: David Crank e Jack Fisk
Montaxe: Leslie Jones e Peter McNuffy
Música: Johnny Greenwood

 TECNICA

Título orixinal: The Master
Duración: 140’
Ano: 2012
País: EEUU
Idioma: Español
FICHA  ARTÍSTICA
               
Joaquin Phoenix
Philip Seymour Hoffman
Amy Adams
Laura Dern
Kevin J. O’Connor
Rami Malek
Jesse Plemons
Fiona Dourif
               


Galardóns:
·   Festival de Venecia: Mellor Director, Mellor Actor (J. Phoenix e P. S. Hoffman)
·   Festival de Cine de Hollywood: Mellor Actriz de Reparto (Amy Adams)

O director, Paul Thomas Anderson (Studio City, California, EEUU, 1970)

Moi influenciado polo seu pai, que presentaba un late night de terror en Cleveland, P. T. Anderson pertence a xeración de directores que coñeceron o cine a través das cintas de vídeo mais que nas propias salas ou na televisión.
A súa curtametraxe mais importante, e coa que se deu a coñecer foi The Dirk Diggler Story (1988). Traballando coma asistente en moitos anuncios e video-clips, por fin chégalle a oportunidade de debutar con Sydney (1996), onde xa se deixan notar moitas das marcas típicas do seu futuro cine: suaves movementos de cámara, longas escenas, sobresaíntes actuacións e un fabulosos uso da luz.
Boogie Nights (1997) foi o seu recoñecemento internacional cara ó público e Magnolia (1999) a nivel de crítica, gañando o Oso de Oro en Berlín.
Tras Embriagado de amor (2002), coa súa penúltima obra, Pozos de ambición (2007) gañaría o Oso de Plata ao Mellor Director en Berlín tamén.

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años