martes, 27 de noviembre de 2012

7 días en la habana


7 DÍAS EN LA HABANA
Auditorio Municipal de O Carballiño
Venres 30 de novembro de 2012
20:00 e 23:00
entradas a 2,5€ para estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores

SINOPSE

7 visións da Habana por outros tantos directores. Cada un deles tenta captar a enerxía e vitalidade que fai da Habana unha cidade única. Cada capítulo amosa a vida cotiá de distintos personaxes durante un día da semana.
Alonxada de tópicos turísticos, pretende reflectir a alma dos distintos barrios, ambientes, xeracións e culturas.


                                              
                                                                         FICHA

Dirección: Laurent Cantet, Benicio del Toro, Julio Medem, Gaspar Noé, Elia Suleiman, Juan Carlos Tabío e Pablo Trapero
Guión: Leonardo Padura
Producción: Laurent Baudens, Didar Domehri, Álvaro Longoria, Gaël Nouaille e Fabien Pisani
Dirección de Fotografía: Daniel Aranyó
Montaxe: Thomas Fernández, Rich Fox, Véronique Lange, Alex Rodríguez e Zack Stoff

TECNICA

Música: Fabien Pisani e Suso Ramallo


Título orixinal: 7 días en La Habana
Duración: 125’
Ano: 2012
País: Francia-España
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Josh Hutcherson
                Emir Kusturica
                Daniel Brühl
                Jorge Perugorría
                Mirta Ibarra
                Vladimir Cruz
                Daisy Granados
                Elia Suleiman
                Othello Rensoli
                Melissa Rivera



O guionistaLeonardo Padura (La Habana, 1955)
Nado no barrio de Mantilla, fixo os seus estudios preuniversitarios no da Víbora. Estas zonas de La Habana, moi ligadas espiritualmente a Padura, veranse reflectidas mais tarde nas súas novelas. Padura estudió Literatura Latinoamericana na Universidade de la Habana e comezou a súa carreira como periodista en 1980 na revista literaria El Caimán Barbudo. Mais tarde deuse a coñecer coma escritor de guións audiovisuais e novelista.

A súa primeira novela Fiebre de caballos, escribiuna entre 1983 y 1984. Pasou os 6 anos seguintes escribindo largos reportaxes sobre feitos culturais e históricos. En aquel tempo empezou a escribir a súa primeira novela co detective Mario Conde. As policiacas de Padura teñen tamén elementos de crítica á sociedade cubana.
Padura escribiu tamén guións cinematográficos, tanto para documentais (Yo soy, del son a la salsa, 1996) coma para películas de argumento (Malvana, 2002). Os guións de 3 episodios foron escritos por Padura e a súa esposa Lucía, e un cuarto está baseado nunha idea do escritor.



 “Aproximación coral a unha realidade mais ou menos homoxénea da illa, centrada na figura do cidadán común e a súa relación co turista estranxeiro” (Roberto Alcover Oti, Dirigido por…)
Destaca sobre todo o episodio de Elia Suleiman (…) e o francés Laurent Cantet depara un portentoso epílogo” (Luis Bonet Mojica, La Vanguardia)


  Se che gustou, recomendámosche tamén: París visto por…(VVAA, 1965) ou Tokyo!  (VVAA, 2008)


martes, 20 de noviembre de 2012

O venres 23 non haberá cine

Se estás buscando que película botaremos esta semana, lamentamos dicirche que non poderemos proxectar ningunha película porque o venres 23 o Auditorio estará ocupado con outra actividade. Desculpa as molestias.

miércoles, 14 de noviembre de 2012


A ROMA CON AMOR
Venres 16 de novembro
20:00 e 23:00
Entradas desde 2,5€
Auditorio Municipal do Carballiño

SINOPSE

Catro historias independentes cun escenario común: Roma.

Na primeira, un matrimonio americano viaxa a Italia para coñecer a familia do prometido da súa filla.
Na segunda, un italiano faise famoso da noite á mañá se saber por qué.
Na terceira, un arquitecto californiano visita Roma cos seus amigos onde coñece a un estudante.
E na cuarta, unha recén casada pérdese na capital italiana, á que foi a visitar aos familiares do seu marido.


                                              
FICHA

Dirección: Woody Allen
Guión: Woody Allen
Producción: Faruk Alatan, Letty Aronson, Giampaolo Letta e Stephen Tenenbaum
Dirección de Fotografía: Darius Khondji
Deseño de Producción: Anne Seibel
Montaxe: Alisa Lepselter

TECNICA

Música: Varios
Vestiario: Sonia Grande
Maquillaxe: Alessandro Bertolazzi

Título orixinal: To Rome with Love
Duración: 102’
Ano: 2012
País: EEUU
Idioma: Español
               
  FICHA  ARTÍSTICA
               
                Woody Allen
                Alec Baldwin
                Roberto Benigni
                Jesse Eisenberg
                Judy Davis
                Greta Gerwig
                Ellen Page
                Alison Pill
                Penélope Cruz
                Ornella Muti
                Carola Alt


O director, Woody Allen (Brooklyn, Nova York, EEUU, 1935)

Nado como Allen Stewart Konigsberg, rebautizouse Woody Allen aos 15 anos, cando comezou a escribir chistes para columnistas de prensa. Ao finalizar os estudios secundarios uniuse ao equipo do comediante Sid Caesar. De 1961 a 1964 traballou coma humorista en nightclubs, onde coñeceu a Charles F. Feldman, que o contratou para escribir o guión de ¿Qué tal, Pussycat? (1965)

Casino Royale (1967) e sobre todo Toma el dinero y corre (1969) cimentaron o seu éxito coma actor cómico, e posteriormente coma guionista e director películas coma Bananas (1971), El dormilón (1973) ou La última noche de Boris Grushenko (1975).
Con Annie Hall (1977) obtén 4 Oscars, marcando o cambio dos seus inicios con películas mais humorísticas a temáticas mais sociais e críticas, pero sen abandonar de todo ese ton de comedia: Manhattan (1979), Hannah y sus hermanas (1986), Delitos y faltas (1989), Maridos y mujeres (1992), Desmontando a Harry (1997), Granujas de medio pelo (2000), Match Point (2005) ou Medianoche en París (2011).

CRÍTICAS
Allen desprega unha narrativa coral que grazas aos seus xiros surrealistas termina parecendo un cóctel dos seus contos (…) que de tanto en tanto recompensa ao público cunha idea xenial” (Manuel Yáñez Murillo, Fotogramas)
“O director volve a acreditar a súa natureza de mestre do conto portátil (…) Allen combina interesantes ideas narrativas (…) con tonificantes desvíos cara ao delirio” 
(Jordi Costa, El País)
“Aínda que a película se dilata na súa parte final, Allen introduce algúns gags e diálogos impagables que seducirán ao espectador” 
(Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)


Se che gustou, recomendámosche tamén: Vacaciones en Roma (William Wyler, 1953) ou Paris je t’aime (Varios, 2006)


lunes, 5 de noviembre de 2012

EL ILUSIONISTA


EL ILUSIONISTA
VENRES 9 DE NOVEMBRO
18:00, 20:00 E 23:00
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
ENTRADAS DESDE 2,5€ E BONOS MENSUAIS DESDE 5€
SINOPSE
A historia dun estilo de maxia que está desaparecer, dun estilo de entretemento que está a ser sustituido por emerxentes estrelas do rock.
Obrigado a aceptar traballos en locais cada vez mais pequenos, en xardíns e ata en bares, o Ilusionista francés viaxará a Escocia, onde coñecerá a unha rapaza á que trata de non defraudar, xa que está convencida de que os seus trucos son reais.
Este encontro cambiará as súas vidas para sempre.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Sylvain Chomet
Guión: Sylvain Chomet, segundo unha historia de Jacques Tati
Producción: Sally Chomet e Bob Last
Montaxe: Sylvain Chomet
Música: Sylvain Chomet

Título orixinal: L’illusioniste
Duración: 76’
Ano: 2010
País: Francia
Idioma: Español






Galardóns:
Premios Cesar da Cinematografía Francesa: Mellor película de animación
Premios do Cine Europeo: Mellor película de animación
Premio do Cícrculo de Críticos de Nueva York: Mellor película de animación


O director, Sylvain Chomet (Maisons Laffitte, Francia, 1963)
Estudou arte na universidade, graduándose en 1982. En 1986 publica o seu primer cómic Secrets of Dragonfly. No ano 1988 múdase a Londres para traballar de animador no estudio de Richard Purdum, aínda que tamén realiza traballos autónomos.
A mediometraxe La anciana y las palomas (1997) é o seu début coma director, xa instalado en Canadá. Sen abandonar o mundo do cómic, onde acada o prestixioso premio do Festival de Angoulême co cómic Ugly, Poor and Sick (1997), continua tamén dirixindo, obtendo unha nominación aos Oscars pola longametraxe Bienvenidos a Belleville (2003).
Un segmento de Paris, je t’aime (2006) e O ilusionista (2010) son os seus últimos traballos ata o momento.
CRÍTICAS
“Emocionalmente desgarradora e xenialmente anticuada tanto no estético coma no temático” (Nando Salvá, El Periódico)
“Facendo unha comedia de Tati, Chomet revalida a súa estatura coma mestre da animación” (Jordi Battle Caminal, La Vanguardia)
“En homenaxe a Jacques Tati, Chomet creou unha exquisita e suave comedia, un film elexíaco” (Philip French, The Guardian)

 Se che gustou, recomendámosche tamén: Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1988) ou Ponyo en el acantilado (Hayao Miyazaki, 2008)

jueves, 1 de noviembre de 2012

Amor bajo el espino blanco

AMOR BAJO EL ESPINO BLANCO

Venres, 2 de novembro.20:00h. e 23:00h
Auditorio Municipal
Desde 2,5€/entrada. Bono mensual desde 5€

SINOPSE

Jing é unha colexiala inxenua da cidade que debe trasladarse a un remoto pobo da montaña para a súa “reeducación” durante a Revolución Cultural china. O seu pai foi encarcerado por ser de dereitas e a súa nai loita por alimentar ós seus 3 fillos. Jing sabe que o seu futuro e o da súa familia depende do seu bo  comportamento en opinión das autoridades. Bastaría un pequeno erro para arruinar as súas vidas.

         E a súa prudente vida vese truncada cando se namora de Sun, o fillo dun militar de elite. Debido á diferenza social que os separa, un romance é impensable e perigoso. Mais a atracción é mutua, poderosa e innegable.

                                                                                  FICHA

Dirección: Zhang Yimou
Guión: Yin Lichuan e Gu Xiaobai, segundo a novela de Ai Mi
Producción: Hyuai Cao, William Kong, Hugo Shong e Weiping Zhang
Dirección de Fotografía: Xiaoding Chen
Deseño de Producción: Ming Wu
Montaxe: Peicong Meng
TECNICA

Música: Qigang Chen
Son: Jing Tao

Título orixinal: Shan zha shu zhi lian
Duración: 114’
Ano: 2010
País: China
Idioma: Español
               FICHA  ARTÍSTICA
               
                Zhou Dongyu
                Shawn Dou
                Chen Taisheng
                Rina Sa
                Xi Meijuan
                Li Xuejian
                Lü Liping
                Sun Haiying
               
               


Galardons:
·   Festival de Valladolid (Seminci): Mellor actriz (Zhou Dongyu)

O director, Zhang Yimou (Xi’an, China, 1951)

Fillo dun xeneral do exército chino, durante a Revolución Cultural abandonou os estudos e integrouse nunha granxa de traballo, onde durante dez anos traballou coma operario téxtil. Xa con 28 anos retoma os estudios e gradúase en 1982 na Academia de Cine de Pekín.
Antes de director foi operario de cámara para Chen Kaige. E en 1987 debuta na dirección con Sorgo rojo, coa que gaña o Oso de Oro do Festival de Berlín. Dende ese momento acada unha proxección internacional refrendada por longametraxes coma Semilla de crisantemo (1990), La joya de Shanghai (1995) ou El camino a casa (1999), amosando en todas elas a figura predominante de mulleres fortes e decididas, e cunha coidada e estilizada fotografía, que levaría ata límites poéticos nas súas últimas películas coma Heroe (2002) ou La casa de las dagas voladoras (2004).
No ano 2008 dirixe a cerimonia de apertura dos Xogos olímpicos de Beijing.

A película, que flúe coma un río a base de capítulos unidos por clásicos fundidos a negro, ten un dobre valor: o da delicadeza e o da coraxe” (Javier Ocaña, El País)
“Pequena e pura historia de amor do Yimou mais poético” (Irene Crespo, Cinemanía)
“Magnífica demostración de que a partir dunha trama argumental do mais sinxelo, un gran director coma Yimou é capaz de extraer un caudal de suxerencias” (Tomás Fernández Valentí, Dirigido por…)

F  Se che gustou, recomendámosche tamén: Balzac y la joven costurera china (Dai Sije, 2002) ou Tokio Blues  (Tran Anh Hung, 2010 )


Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años