martes, 27 de marzo de 2012

DRIVE : Venres 30 de Marzo de 2012

DRIVE

Auditorio Municipal de Carballiño
Venres 30 as 20:00 e as 22:30
Entradas a 2€ e a 4€




Boas camaradas! Este venres proxectamos DRIVE, filme que deixou moi bo sabor de boca no último Festival de Cannes, o cal se celebra no mes de maio dende o ano 1947 e que é un dos de máis reputación no mundo do cine.

SINOPSE


Ryan Gosling fai de Driver, un condutor especialista para as películas pero con algún que outro traballo extra polas noites (uns cartiños extra sempre veñen ben) como condutor de fugas de persoeiros de dudosa reputación.

A Driver non lle fan moita gracia eses traballos nocturnos pero coñece a Irene (Carey Mulligan) e ao seu fillo cos cales conecta rápidamente. Nembargantes, o o marido desta sae do cárcere e dunha tensión entre os dous homes nace unha relación, pois Drive comeza a axudar ó marido de Irene nunha serie de roubos e comeza unha espiral de violencia.

Duración: 100 minutos
Ano: 2011
País: United States of America
Idioma: Castelán



O director Nicolas Winding Refn naceu en Dinamarca en 1970. Antes dos 24 anos escribiu unha curta, a cal foi emitida e pola que lle ofreceron 3´2 millóns de coroas danesas para levala á gran pantalla. Unha película de culto que se chamaría PUSHER (1996) e sería aclamada pola crítica internacional e convertida en triloxía anos máis tarde.

Polaa película de Drive gañou o premio ao mellor director no Festival de Cannes de 2011

martes, 20 de marzo de 2012

MARINALEDA: Una utopía hacia la paz

MARINALEDA
Venres 20:00 e 22:30
Auditorio Municipal do carballiño
Incluso o New York Times falou deles!

Marinaleda, a utopía en marcha

Dirección: Sophie Bolze 


Marinaleda, vila andaluza, desenvolveu dende as súas primeiras eleccións libres en 1979 un sistema social e político a contra corrente do modelo predominante. O seus habitantes obtiveron 1200 hectáreas que explotan hoxe en día en réxime de cooperativa. Esta cooperativa integra a súas propias unidades de transformación e comercialización da súa produción. A vila desenvolve tamén formas innovadoras de democracia directa e de posta a disposición de vivendas.

A democracia directa, a loita colectiva, a participación voluntaria, todo iso mudou a vida dos seus habitantes. E o film de Sophie Bolze, mesturando imaxes da vida cotiá coas realizadas polos propios habitantes da vila, explora a complexidade desta experiencia colectiva.




Marinaleda, 30 años de lucha


A historia de Marinaleda é moi singular. Como o é tamén Juan Manuel Sánchez Gordillo, o seu alcalde nos últimos trinta anos. 
Ambos, o rexedor e a localidade, teñen loitado ata alcanzar un mais que aceptable benestar social para os seus case que 3000 habitantes.



Deixamosvos un video dunha intervención do alcalde de Marinaleda no encontro interestatal do 15M. Botádelle unha ollada, que paga a pena.

lunes, 12 de marzo de 2012

RIP! A REMIX MANIFESTO: VENRES 16 de MARZO

RIP: A REMIX MANIFESTO
 Venres 16 de marzo
Auditorio Municipal de Carballiño 20:00 e 22:30 
SINOPSE

O músico favorito de Brett Gaylor chámase Girl Tank. Gaylor quere facer unha película sobre el, pero descobre que, unha vez transformado en director de cine, iso vaino converter nun criminal. Porque Girl Tank fai un tipo peculiar de música: fai mash-ups, ou sexa, cancións a partir de sampleos, alterados e reordenados, doutras cancións, dos que os propietarios legais (que non é o mesmo que lexítimos) pelexan por tódolos medios contra as novas tecnoloxías e o uso creativo das “súas” ideas.
Gaylor adica seis anos da súa vida a trazar o pasado, presente e futuro dos conceptos da propiedade intelectual, copyright e copyleft, da orixinalidade, creatividade e, en última instancia, da cultura en si.

Duración: 80’
Ano: 2009
País: Canadá
Idioma: Inglés, subtitulada en galego



O director, Brett Gaylor (Montreal, Canadá, 1977)

Director de cine documental, e quizais o mais importante videoblogger de Canadá, traballando nos medios durante mais de dez anos.
Ademais, é o fundador de opensourcecinema.org, unha comunidade virtual creada para producir esta película, na que se almacenan todo tipo de creacións audiovisuais baixo a licenza de Creative Commons, para que calquera poida collelas e remezclalas.


lunes, 5 de marzo de 2012

VENRES 9 DE MARZO: NADER Y SIMIN; UNA SEPARACIÓN


NaDeR e SiMiN,

UnHa SePaRaCiÓn

aUdItOrIo MuNiCiPaL dO cArBaLlIñO

vEnReS 9 dE mArZo
20:00 e 22:30

2€ para estudantes/parados/xubilados
4€ traballadores

A sesión das 20:00 será en castelán e a sesión das 22:30 será en version orixinal subitulada
SiNoPsE

Nader y Simin, un matrimonio cunha filla,
deciden abandonar Irán na busca dunha vida
mellor. Porén, cando Nader se entera de que o
seu pai ten Alzheimer, decide quedar para
coidalo. Simin pide o divorcio, pero ao non
conseguilo, múdase á casa dos seus pais. Entón
Nader contrata a unha muller para que o axude
a coidar ao seu pai.
Pero un día, ao chegar a casa, atópao atado a
unha cadeira; a partir de ese momento, a súa
vida dará un envorco.



Título Orixinal: Jodaeiye Nader az Simin
Duración: 123’
Ano: 2011
País: Irán
Idioma: Español e V.O.S.

Trailer en castelán


Trailer Original


Galardóns
  • Oscars 2012: Mellor Película de Fala Non Inglesa
  • Festival de Berlín 2011: Oso de Oro á Mellor Película, Mellor Actor e Mellor Actriz
  • Globos de Oro 2012: Mellor Película de Fala Non Inglesa
  • Círculo de Críticos de Nueva York 2012: Mellor Película de Fala Non Inglesa


















O director, Asghar Farhadi (Isfahan, Irán, 1972)

Asghar Farhadi é graduado en Teatro, cun BA en Artes Dramáticas e un Máster en Dirección na Universidade de Teherán e a Universidade Tarbiat Modarres. Farhadi fixo curtas de 8 y 16 milímetros na filial da Sociedade Iraní de Novos Cineastas en Isfahan, antes de realizar obras e guións para IRIB (a corporación Islamic Republic of Iran Broadcasting). Tamén dirixiu series de televisión como A Tale of a City e co-escribiu o guión de Low Heights (dirigida por Ebrahim Hatamikia).

Dancing in the Dust (2003) foi o seu debut coma cineasta.
Posteriormente fixo A Beautiful City (2004), coa que se deu a coñecer internacionalmente.

O seu terceiro film, Fireworks Wednesday (2006) gañou o premio Hugo de Oro no Festival Internacional de Cine de Chicago.
Antes de Nader y Simin dirixira About Elly (2009), coa que gañou o Oso de Plata ao Mellor Director en Berlín, ademais do premio á Mellor Fotografía nol Festival de Cine de Tribeca.

CRÍTICAS

“Farhadi constrúe o edificio dun thriller xudicial sobre as bases dun melodrama familiar que muda de pel a cada cambio de plano”
(Sergi Sánchez, La Razón)
“Farhadi propón unha especie de neorrealismo tamizado, un cine directo, que lle permite falar da realidade das súas personaxes, da
ficción, ao mesmo tempo que indaga na realidade do seu país, da non ficción”(Quim Casas, Dirigido por…)
 Si che gustou, recomendámosche tamén: El globo blanco (Jafar Jowdat, 1995) ou El círculo (Jafar Panahi, 2000)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 1 día
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años